Equuleus ou Poldro[1] é a segunda constelación máis pequena das 88 constelacións, só superada pola Cruz do Sur. A pesar disto e de no ser das máis brillantes (ningunha das súas estrelas supera a magnitude 4), foi unha das 48 constelacións catalogadas por Tolomeo.

Equuleus
Equuleus
Nome latino Equuleus
Abreviatura Equ
Xenitivo Equulei
Simboloxía O poldro
Ascensión recta 21 h
Declinación 10°
Área 72 graos cadrados

Rango 87º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

0
Estrela máis brillante α Equ (Kitalpha)

(magnitude ap. 3,92)

Choiva de meteoros

Ningunha

Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −80°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de setembro

Mitoloxía

editar

Equuleus é asociado có poldro Celaris, quen foi irmán do cabalo alado Pegaso. Celaris foi regalado a Castor por Mercurio.

Características notables

editar

Equleuus non é unha constelación particularmente destacada. A súa estrela máis brillante é α Equulei (Kitalpha), de magnitude 3,92.

Hai poucas estrelas variables en Equuleus. Só cerca de 25 son coñecidas, a meirande parte delas son escuras. γ Equulei é unha variable Alfa2 Canum Venaticorum, cun brillo que varía entre magnitude 4,58 e 4,77 cun período de case 12½ minutos. R Equulei é unha variable Mira cun brillo que oscila entre magnitude 8,0 e 15,7 nun período de preto de 261 días.

Equuleus contén algunhas estrelas dobres de interese. γ Equulei está formada por unha estrela primaria cunha magnitude de preto de 4,7 (lixeiramente variable) e unha estrela secundaria de magnitude 11.6, separadas por 2 segundos de arco. ε Equulei está formada por catro compoñentes. As tres máis brillantes son de magnitudes 6,0, 6,3, e 7,2. δ Equulei é unha estrela binaria cunha órbita periódica de 5,7 anos, este período orbital é o máis curto dos períodos orbitais para unha estrela do tipo binaria visual que se teña datado ata o momento. A separación das dúas compoñentes do sistema nunca supera os 0,35 segundos de arco.

Estrelas

editar
Estrelas con nome propio:
  • (8/α Equ) 3,92 Kitalpha [Kitel Phard, Kitalphar]
    < قطعة الفرس qiţcat[u] al-faras Parte do cabalo
Estrelas con designación de Bayer:
10/β Equ 5,16; 5/γ Equ 4,70; 7/δ Equ 4,47; 1/ε Equ 5,30; 2/λ Equ 6,72
Estrelas con designación de Flamsteed:
3 Equ 5,63; 4 Equ 5,94; 6 Equ 6,07; 9 Equ 5,81

Táboa de estrelas

editar
Nome propio designación de Bayer designación de Flamsteed Outras designacións Ascensión recta declinación Magnitude aparente
Épsilon Equulei ε 1 ADS 14499, Σ2737 20h 59m 04,4s +04° 17′ 37″ 5,23
3 21h 04m 34,7s +05° 30′ 10″ 5,61
4 21h 05m 26,7s +05° 57′ 30″ 5,94
Gamma Equulei γ 5 ADS 14702AB 21h 10m 20,5s +10° 07′ 54″ 4,69v
6 ADS 14702D 21h 10m 31,2s +10° 02′ 56″ 6,07
Delta Equulei δ 7 ADS 14773 21h 14m 28,9s +10° 00′ 25″ 4,49
Kitalpha α 8 21h 15m 49,4s +05° 14′ 52″ 3,92
9 21h 21m 04,8s +07° 21′ 16″ 5,82
Beta Equulei β 10 ADS 14920 21h 22m 53,6s +06° 48′ 40″ 5,16

Obxectos Notables do espazo profundo

editar

Debido a que é de tamaño pequeno e a súa distancia do plano da Vía Láctea, Equuleus non contén obxectos notables de espazo profundo. Son notables as galaxias NGC 7015, NGC 7040, NGC 7045 e NGC 7046.

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Burnham, Robert (1978). Burnham's Celestial Handbook: An observer's guide to the universe beyond the solar system, volume 2. Dover Publications, Nova York, Nova York.
  • The Bright Star Catalogue, 5th revised ed.

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1