Erasmo de Formia

relixioso cristián

Santo Erasmo de Formia, finado contra o 303 tamén coñecido como Santo Elmo (ou Santelmo), é o santo patrón dos mariñeiros e dos violinistas. O fogo de santelmo leva este nome na súa honra en orixe, aínda que ao cabo atribuiríase a San Pedro González Telmo, un santo español do século XII pertencente a unha orde dominica (esa é a razón pola que se representa a Santo Elmo en España vestido de dominico cunha vela e/ou un barco) ao que se encomendaban os mariñeiros españois da conquista das Américas. Erasmo é, así mesmo, un dos catorce Santos auxiliadores das lendas cristiás, invocados, en Europa Central, como intercesores. A súa festa celébrase o 2 de xuño.

Modelo:BiografíaErasmo de Formia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor en Wikidata
Antioquía do Orontes, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte303 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Iliria Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresbítero, bispo católico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa2 de xuño Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
24 de febreiro de 303-313Persecución de Diocleciano Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
O catorce santos auxiliadores cos seus atributos.

As Actas de Santo Elmo foron recompiladas, en parte, a partir de lendas nas que se confunde cun bispo siriano, Erasmo de Antioquía. Jacobo de la Vorágine na súa Lenda dourada, recoñéceo coma un bispo de Formia e da Campania, un eremita das montañas libanesas e un mártir sacrificado durante as persecucións do emperador bizantino Diocleciano.

Segundo a lenda, cando empezaron as persecucións de Diocleciano, Erasmo foi obrigado a comparecer ante un xuíz, bateron e cuspiron nel, despois causáronlle laceracións que fixeron que se lle rebentasen as veas. Erasmo sufriu estes tormentos cunha gran presenza de ánimo. Metérono nunha fosa chea de serpes e vermes, asperxérono con aceite a ferver e cubriron as súas mans con xofre, pero el resistiu todos estes suplicios cun estoicismo formidábel "dando grazas e encomiando a Deus". Unha terríbel treboada abateuse sobre os seus torturadores salvando a Erasmo dunha morte segura, os Santos estaban a protexelo. Diocleciano fíxoo meter noutra fosa máis angosta esperando que as serpes e os vermes acabasen con el.

 
Un fresco do século XV mostrando os tormentos de Santo Erasmo. Igrexa María de Bastad Suecia.

A Diocleciano sucedeuno o emperador romano Maximiano Hercule quen, segundo Voragine, "(…) era moito peor ca Diocleciano". Erasmo seguiu predicando o Evanxeo e foi, novamente, perseguido. Mergullárono nun baño que contiña auga a fervenr e tentaron pecharlle a boca aplicándolle unha combinación que contiña un metal derretido. Un anxo acudiu na súa axuda resgardándoo dos seus torturadores. O emperador, enfurecido, fíxoo meter nun bocoi cheo de cracos e guindouno dende o alto dunha montaña, facéndoo rolar; un anxo volveu salvalo. Sufriu outras torturas:

"Arrincáronlle os dentes (…) cuns tenaces. Atárono a un poste e asárono sobre unhas grellas… atravesáronlle os dedos cuns cravos e arrincáronlle os ollos. Espido, atárono de pés e mans a uns cabalos co fin de que estes o arrastrasen até que as súas veas rebentasen".

Esta versión da Lenda dourada, non conta de que forma Erasmo fuxiu ao monte Líbano e sobreviviu alimentándose co que uns corvos lle levaban, un misterio pre-cristián, sen dúbida, interesante. Volveu ser capturado, levárono ante o emperador que o condenou, foi recuberto con pez e queimado (como o foron os primeiros cristiáns durante os xogos de Nerón), mais… sobreviviu. Volto encerrar coa intención de deixalo morrer de fame, el arranxou para se evadir da mesma.

De novo volveu ser capturado e torturado na provincia de Ilírico tras predicar e convertido ao cristianismo a numerosos pagáns. Por último, e segundo a lenda, "o seu estómago foi partido en dous e os seus intestinos foron enrolados ao redor dun cabrestante". Esta lenda, tardía, puido ser debida á interpretación dunha icona no que se mostra a Erasmo cun cabestrante, simbolizando a súa patronaxe dos mariños.

 
Campanario da catedral de Santo Erasmo en Gaeta.

Patrón dos mariñeiros

editar

Erasmo foi denominado patrón dos mariñeiros porque continuou a predicar despois de que un raio abrise a terra preto del. Este feito fixo crer aos mariños que, cando se desata a treboada no mar, invocando a Santo Erasmo libraríanse do perigo de naufragaren. As descargas eléctricas nos mastros dos navíos foron consideradas como un signo da súa protección e, por iso, foron chamadas fogos de santelmo.

Gregorio Magno escribiu, no século VI que as súas reliquias están conservadas na catedral de Formia. Cando esta cidade foi arrasada polos Sarracenos en 824, os restos de Erasmo foron levados a Gaeta, sendo nomeado patrón de Santeramo in Colle, Gaeta e de Formia.

Ademais de ser o patrón dos mariñeiros, é invocado, tamén, contra os cólicos infantís, as enfermidades intestinais, as cambras e dores propias das mulleres, e contra a peste dos animais.

Patrón dos violinistas

editar

É, ademais, considerado o patrón dos violinistas (Santa Cecilia o sería dos músicos en xeral), pois, a pesar de que para o momento do seu martirio o violín non existía aínda, a palabra εράσμιος (erásmios) en grego antigo pódese traducir como gracioso ou agradábel.

  NODES
todo 2