Escala de furacáns Saffir-Simpson

Herbert Saffir, enxeñeiro consultor, e Robert Simpson, entón Director do Centro Nacional de Furacáns nos Estados Unidos no inicio dos anos 70, clasificaron os furacáns con ventos sostidos [1] de 118 Km/h (65 nós) ou máis. Desenvolveron a TÁBOA SAFFIR-SIMPSON, como medida de intensidade dun furacán. A medida é de 1 a 5 sendo 5 o máis devastador.

O potencial de danos baséase na presión barométrica, na velocidade dos ventos e na elevación do nivel do mar.

Escala de Furacáns Saffir-Simpson
Símbolo Categoría Ventos en mph Ventos en km/h Altura / m Presión / mbar
Depresión Tropical < 39 < 63 non relevante non relevante
Tempestade Tropical 39–73 63–117 non relevante non relevante
1 74–95 118–153 1,2–1,6 > 980
2 96–110 154–177 1,7–2,5 965–979
3 111–130 178–210 2,6–3,8 945–964
4 131–155 211–249 3,9–5,5 920–944
5 > 155 > 249 > 5,5 < 920

Véxase tamén

editar

<references>

  1. Velocidade media a nivel do mar durante un minuto.
  NODES
Done 1