Escala musical

sucesión regular de sons

A escala musical é a sucesión finita de sons, constitutivos dun sistema tonal, de xeito que se sucedan regularmente en sentido ascendente ou descendente, e teñan todos eles relación cunha nota base (que dá nome á escala, denominada tónica) e teña como límite dita nota base pero nunha frecuencia inmediatamente maior ou menor. A partir de dita nota límite (denominada oitava, por ser o intervalo correspondente entre dita nota e a nota base), os intervalos entre as distintas notas repítense.

Escala cromática ascendente e descendente ChromaticScaleUpDown.ogg Play

Características

editar

Fisicamente, unha escala está limitada por dúas notas tales que a frecuencia de vibración dunha é a dobre da frecuencia da outra. As escalas agrúpanse formando sucesións infinitas: a unha escala determinada séguea outra escala igual pero tal que a frecuencia sexa o dobre, seguida doutra escala, e así ata o infinito (ou cando menos ata os límites de audibilidade). As leis do son fan que dita sucesión se repita ata o final.

Entre cada par de notas sucesivo existe un intervalo determinado, e que non ten porque ser o mesmo que para outro par de notas sucesivo considerado. Tomando coma exemplo o sistema de Do-re-mi-fa-sol-la-si (observar que a partir da nota si repítese outra vez a escala sucesivamente, polo que se debe considerar tamén o intervalo entre si e a nota do da nova escala), o intervalo entre mi e fa ou entre si e do é a metade do intervalo entre as restantes notas sucesivas (por exemplo, do-re).

Para definir os intervalos entre as notas (o que á súa vez determinará o número de notas que compoñen o sistema tonal a considerar) divídese a diferenza entre as frecuencias na nota base e a súa oitava (isto é, entre os límites maior e menor) e o número de partes mínimas a distinguir no sistema. Por exemplo, nos sistemas occidentais considéranse 12 partes iguais (que denomina semitóns).

Semella que as escalas máis antigas e comúns a un gran número de pobos son as escalas pentatónicas, aínda moi comúns e amplamente utilizadas en música celta, africana, chinesa, Blues e Jazz; pero as típicas na música occidental son as escalas diatónicas.

Unha escala maior ten a sucesión de intervalos: Ton-ton-semitón-ton-ton-ton-semitón.

No caso da escala de maior non se necesitan modificacións na escritura, xa que ese é o patrón de intervalos das notas no pentagrama sen modificar (as notas están separadas por un ton, excepto mi e fa, e logo si e , que o están por un semitón).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
Done 1
Todos 1