Escrita azteca
A escrita azteca ou mexica foi o sistema de escrita da lingua náhuatl usado pola civilización azteca, baseada en silabarios, rebuses, pictogramas e ideogramas da tradición mesoamericana das culturas do centro do actual México nos períodos Epiclásico e do Posclásico mesoamericano. Críase que o seu uso era reservado para as elites, mais os códices topográficos e os catecismos temperáns coloniais, de desciframento recente, eran utilizados por tlacuilos (escribas),[1] macehuallis (campesiños),[2] pochtecas (comerciantes),[3] etc.
Escrita azteca | |
---|---|
Silabario mexica no Alfabeto Fonético Internacional de acordo a Lacadena e Wichmann 2004. | |
Tipo | Logográfico Logograma e silábico |
Linguas | Lingua náhuatl |
Período de uso | c. século XVI |
Dirección da escrita | Mixta |
Unicode | U+15C00 to U+15FFF (tentativo)[1] |
Popularmente crese que ningún amoxtli mexica auténtico sobreviviu á conquista, debido a que a maioría dos amoxtlis existentes son reproducións, versións censuradas, modificadas, ou completamente realizadas por autoridades eclesiásticas españolas.[4] Estes documentos xeralmente non presentan un sistema gráfico abstracto como a maioría dos códices prehispánicos senón exhiben ilustracións de estilo europeo medieval.[5] Estes escritos xeralmente exaltan calidades negativas dos reportes coloniais (sacrificio, canibalismo, etc)[6] onde estes documentos conteñen descricións en latín, español ou náhuatl. Porén, tamén o seu contido trata da tecnoloxía, medicina e botánica dos mexicas, aínda que maioritariamente sen descricións ou só en náhuatl.[7]
Tamén existen amoxtlis que polo seu estilo, temas e manufactura suxiren unha elaboración orixinal sen influencia hispana.[8] Estes amoxtlis xeralmente conteñen glifos silábicos e signos ideográficos, acompañados de ilustracións, onde os temas incluídos non coinciden ou inclusive contradín a maioría das crónicas coloniais, reforzando a posibilidade de ser amoxtlis auténticos.
Estudos recentes demostran o uso dun silabario na escrita mexica,[9] semellante á escrita epi-olmeca e parecida á escrita maia o cal permitía a expresión literaria sen a necesidade de ideogramas ou ilustracións, evidencia deste sistema atópase disperso en diversas obras.[10] Outra liña de investigación atopou un sistema con base en ideogramas simplificados,[11] o cal funciona de maneira independente a ilustracións. A evidencia deste sistema atópase nos catecismos testerianos.[12][13] Antigamente atribuíase a autoría destes documentos ás autoridades eclesiásticas coloniais, con todo esta escrita reflicte calidades culturais exclusivas dos mesoamericanos, e inclusive contén veneracións ocultas a deidades mexicas.
Notas
editar- ↑ López Corral, Aurelio (2011). "Los glifos de suelo en códices acolhua de la Colonia temprana: un reanálisis de su significado.". Desacatos (37): 145–162. ISSN 1607-050X. Consultado o 24 de maio de 2015.
- ↑ 50 años. Centro de Estudios de Historia de México Carso. Fundación Carlos Slim. 2015. p. 133. ISBN 978-607-7805-11-3.
- ↑ "Matrícula de tributos". World Digital Library. Consultado o 21 de xaneiro de 2013.
- ↑ Alberú Gómez, María del Carmen (2012). Relación de Michoacán y Códice Florentino: la huella medieval en dos códices del siglo XVI' (PDF). Barcelona: Universidade Autónoma de Barcelona. p. 161.
- ↑ Weckmann, Luis (1984). La herencia medieval de México. El Colegio de México.
- ↑ "El sacrificio humano: justificación central de la guerra". Consultado o 3 de maio de 2015.
- ↑ Sahagún, Bernardino de. Historia General de las cosas de Nueva España.
- ↑ Léon Portilla, Miguel. "El Tonalámatl de los Pochtecas (códice Fejérváry Mayer)". Arqueología Mexicana (Edición Especial Códices).
- ↑ Lacadena, Alfonso (primavera de 2008). "A Nahuatl Syllabary". The Pari Journal (en inglés) (Pre-Columbian Art Research Institute) VIII (4): 23. ISSN 1531-5398. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2022. Consultado o 30 de agosto de 2016.
- ↑ Gutiérrez González, Ma. Eugenia. "EL MÉTODO LACADENA EN EL DESCIFRAMIENTO DE LA ESCRITURA JEROGLÍFICA NÁHU" (PDF). Revista Digital del CECIUM (en castelán) (Centro de Estudios Interdisciplinarios de las Culturas Mesoamericanas, A.C./Escuela Nacional de Antropología e Historia): 25–31. ISSN 2007-3690. Consultado o 30 de agosto de 2016.[Ligazón morta]
- ↑ "Códice Testeriano de la Biblioteca Nacional de Madrid". Seminario de Códices. 2014.
- ↑ Cline, Howard F.; John B. Glass (1978). "A Census of Middle American Testerian Manuscripts". Guide to Ethnohistorical Sources. University of Texas Press. p. 3:281-96.
- ↑ Norman, Ann (1985). "Testerian". Ph. D. dissertation (Tulane University).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escrita azteca |
Bibliografía
editar- Lawrence Lo. "Aztec". Ancient Scripts. Arquivado dende o orixinal o 2017-10-28.
- Nicholson, H. B. (1974). "Phoneticism in the Late Pre-Hispanic Central Mexican Writing System". En E. P. Bensen. Mesoamerica Writing Systems. pp. 1–46.
- Thouvenot, Marc (2002). "Nahuatl Script". En Anne-Marie Christin. A History of Writing: From Hieroglyph to Multimedia. Flammarion.