Escudo de Burundi
O escudo de armas de Burundi é un dos símbolos nacionais do país e consiste nunha cabeza de león arrodeada de tres lanzas cruzadas. Foi adoptado no ano 1966 e baixo o león pódese ler o lema nacional de Burundi: Unité, Travail, Progrès ("Unidade, Traballo, Progreso").[1]
Escudo de Burundi | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | Burundi |
Adoptado | 1966 |
Escudo | Goles, unha cabeza de león dourada |
Alicerce | Tres lanzas africanas |
Divisa | Unité, Travail, Progrès ("Unidade, Traballo, Progreso") |
History
editarO antigo escudo de armas do Reino de Burundi foi usado dende 1962 até 1966 e asemellábase moito ó actual, agás polo karyenda real e os dous loureiros que se atopaban na parte superior como símbolo do mwami (rei). O lema nacional era Ganza Sabwa, que en kirundi significa "(o mwami) goberna e reina".
Escudos históricos
editarNotas
editar- ↑ Guide to the Flags of the World by Mauro Talocci, revisado e actualizado por Whitney Smith (ISBN 0-688-01141-1), p. 153.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escudo de Burundi |