Eskilstuna é unha cidade sueca que se atopa no condado de Södermanland e é a capital do municipio de Eskilstuna. No ano 2017 a cidade tiña 104 709 habitantes.[1] </ref> Eskilstuna ten unha gran poboación sueco-finesa, sendo a terceira cidade do país con maior número.[2] A localidade está atravesada polo río Eskilstunaån, que conecta o lago Hjälmaren e o lago Mälaren.

Modelo:Xeografía políticaEskilstuna
Imaxe

EpónimoSão Eskil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 59°22′38″N 16°30′46″L / 59.37731, 16.51269
EstadoSuecia
Condadocondado de Södermanland
Municipiosconcello de Eskilstuna Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación69.948 (2020) Editar o valor en Wikidata (2.396,3 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.919 ha Editar o valor en Wikidata
Bañado porEskilstunaån (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude26 m Editar o valor en Wikidata
Creación1659 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal630 03 - 638 21 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico016-710 Editar o valor en Wikidata

Sitio webeskilstuna.se Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

A historia de Eskilstuna remóntase a antes da Idade Media, cando o monxe inglés Eskil de Tuna fixo de "Tuna" a súa base e diocese da costa sur do lago Mälaren. San Eskil foi lapidado ata a morte polos viquingos pagáns da cidade veciña de Strängnäs, a 30 quilómetros ao leste de Eskilstuna, intentando convertelos ao cristianismo. San Eskil foi enterrado na igrexa do seu mosteiro en Tuna. Posteriormente a cidade de Strängnäs foi cristianizada e outorgóuselle o privilexio de converterse na diocese do sur do Mälaren. Máis adiante "Eskil" engadíuse á palabra "Tuna". Porén, a cidade de Eskilstuna non recibiu privilexios municipais debido á súa proximidade á cidae medieval de Torshälla. O mosteiro de San Eskil foi completamente destruído polo rei sueco Gustav Vasa durante a Reforma protestante e foi substituído polo castelo real de Eskilstunahus.

Os seus primeiros prvilexios de cidade foron outorgados en 1659 e os seus límites incluían Tunafors e a nova cidade de Karl Gustavs Stad, situada na parte occidental do río. Karl Gustavs Stad construíuse ao redor das forxas de ferro do mestre ferreiro Reinhold Rademacher, animada polo rei Carlos X Gustavo de Suecia. Os primeiros produtos das forxas foron pequenas armas e artillaría.

Karl Gustavs Stad foi unha cidade libre dende 1771, onde os fabricantes e artesáns podían establecer talleres e fabricas libres de impostos. A cidade fusionouse co resto de Eskilstuna en 1879.

Eskilstuna tivo un gran crecemento durante a Revolución Industrial e converteuse nunha das cidades industriais máis importantes de Suecia, gañando o alcume de Stålstaden ("A cidade do aceiro"). Ademais de armas de lume, a cidade tamén fabricaba cubertos, tesoiras chaves, ferramentas e instrumentos de precisión. Como tributo á industria do aceiro incluíuse a figura dun traballador no escudo de armas da cidade.

  1. Statistiska centralbyrån (ed.). "Population in the country, counties and municipalities on 31/12/2017 and Population Change in 2017". SCB (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24/10/2018. Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  2. RSKL (ed.). "Ruotsin kansalliset vähemmistöt". Archived from the original on 19 de decembro de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1