Os espaguetes[2] (en italiano, spaghetti; singular spaghetto, diminutivo de spago, 'cordón') son un tipo de pasta con forma de cordóns longos e delgados, de sección circular.

Espaguetes industriais.
Espaguetes
Valor nutricional por 1/2 copa (70 gramos)
Enerxía460 kJ (110 kcal)
22g
Azucres0g
Fibra alimentaria1g
0.5g
Saturadas0g
Trans0g
4g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
0%
0 μg
Vitamina C
0%
0 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
0%
0 mg
Ferro
31%
4 mg
Sodio
0%
0 mg

Fonte: USDA[1]
As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.

Pódense distinguir doutros similares polo seu diámetro. De menor a maior encóntranse os spaghettini (nº 3), os spaghetti (nº 5) e os spaghettoni (nº 8).

Integran a "familia" dos macarróns ou maccheroni, e son semellantes aos tallaríns.

Aínda que son un prato típico da cociña italiana, conta a tradición que foron introducidos en Italia por Marco Polo, ao seu regreso da China.

Ao igual que outras pastas, son bos para a saúde, xa que non teñen graxas trans (sempre e cando, obviamente, non se engadan na súa preparación ingredientes como a margarina, por exemplo).

Son populares na gastronomía de case todos os países, non só na de Italia.

Preparación dos espaguetes

editar
 
Espaguetes á boloñesa.

A maioría dos espaguetes que se consomen habitualmente están preparados industrialmente e deshidratados. Estes cocíñanse fervendo a pasta en auga salgada até que abranden, o que leva aproximadamente uns 10 minutos desde que se introducen na auga.

A consistencia e a textura cambian en función do tempo de cocción. A máis popular en Italia é al dente, que leva menor tempo. De desexarmos facelos ben cocidos, convén deitar un chorriño de aceite, evitando así que se peguen ao fondo da ola.

Os que son frescos deberán prepararse con fariña '00'. Os de menor calidade elabóranse habitualmente con outros tipos de fariña.

Adoitan servirse con diversas salsas de recitas tradicionais, habitualmente con salsa de tomate e salferindo con queixo relado como, por exemplo, o parmesano ou o reggiano. Unha das variantes máis común é "á boloñesa" (spaghetti bolognese), onde á salsa de tomate se lle engade carne de vacún picada.

Na sociedade

editar

No teatro e no cinema

editar

Os espaguetes son os memorábeis heroes dunha comedia, "Miseria e nobiltà", de Eduardo Scarpetta, interpretada tamén no cinema por Totò, na que terminan nun momento determinado nos petos do miserábel protagonista que, para ocultalos, ponos nun lugar seguro na súa chaqueta.

Un prato de espaguetes é tamén o "protagonista" dunha secuencia moi famosa e divertida da película "Un americano en Roma", cun Alberto Sordi mozo no papel de yankee enfrontado a un moi italiano prato, extra grande, de espaguetes con (moito) tomate, exclama:

Macarrón, provocáchesme e eu te destrúo agora, macarrón! Cómote! ahmm...
Nando Mericoni diante dun prato de pasta.

En O regreso de Don Camilo, no minuto 17, Peppone, sentado ante os espaguetes, lle ofrece un prato a Don Camilo.

Encontramos tamén aos espaguetes como un compoñente central da escena do restaurante no filme Lady and the Tramp (A dama e o vagabundo) de Walt Disney.

E porque simbolizan a Italia, os espaguetes deron o seu nome a un xénero cinematográfico, o ironicamente chamado Spaghetti western, é dicir, un western producido e dirixido por un italiano. O director de cine máis famoso deste xénero, entre os moitos que o cultivaron, foi Sergio Leone: Per un pugno di dollari (Por unha manchea de dólares), Per qualche dollaro in più (A morte tiña un prezo), O bo, o feo e o malo.

En infraestruturas

editar

Os espaguetes son, aplicados ás infraestruturas, grandes nós de intercomunicación entre varias vías de transporte. Adoita aplicarse o termo sobre todo ás autoestradas e autovías. Os espaguetes viais son típicos dos grandes cruzamentos de autoestradas estadounidenses, aínda que tamén poden verse en bifurcacións de autoestradas europeas.

En computación

editar

O código spaguetti é un termo pexorativo para os programas de computación que teñen unha estrutura de control de fluxo complexa e incomprensíbel. O seu nome deriva do feito de que este tipo de código parece asemellarse a un prato de espaguetes, é dicir, unha morea de fíos intricados e enguedellados.

En parodias

editar

O pastafarismo, ou relixión do Monstro de Espaguete Voador, é unha parodia relixiosa creada en Kansas para protestar contra o ensino nas escolas públicas deste estado da teoría creacionista (creacionismo).

  1. "Spaghetti, Enriched, Dry" (PDF). United States Department of Agriculture. outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xullo de 2014. Consultado o 16 de decembro de 2014. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para espaguetes.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1
orte 2
Todos 1