Espoo, en finés, (Esbo en sueco) é unha cidade situada na costa sur de Finlandia. Forma parte da Área Metropolitana de Helsinqui xunto con Helsinqui, Vantaa e Kauniainen. Espoo está situado ao oeste de Helsinqui e Vantaa, mentres que encerra a Kauniainen. Outros municipios próximos son Nurmijärvi e Vihti no norte e Kirkkonummi no Oeste.

Modelo:Xeografía políticaEspoo
Espoo (fi)
Esbo (sv) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
(2021, Keilaniemi)

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 60°12′20″N 24°39′20″L / 60.2056, 24.6556
EstadoFinlandia
Axencia RexionalFinlândia Meridional (pt) Traducir
RexiónUusimaa Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación314.821 (2024) Editar o valor en Wikidata (1.007,91 hab./km²)
Lingua oficiallingua finesa (majority language (en) Traducir)
lingua sueca (lingua minoritaria) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSubrexión de Helsinqui
Área Metropolitana de Helsínquia (pt) Traducir
Helsinki capital region (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:1.530.000) Editar o valor en Wikidata
Parte de
Superficie312,35 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude27 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMustakorvenkallio (en) Traducir (114,5 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1458 Editar o valor en Wikidata
Santo padrónsen valor Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJukka Mäkelä (mul) Traducir (2011–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoEspoo City Council (en) Traducir , (Escano: 75) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal02100–02980 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webespoo.fi Editar o valor en Wikidata
Facebook: espoonkaupunki Twitter: espooesbo Instagram: espooesbo LinkedIn: espoonkaupunki Youtube: UCzrMcjUS0DIh3OQLt8MR30g Souncloud: espooesbo Editar o valor en Wikidata

A superficie total de Espoo é de 528 km² e a súa poboación compóñena unhas 235.000 persoas (31-12-2006).

Historia

editar

Aínda que os primeiros habitantes de Espoo chegaron durante os séculos XII e XIII, non foi ata os anos 50 do século XX cando comezou o seu maior desenvolvemento. Debido á súa proximidade con Helsinqui, Espoo converteuse nun lugar de residencia para os traballadores da capital.

Demografía

editar

A súa poboación creceu dende os 22.000 habitantes en 1950 até os 210.000 no ano 2000. A media de incremento da poboación entre o ano 1964 e o 2006 é duns 3.900 habitantes anuais. Continúa o incremento de poboación, mais nos últimos anos faino a un ritmo moito menor.

Evolución do número de habitantes (31 de decembro):

A poboación por nacionalidade era o 1 de xaneiro de 2007: 95.1% nacionalidade finesa e 4.9% outra nacionalidade. A relixión do 77.4% da poboación era a luterana, 1.3% ortodoxa, 1.3% outras crenzas, e o 19.9% dos cidadáns non tiña afiliación relixiosa ningunha.

Poboación por áreas (2006);28;11894;1033;1042]
Área Poboación Área Poboación
Leppävaara 58,048 Vanha-Espoo 33,613
Espoonlahti 48,649 Pohjois-Espoo 9,754
Tapiola 41,905 Kauklahti 6,191
Matinkylä 33,613

Situación

editar
 
Zona residencial en Tapiola 2001

O obxectivo da cidade foi a de desenrolarse preservando a natureza, o que conduciu a unha peculiar planificación da cidade baseada na construción de diversos núcleos urbanos separados entre eles por amplos espazos de zonas verdes e bosques. Espoo está así dividida nas seguintes áreas: Espoon keskus, Espoonlahti, Kalajärvi, Kauklahti, Leppävaara, Matinkylä-Olari, e Tapiola.

A Universidade Politécnica de Helsinqui encóntrase en Otaniemi, Espoo, distrito no que residen as sedes de diversos institutos de investigación e empresas tecnolóxicas, por exemplo Nokia.

O seu equipo de fútbol é o FC Honka Espoo cuxo estadio se chama Tapiolan Urheilupuisto.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 3
mac 2
multimedia 1
os 39
todo 2
web 2