Estadio Nuevo Los Cármenes

O Estadio Nuevo Los Cármenes é un estadio de fútbol español da cidade de Granada. Serve de localía ao Granada Club de Fútbol e ten capacidade para 22.524 espectadores.

Estadio Nuevo Los Cármenes
Datos
Coordenadas37°09′11″N 3°35′45″O / 37.152967, -3.595736
LocalizaciónGranada, España
Construción
Inauguración16 de maio de 1995
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade22.524
PropietarioConcello de Granada
OperadoraGranada
LocalíaGranada CF
editar datos en Wikidata ]

Toma o nome do antigo campo do Granada CF, o Estadio Los Cármenes, que estaba situado na Avenida de Madrid e foi vendido polo club para ser substituído por unha urbanización residencial.

Inaugurouse o 16 de maio de 1995, celebrándose o primeiro partido oficial o 6 de xuño de 1995. O partido inaugural, de carácter amigable, enfrontou ao Real Madrid contra o Bayer Leverkusen, e acabou coa vitoria por 1-0 do club español. O primeiro gol oficial marcado no estadio foi obra de Óscar nun España - Armenia en categoría Sub-21, que terminou coa vitoria española por 4 a 0. Os outros tres goles de España anotáronos Roberto, Morales e Raúl.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1