O estado maior é un órgano encargado de asesorar aos altos mandos militares no desenvolvemento das súas funcións en eidos tales como a administración, loxística, planificación, operacións ou intelixencia, por citar algúns casos. Ademais, tamén corresponde ao Estado maior facer as ordes pertinentes para plasmar as decisións do alto mando e velar pola súa aplicación. No caso dos estados maiores conxuntos das forzas armadas, o seu xefe adoita ser o oficial militar de maior rango e o maior conselleiro militar do goberno.

Estado maior das Forzas de Defensa de Israel canda o primeiro ministro David Ben-Gurion en 1961.

Historia

editar

No contexto das guerras revolucionarias francesas naceron as primeiras formas de estados maiores da man de, por exemplo, Louis Alexandre Berthier e as campañas en Italia, sendo logo copiadas por Napoleón.[1] Pola súa banda, Prusia comezou a artellar o seu Estado maior dende 1806, cando a Academia Militar comezou a formar oficiais para tal fin, creándoo oficialmente en 1814.[2] Con todo, non foi ata despois da guerra franco-prusiana que o modelo se divulgou e, a principios do século XX, os Estados Unidos crearon o seu en 1903 e o Reino Unido en 1904.[3][4]

  1. "Berthier, Louis Alexandre". Volume 3. 
  2. "The Myth of the German General Staff:A Historian Looks at the “Glorious Tradition”". Commentary Magazine (en inglés). 1954-09-01. Consultado o 2023-10-14. 
  3. Gough, Terrence J. "The Root Reforms and Command". history.army.mil. Consultado o 2023-10-14. 
  4. Records of the Chief of the (Imperial) General Staff and its directorates (en English). 1787-1996. 
  NODES
admin 1
todo 2