Estevo II de Blois

militar francés

Estevo II de Blois, ou polo seu nome completo, Estevo II Henrique, nado c. 1048 e finado o 19 de maio de 1102, foi conde de Blois e Chartres.

Modelo:BiografíaEstevo II de Blois

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Étienne II de Blois Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1045 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte19 de maio de 1102 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Ramla, Israel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorto en combate Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRamla (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira cruzada
Cerco de Antioquia (pt) Traducir
Cruzada de 1101 (pt) Traducir
Cerco de Niceia (pt) Traducir
Batalha de Dorileia (pt) Traducir
Batalha de Ramla (1102) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCount of Blois, Châteaudun and Chartres (en) Traducir (1089–1102) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Blois Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAdela de Normandía (1080 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosAdela de Blois, Odo de Blois, Agnès de Blois, Emma de Blois, Guillerme de Sully, Teobaldo II de Champaña, Humbert de Blois, Comte de Virtus, Matilde de Blois, Estevo I de Inglaterra, Henrique de Blois, Alice de Blois, Leonor de Blois Editar o valor en Wikidata
PaisTeobaldo III de Blois Editar o valor en Wikidata  e Gersende de Maine Editar o valor en Wikidata
IrmánsHugo V
Odo III, Count of Champagne
Hugues de Champagne
Fulco I, Margrave of Milan Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Blois-12

Traxectoria

editar

Orixes familiares

editar

Era fillo de Teobaldo III de Blois, tamén conde de Blois.

Matrimonio e descendencia

editar

Casou con Adela de Normandía, unha das fillas de Guillerme I de Inglaterra, ao redor de 1080 en Chartres.

  1. Guillerme de Sully (m. 1150), casado con Inés de Sully.
  2. Teobaldo II de Champaña.
  3. Otón, que morreu novo.
  4. Estevo de Inglaterra, rei de Inglaterra.
  5. Lucía-Mahaut.
  6. Inés.
  7. Leonor de Blois, casada con Raúl I de Vermandois.
  8. Alix.
  9. Lithuise de Blois.
  10. Henrique de Blois, bispo de Winchester.
  11. Humberto, que morreu novo.

Primeira Cruzada

editar

Estevo II foi un dos líderes da Primeira Cruzada e é coñecido por ter escritas cartas de carácter moi entusiasta á súa muller Adela, nas que se refería ao progreso da cruzada. Foi un dos comandantes da vangarda cruzada durante a batalla de Dorilea o 1 de xullo de 1097[1]. Regresou a casa en 1098, durante o longo cerco de Antioquía e sen ter cumprido o seu voto para chegar a Xerusalén. Foi presionado por Adela para realizar unha segunda peregrinación, para o que se incorporou á Cruzada do 1101, de entidade menor que a anterior, xunto con outros que tamén volveran a casa antes do final da primeira. En 1102, Estevo morreu en combate durante a batalla de Ramla, aos cincuenta e sete anos.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
todo 1