Nome da sétima letra do alfabeto grego (ῆτα); equivale ao /ε:/, un e longo aberto, sendo o e longo pechado grafiado como ει. Minúscula η, maiúscula Η. Adoita transcribirse como e. Provén da letra do alfabeto fenicio hēt, que representaba unha faringal fricativa xorda; ao principio en grego foi adoptado como signo de aspiración, pero os xonios, falantes dun dialecto psilótico, onde desaparecían estes sons e quedaba sen uso este grafema, puidérona utilizar para marcar o e longo. Como signo numérico representaba o oito. En maiúscula serve tamén para designar o sétimo canto da Ilíada de Homero e en minúscula o sétimo da Odisea.

Maiúscula e minúscula da letra eta.

Véxase tamén:

editar
  NODES
design 1
Done 1