Etnografía

estudo dos pobos e das comunidades

A etnografía (do grego ethnos (έθνος) - "tribo, pobo", grapho (γράφειν) - "eu escribo"; literalmente "descrición dos pobos") é un método de investigación da antropoloxía. Consiste na compilación de datos no terreo e tendo como informantes aos integrantes dunha comunidade dada. Os datos recolleitos consisten na descrición pormenorizada dos seus costumes, crenzas, mitos, xenealoxías, historia etc. Dita información obtense maiormente por medio de longas entrevistas con membros da comunidade ou informantes claves delas.

Bronisław Malinowski cuns habitantes das illas Trobriand. O seu traballo de campo baseouse na observación e na comunicación.

Evolución da etnografía

editar

Foi Bronislaw Malinowski, no seu clásico estudo Os Argonautas do Pacífico Occidental (publicado en 1922), quen marcou a historia da antropoloxía moderna ao propor unha nova forma de etnografía, desenvolvendo detalladas e atentas observacións in situ. Tras a súa obra, viñeron outras etnografías clásicas, como Naven de Gregory Bateson, Nós, os Tikopía de Raymond Fyrth.

Principalmente a partir da antropoloxía interpretativa, autores como James Clifford, Clifford Geertz e George Marcus comezaron a discutir o papel político, literario e ideolóxico da antropoloxía e da súa escrita.

Exemplos famosos de Etnografías contemporáneas son Xamanismo, Colonialismo e o Home Salvaxe de Michael Taussig, O negocio do Miche: A prostitución viril en Sao Paulo de Néstor Perlongher, e Os Araweté: Os Deuses Caníbais de Eduardo Viveiros de Castro.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Martyn Hammersley, Paul Atkinson, Etnografía. Métodos de investigación. Editorial Paidós, 2ª edición
  • Anthony Giddens, Simon Griffiths. Sociología. Alianza Editorial, 4ª edición
  • Ward H. Goodenough, Alfred Harris, Description & Comparison in Cultural Anthropology, Aldine Transaction, 2006, ISBN 0-202-30861-8, ISBN 978-0-202-30861-6 Vista previa incompleta en Google Books

Outros artigos

editar
  NODES
dada 1
dada 1
Done 1
eth 1
Todos 1