Eurotúnel

Túnel ferroviario que liga a Francia á Inglaterra por debaixo da auga


O Eurotúnel ou Túnel da Mancha, denominado Channel Tunnel en inglés, le tunnel sous la Manche en francés e aínda alcuñado polos ingleses como The Chunnel, é un túnel ferroviario que liga a Francia á Inglaterra por debaixo da auga. A súa construción foi bastante demorada e o inicio das obras sufriu algunhas falsas partidas até a súa inauguración en 1994. É o segundo túnel ferroviario máis longo do mundo, apenas superado polo Túnel Seikan no Xapón.

Tentativas anteriores

editar

Unha ligazón entre a Francia e a Inglaterra xa fora proposta en diversas ocasións:

  • En 1802, o enxeñeiro francés Matthieu Favier fixo unha proposta para a construción dun túnel: os pasaxeiros atravesarían o túnel en carruaxes tiradas por cabalos; o camiño iluminaríase con lanternas de aceite e unha illa a medio do túnel fornecería ar fresco para os cabalos. O custo, mesmo nesa altura, sería dun millón de libras.
  • En 1875, Peter Barlow, construtor do primeiro camiño de ferro subterráneo, suxeriu que se colocase un tubo de aceiro xigantesco flutuando sobre o canal. A idea rexeitouse.
  • En 1876 lévanse a cabo extensos estudos xeolóxicos.
  • En 1880 a compañía South Eastern Railway fai perforacións experimentais do lado inglés.
  • En 1881 unha máquina de perforacións Beaumont escava un túnel de 820 metros ao longo dos penedos do lado inglés.
  • En 1922 comezan novamente escavacións do lado inglés, mais despois de estaren feitos 128 metros de túnel, lanzáronse obxeccións políticas e as obras pararon unha vez máis.

Foi só despois do fin da segunda guerra mundial que os técnicos consideraron que o coñecemento tecnolóxico existente era o suficiente para a construción do túnel e comezaron a darlle a debida atención.

O túnel actual

editar

Estudo

editar

En 1957 formouse o Grupo de Estudo para o Túnel do Canal (Channel Tunnel Study Group). No seu relatorio, publicado en 1960, recomendábase a construción de dous túneles ferroviarios principais e un de servizo, menor. O proxecto iniciouse en 1973 mais, debido a problemas de financiamento, foi interrompido en 1975 cando xa estaban construídos 250 metros dun túnel de proba.

En 1984, a idea relanzouse cunha proposta conxunta dos gobernos inglés e francés, para a construción do túnel con fondos privados. Das catro propostas presentadas, foi escollida a que máis se semellaba ao anterior proxecto de 1973 e anunciouse ao público o 20 de xaneiro de 1986. O 12 de febreiro de 1986, os gobernos dos dous países asinaron en Canterbury o Fixed Link Treaty, que se ratificou en 1987.

O percorrido planeado ligaba Calais en Francia a Folkestone en Inglaterra. Na maior parte do seu percorrido, o túnel encóntrase a 40 metros abaixo do fondo do mar, sendo a sección sur máis fonda que a sección norte.

Construción

editar
 
Interior do Eurotúnel

A escavación do túnel demorou sete anos e empregou 15.000 traballadores, sendo as operacións conducidas simultaneamente dos dous lados. O contratista principal foi a TransManche Link, un consorcio que englobaba 10 empresas e 5 bancos de ambos os países. Usáronse grandes máquinas, as chamadas tunnel boring machine (TBM). Estas máquinas eran auténticas fábricas móbiles que abriron o túnel, retiraban as terras e escoraban as paredes con betume. Cando as TBM’s se encontraron, sensibelmente a medio do túnel, a máquina francesa desmantelouse, en canto que a inglesa derivouse para as rochas e aí foi abandonada. Case 4 millóns de metros cúbicos de cal se escavaron só do lado inglés; a maior parte deitouse ao mar en Shakespeare Cliff, preto de Folkestone, tendo roubado ao mar con iso preto de 360.000 m².

O Túnel da Mancha está constituído por 3 túneles paralelos, dous principais ferroviarios e un máis pequeno, de acceso. Este túnel de acceso, que se emprega para vehículos máis pequenos, lígase aos outros a través de pasaxes transversais en intervalos regulares para permitir que os traballadores da manutención teñan acceso aos túneles principais e para fornecer unha saída de emerxencia en caso de accidente.

Detalles finais

editar
 
Perfil xeolóxico.

O encontro dos dous túneles 40 metros abaixo do solo do Canal da Mancha o 1 de decembro de 1990, nun crosover (pasaxes que permiten trens pasar dun túnel a outro), tornou posíbel camiñar en terra seca de Inglaterra á Europa pola primeira vez desde o fin da última glaciación, máis de 13 mil anos atrás. Os ingleses e franceses, usando métodos de cálculo e investigación con láser, encontráronse con menos de 2 cm de erro.

O túnel inaugurouno oficialmente a Raíña británica Elizabeth II e o Presidente francés François Mitterrand, un 6 de maio de 1994.

Estatísticas

editar

O túnel posúe 50 km de lonxitude, sendo que 39 deles están debaixo do mar. A profundidade media é 40 metros abaixo do solo do mar. Abriuse para uso comercial aínda en 1994, e os trens cargan vehículos e pasaxeiros. Case 7 millóns de pasaxeiros fan a travesía de 35 minutos todo ano.

A Sociedade Americana de Enxeñeiros Civís declararon o túnel unha das sete marabillas do mundo moderno.

Incendio

editar

O único serio incidente no Eurotúnel aconteceu o 18 de novembro de 1996, cando o lume se espallou nun tren transportando camións. Os pasaxeiros evacuáronse nun tren vido na dirección oposta. Ninguén morreu, debido á acción rápida das autoridades francesas e británicas, mais o lume causou serios danos ao túnel e aos carrís, nun raio de 200 metros do accidente. O túnel reabriuse para uso limitado o 21 de novembro do mesmo ano, mais o transporte de pasaxeiros ficou paralizado até o 4 de decembro.

Operación

editar
 
Estación ferroviaria de Waterloo

O túnel está xestionado por Eurotunnel plc. Existen catro distintos tipos de servizo:

  • Eurostar: un tren de pasaxeiros de alta velocidade. Conecta a estación londiniense de Saint Pancras coa Estación do Norte (Gare du Nord) en París, e con Bruxelas - Midi/Zuid, con paradas en Ashford, Calais e Lille. Inicialmente a terminal británica era a estación de Londres - Waterloo (ironicamente nomeada en referencia á última das batallas napoleónicas, entre o Reino Unido e a Francia).
  • Le Shuttle: transporta coches e ómnibus a través do túnel (como se fose un ferry-boat, balsa), servizo entre Calais (Francia) e Folkstone (Inglaterra).
  • Transporte de camións: carga camións no tren (que viaxan en vagóns abertos), os motoristas viaxan nun ómnibus, separados dos seus vehículos.
  • Servizo de transporte de carga convencional.

A pesar de que os trens do Eurostar viaxaren en alta velocidade en Francia (onde os carrís son modernos e especialmente feitos para os trens TGV que viaxan á unha velocidade de 300 km/h) e dentro do túnel (a unha media de 160 km/h), a velocidade en terras inglesas, especialmente preto da cidade de Kent, limítase polos carrís de baixa velocidade usado polos trens. O goberno británico instituíu un proxecto (Channel Tunnel Raíl Link, Conexión de Carril ao Túnel do Canal, en galego), con parte dos seus orzamentos vidos do goberno, cuxo obxectivo é construír unha liña de tren de Londres á entrada do túnel, especialmente dedicada aos trens de alta velocidade do Eurostar. No final de 2003, aproximadamente a metade da liña estaba completa (sección de Kent a Cheriton).

Busca por asilo

editar

O túnel tornouse un medio popular en persoas que buscan asilo, coa esperanza de que as oportunidades de recibiren asilo sexan maiores no Reino Unido do que son en Francia, e entrando ilegalmente no Reino Unido. Houbo algunhas tentativas de tales persoas que tentaron camiñar ao longo do túnel ou entrar nos trens (de pasaxeiros) ilegalmente, mais a maioría prefire tentar esconderse en vagóns de carga ou en camións usando o túnel.[Cómpre referencia] En 2002 as autoridades británicas puxeron un sistema sofisticado de microfonía en Kent, esperando ouvir os batementos cardíacos ou a respiración de tales persoas. No comezo de 2003, o goberno británico premeu autoridades francesas a fecharen o centro para persoas que buscan asilo en Sangatte, que incentiva tales persoas a entrar ilegalmente no Reino Unido, na opinión dos británicos.[Cómpre referencia]

O Eurotúnel en filmes

editar

Dado o seu status como un dos maiores feitos de enxeñaría do século XX, é talvez sorprendente o feito de que o Eurotúnel non se tornou unha icona cultural (a pesar de ser unha das marabillas do mundo moderno tal como a Ponte Golden Gate, en San Francisco; ou o predio Empire State, en Nova York). O clímax do filme Misión Imposíbel, en que Tom Cruise, encima dun vagón dun tren de alta velocidade, é capturado por un helicóptero, dentro no que é supostamente o Eurotúnel.

Tal escena (xerada coa axuda de computadores) contén moitos erros (alén da clara imposibilidade de tal voo). Dous dos máis significantes erros son o uso dun TGV francés dentro do "Eurotúnel" -tales trens non operan no túnel- e mostrando un único túnel rectangular con dúas liñas de tren. De feito, o Eurotúnel usa dous túneles fisicamente separados, para ambas as direccións de viaxe.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Idea 2
idea 2
todo 3