Eustaquio de Antioquía
Eustacio ou Eustaquio de Antioquía (en grego Εὐστάθιος, Eustáthios) foi un Patriarca de Antioquía, pero nado en Side, cidade da Panfilia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 270 Sida, Turquía (pt) |
Morte | 337 (57/67 anos) Trajanópolis, Grecia (pt) |
Bispo | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoloxía e arianismo |
Lugar de traballo | Antioquía |
Ocupación | sacerdote, Patriarca, teólogo cristián |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 21 de febreiro |
Participou en | |
325 | Primeiro Concilio de Nicea |
Descrito pola fonte | De viris illustribus Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarSegundo Nicetas Choniates, Eustacio era descendente dunha familia de Filipos en Macedonia. Foi bispo de Beroea de Siria e patriarca de Antioquía segundo o Concilio de Nicea I onde leu o panexírico do emperador.
Inimigo dos arianos, viu como os bispos seguidores de Ario convocaron un sínodo en Antioquía no que se presentaron graves cargos contra el, até conseguir que o emperador o depuxera do seu cargo por adulterio,[1] e o enviara ao exilio en Tracia contra o ano 329 ou 330. Entre as acusacións houbo varias de tipo sexual realizadas por unha muller que confesou a súa falsidade no leito de morte. Crese que Eustacio morreu no exilio pouco antes desta confesión, posibelmente antes do ano 358, cando Atanasio xa fala del como se estivera morto.
Escribiu diversas obras, entre elas unha contra Oríxenes titulada Κατὰ Ὠριγένους διαγνωστικὸς εἰς τὸ ἐγγαστρομύθου θεώρημα.[2] Tamén escribiu abundantes homilías, epístolas e interpretacións dos salmos.
Foi declarado santo, e a súa festividade é o 16 de xullo.
Predecesor: Filogonio |
Patriarca de Antioquía 324 – 330 |
Sucesor: Paulino I |
Notas
editar- ↑ Filostorgio, en Photius, Epítome da Historia Eclesiástca de Filostorgio, libro 2, capítulo 7.
- ↑ Edición crítica do tratado e de demais fragmentos: Eustathius Antiochenus, Opera omnia. J. H. Declerck (ed.), Turnhout: Brepols, 2002 (Corpus Christianorum Series Graeca, 51), CDLXII+288 p., 155 x 245 mm, ISBN 978-2-503-40511-7.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Biografía de San Eustaquio Arquivado 23 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. en Santopedia (en castelán).