Event Horizon
Event Horizon é un filme británico-estadounidense de terror e ciencia ficción dirixido por Paul W. S. Anderson que se estreou en 1997. O guión foi escrito por Philip Eisner, e re-escrito sen acreditar por Andrew Kevin Walker. Está protagonizado por Laurence Fishburne e Sam Neill. Ambientado no ano 2047, o filme segue a un grupo de astronautas enviados nunha misión de rescate á nave Event Horizon, que apareceu de súpeto no órbita de Neptuno logo de sete anos desaparecida. Mentres buscan algún sinal de vida na nave, o grupo de rescate descobre que a Event Horizon conta cun motor experimental que abriu unha fenda no continuo espazo tempo, permitindo a entrada dunha entidade hostil a bordo.
Event Horizon | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Event Horizon |
Director | Paul Anderson |
Produtor | Lawrence Gordon Lloyd Levin Jeremy Bolt |
Guión | Philip Eisner Andrew Kevin Walker (sen acreditar) |
Intérpretes | Laurence Fishburne Sam Neill Kathleen Quinlan Joely Richardson |
Música | Michael Kamen Orbital |
Fotografía | Adrian Biddle |
Montaxe | Martin Hunter |
Estudio | Paramount Pictures Golar Productions Impact Pictures |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 15 de agosto de 1997 22 de agosto de 1997 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Xénero | Terror e ciencia ficción |
Orzamento | $60 000 000[1] |
Recadación | $47 100 000[2] |
Na rede | |
Event Horizon tivo un produción dificultosa, cunha gravación e edición apreurada por parte de Paramount para asegurar que a data de estrea prevista non coincidise con Titanic. O corte orixinal de 130 minutos foi duramente editado por orde do estudio, para a consternación do director Paul W.S. Anderson. Na súa estrea, foi un fracaso comercial e da crítica, recadando só $26,7 millóns sobre un orzamento de $60 millóns. A crítica comparou o filme de xeito pouco favorable con Alien, Hellraiser, The Black Hole, Solaris, Star Trek, Stargate, Fantastic Voyage, The Andromeda Strain, The Shining e 2001: Unha odisea do espazo.
Malia o fracaso na gran pantalla, o filme comezou a venderse ben en vídeo; a súa estrea en DVD foi tan ben que a Paramount contactou con Anderson pouco despois para comezar a traballar na restauración do material eliminado. Porén, descubriuse que o material estaba perdido ou destruído. Co paso dos anos, foise convertendo nun filme de culto, e é un referente noutras obras da cultura popular.[3]
Personaxes
editar- Laurence Fishburne como Capitán Miller
- Sam Neill como Doutor William Weir
- Joely Richardson como Tenente Starck
- Jason Isaacs como D.J.
- Sean Pertwee como Smith
- Richard T. Jones como Cooper
- Kathleen Quinlan como Peters
- Jack Noseworthy como Enxeñeiro Justin
- Noah Huntley como Edmund Corrick
- Peter Marinker como Capitán John Kilpack
- Holley Chant como Claire Weir
- Barclay Wright como Denny Peters
- Robert Jezek como Técnico de rescate
Notas
editar- ↑ The Numbers (ed.). "Event Horizon - Box Office Data". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2014. Consultado o 18 de agosto de 2011.
- ↑ boxofficemojo.com (ed.). "Event Horizon (1997) - Box Office Mojo".
- ↑ Event Horizon: From Doomed Ship to Cult Gem Den of Geek. Consultado o 2 de febreiro de 2017.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Event Horizon na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)