Ex Hex
Ex Hex é unha banda estadounidense de indie rock formada no ano 2013 en Washington, D.C.[1] O grupo está composto por Mary Timony, Betsy Wright e Laura Harris. Ex Hex gravou o seu primeiro sinxelo, "Hot and Cold", no soto de Timony, e posteriormente gravou o álbum Rips, con Mitch Easter e Jonah Takagi. Foi editado o 7 de outubro de 2014 a través do selo Merge Records. O grupo xirou extensamente, tocando con Speedy Ortiz, King Tuff, Rocket from the Crypt e The Jacuzzi Boysentre outros. Ex Hex actuou no festival de Coachella no verán de 2016.[2][3] A banda toma o seu nome do álbum en solitario de Timony Ex Hex, editado en 2005.
Ex Hex | |
---|---|
Orixe | Washington, D.C., |
Período | 2013 - presente |
Xénero(s) | indie rock, garage rock, garage punk, rock and roll |
Selo(s) discográfico(s) | Merge Records |
Membros | Mary Timony Betsy Wright Laura Harris |
Artistas relacionados | Wild Flag, The Aquarium, Fire Tapes, Helium, Autoclave |
Na rede | |
exhexband.com | |
O 9 de xaneiro de 2019 a banda anunciou o seu segundo álbum, It's Real, publicado o día 22 de marzo dese ano a través de Merge Records.[4]
Discografía
editarÁlbums
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Rips | 2014 | Merge Records |
It's Real | 2019 | Merge Records |
Notas
editar- ↑ Mokoena, Tshepo (2015-03-06). "Ex Hex: 'It's empowerment that we're expressing'". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-11-26.
- ↑ "Ex Hex, 'Everywhere' (Live)". NPR.org (en inglés). Consultado o 2019-11-26.
- ↑ Richards, Chris. "Ex Hex - ripping it up, starting again". Washington Post (en inglés). Consultado o 2019-11-26.
- ↑ "Ex Hex shares new single "Cosmic Cave,” announces sophomore LP It’s Real". The FADER (en inglés). Consultado o 2019-11-26.