Exocétidos
Os Exocétidos (Exocoetidae), ou peixes voadores, son unha familia de peixes mariños. Están distribuídos especialmente en augas cálidas tropicais e subtropicais do Atlántico, Índico e Pacífico.
Características
editarO trazo máis característico da familia é o tamaño das aletas pectorales, infrecuentemente grandes, que lles permiten voar e pairar distancias de máis de 50 metros e durante espazos de tempo que chegan a 45 segundos. Tendo en conta que os exocétidos adultos miden menos de 30 cm (máximos de 45 cm), esta capacidade de voo vai moitho máis aló dos saltos fóra da auga que realiza, por exemplo, o peixe vela. Ademais, os peixes voadores alcanzan velocidades no aire de 50 a 60 km/h. Estas distancias e velocidades son posibles grazas a que son quen de bater as aletas unhas 50 veces por segundo. Algunhas especies teñen tamén as aletas pelvianas infrecuentemente grandes, e parecen que o peixe ten catro ás, como o Cheilopogon exsiliens. A aleta caudal está profundamente bifurcada, co lobo superior máis curto que o inferior
Os ollos son máis planos que os da maioría dos outros peixes, para ver mellor fóra da auga. Viven preto da superficie da auga e aliméntanse de plancto.
O nome exocétido provén do grego εξω-κοιτος, exo-koitos, "xacer fóra", no sentido de "dormir baixo as estrelas", dertivado do feito de que non é inhabitual que queden varados nas cubertas dos barcos ó saltar da auga polas noites. A constelación Volans fai referencia a este peixe, e un dos xéneros, Hirundichthys, toma o nome da andoriña en grego.
No Xapón, consómense os seus ovos, especialmente para preparar suxi.
Clasificación
editarDivídense en nove xéneros e unhas 70 especies.
- Xénero Cheilopogon
- Xénero Cypselurus
- Xénero Danichthys
- Xénero Exocoetus
- Xénero Fodiator
- Xénero Hirundichthys
- Xénero Oxyporhamphus
- Xénero Parexocoetus
- Xénero Prognichthys
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Exocétidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Exocétidos |