Expedición Malaspina
En setembro de 1788, Alessandro Malaspina, xunto co seu amigo José de Bustamante y Guerra, propoñen ao goberno español a organización dunha expedición político-científica ao redor do mundo co fin de visitar case todas as posesións españolas en América e Asia.
Esta viaxe deuse a coñecer polos promotores como "Viaje científico y recreativo alrededor del mundo". Durante a travesía foi coñecido popular e publicamente como "Expedición vuelta al mundo". Á chegada de volta a España, 1794, como non se regresara atravesando o océano Índico e o cabo da Boa Esperanza, como consecuencia da sobrevida guerra entre España e Francia, denominouse "Expedición ultramarina iniciada el 30 de julio de 1789". E cando se publicaron por primeira vez os traballos da expedición (en 1885) polo tenente de navío Pedro Novo, foi dada a coñecer como "Viaje recreativo-científico alrededor del mundo por las corbetas Descubierta y Atrevida, al mando de los Capitanes de navío don Alejandro Malaspina y don José Bustamante y Guerra desde 1789 a 1794". Posteriormene coñeceuse como Expedición Malaspina.
Na actualidade diversas institucións españolas puxeron en marcha unha gran expedición científica de circunnavegación que recibiu o nome deste mariño en recoñecemento ás súas achegas ao coñecemento xeográfico e científico: a Expedición Malaspina (2010-2011).
Antecedentes e preparativos
editarA intensa actividade de exploración do Pacífico desenvolvida por Francia e Inglaterra a finais do século XVIII provocou a reacción do Reino de España. Desde que a expedición de Magallanes e Elcano cruzara o Pacífico e descubrira as Filipinas, España considerara o Mar do Sur como da súa exclusiva propiedade, controlando Filipinas no oeste e a case totalidade da súa beira leste, desde California até Chile. Pero a inxerencia doutras nacións non foi a principal razón desta expedición. Foi fundamentalmente o carácter científico das exploracións francesas e inglesas o que provocou unha resposta dos intelectuais ilustrados españois. Era evidente o desexo de emular as viaxes de Cook e La Pérouse a través dun océano que durante dous séculos e medio foi considerado como un mar español.
O historiador británico Felipe Fernández-Armesto [1] sinalou que:
A monarquía [española] da época dedicaba ao desenvolvemento científico un orzamento incomparabelmente superior ao do resto de nacións europeas. O imperio do Novo Mundo era un vasto laboratorio para a experimentación e unha inmensa fonte de mostras. Carlos III amaba todo o referente á ciencia e á técnica, desde a reloxaría á arqueoloxía, desde os globos aerostáticos á silvicultura. Nas últimas catro décadas do século XVIII unha asombrosa cantidade de expedicións científicas recorreron o Imperio español, expedicións botánicas a Nova Granada, México, Perú e Chile reunindo un completo mostrario da flora americana. A máis ambiciosa daquelas expedicións foi unha viaxe até América e a través do Pacífico sun súbdito español de orixe napolitana,[2] Alessandro Malaspina.Felipe Fernández-Armesto. Los conquistadores del horizonte. Una historia mundial de la exploración.[3]
Os propósitos da expedición serían os seguintes: incrementar o coñecemento sobre ciencias naturais (botánica, zooloxía, xeoloxía), realizar observacións astronómicas e "construir cartas hidrográficas para las regiones más remotas de América". O proxecto recibiu a aprobación de Carlos III, dous meses exactos antes da súa morte.
A expedición, que contaba coas fragatas Atrevida e Descubierta, saíu de Cádiz o 30 de xullo de 1789, levando a bordo á flor e nata dos astrónomos e hidrógrafos da Mariña española, como Juan Gutiérrez de la Concha, acompañados tamén por grandes naturalistas e debuxantes, como o profesor de pintura José del Pozo, os pintores José Guío e Fernando Brambila, o debuxante e cronista Tomás de Suria, o botánico Luís Née, os naturalistas Antonio Pineda e Tadeo Haenke (a calidade da tripulación non se reducía á súa dotación científica: así mesmo participou na expedición, por exemplo, Alcalá Galiano, que morrería heroicamente en Trafalgar). Os navíos foron deseñados e construídos especialmente para a viaxe, e foron bautizados por Malaspina en honor dos navíos de James Cook Resolution e Discovery (Atrevida e Descuberta).
A expedición
editarDespois de fondear durante uns días nas illas Canarias, navegaron polas costas de Suramérica até o Río da Prata, chegando a Montevideo o 20 de setembro. De aí, seguiron até as illas Malvinas, recalando antes na Patagonia. Dobraron o cabo de Fornos e pasaron ao Pacífico (13 de novembro), explorando a costa e recalando na illa de Chiloé, Talcahuano, Valparaíso, Santiago de Chile, El Callao, Guayaquil e Panamá, para alcanzar finalmente Acapulco en abril de 1791.
Ao chegaren alí recibiron a encarga do rei Carlos IV de encontrar o Paso do Noroeste, que se supoñía unía os océanos Pacífico e Atlántico. Malaspina, en lugar de visitar Hawai como pretendía, seguiu as ordes do rei, chegando até a baía de Yakutat e o fiorde Prince William (Alasca), onde se convenceron de que non existía tal paso. Volveron cara ao sur, até Acapulco (onde arribaron o 19 de outubro), despois de pasaren polo posto español de Nutka (na illa de Vancouver) e o de Monterey, en California.
En Acapulco, o vicerrei da Nova España ordenou a Malaspina recoñecer e cartografar o estreito de Juan de Fuca, ao sur de Nutka. Malaspina requisou dous pequenos navíos, a Sutil e a Mexicana, poñéndoos baixo o mando de dous dos seus oficiais, Dionisio Alcalá Galiano e Cayetano Valdés. Ditos barcos deixaron a expedición dirixíndose ao estreito de Juan de Fuca para cumprir a orde.
O resto da expedición puxo rumbo ao Pacífico, navegando a través das illas Marshall e as Marianas e fondeando en Manila (Filipinas) en marzo de 1792. Alí, as fragatas separáronse. Mentres que a Atrevida se dirixiu a Macau, a Descubierta explorou as costas filipinas. En Manila morrería, por unhas febres, o botánico Antonio Pineda. Reunidas de novo, en novembro de 1792, ambas as fragatas deixaron Filipinas e navegaron a través das illas Célebes e as Molucas, dirixíndose posteriormente á illa Sur de Nova Zelandia (25 de febreiro de 1793), cartografando o fiorde de Doubtful Sound. A seguinte escala foi a colonia británica de Sidney, desde onde volveron ao porto de El Callao, tocando na illa de Vava'u e, desde alí, polo cabo de Hornos, volvendo a fondear nas illas Malvinas.
A principios de 1794 a corveta Atrevida, comandada polo capitán de navío José de Bustamante y Guerra, separouse da súa nave xemelga nas illas Malvinas, dirixíndose a verificar os descubrimentos das Antillas do Sur (nome que recibe, na Arxentina o conxunto insular de orixe volcánica que se estende en forma dunha gran sinusoide desde os bordos surorientais do mar Arxentino até bordear as costas occidentais da península Antártica, e que comprende as illas Xeorxias do Sur e as Sandwich do Sur), así como os das illas de San Pedro (actualmente máis coñecidas como Xeorxia do Sur).
A Atrevida determinou as coordenadas exactas das illas Aurora, avistou á principal das Cormorán, o 20 de febreiro de dito ano, e seguidamente a todas as outras illas, incluídas as Rocas Negras, regresando a Cádiz o 21 de setembro de 1794.
A expedición levantou mapas, compuxo catálogos de minerais e de flora e fauna e realizou outras investigacións científicas. Pero non abordou simplemente cuestións relativas á xeografía ou á historia natural. En cada escala, os membros da expedición estableceron inmediato contacto coas autoridades locais e científicos para ampliar as tarefas de investigación.
Ao seu regreso a España, Malaspina presentou un informe, Viaje político-científico alrededor del mundo (1794), que incluía un informe político confidencial, con observacións críticas de carácter político acerca das institucións coloniais españolas e favorábel á concesión dunha amplísima autonomía ás colonias americanas e do Pacífico, o que lle valeu que, en novembro de 1795, fora acusado por Manuel Godoy de revolucionario e conspirador, e condenado, tras un moi dubidoso xuízo, a dez anos de prisión no castelo de San Antón da Coruña.
Resultados da Expedición Malaspina
editarO obxectivo de Malaspina, e do seu colega e amigo Bustamante, era realmente ambicioso. Aspiraba a debuxar un cadro razoado e coherente dos dominios da Monarquía española. Para iso, non só contou cos traballos dos seus colaboradores, senón que tamén investigou nos materiais dos principais arquivos e fondos da América española. A través dos seus diarios e escritos, tiveron cabida os distintos aspectos da realidade do Imperio, desde a minaría e as virtudes medicinais das plantas, até a cultura, e desde a poboación da Patagonia até o comercio filipino.
Desta forma culminou, seguindo os principios da Ilustración, a experiencia descubridora e científica de tres séculos de coñecemento do Novo Mundo e a tradición hispana de relacións xeográficas e cuestionarios de Indias. E fíxoo baixo unha fórmula característica do período pois, imbuído do credo cientifista e naturalista da Ilustración, o que fixo Malaspina en realidade foi compoñer unha verdadeira física da Monarquía.
Ao seu regreso, a Expedición Malaspina acumulara unha cantidade inxente de material: a colección de especies botánicas e minerais, así como observacións científicas (chegáronse a trazar setenta novas cartas náuticas) e debuxos, bosquexos, esbozos e pinturas, era impresionante e, sen dúbida, a maior que foran capaces de reunir nunha soa viaxe navegantes españois en toda a súa historia.
De todo ese cúmulo de coñecementos e da insuperábel experiencia apenas se publicou (debido á oposición de Godoy) un Atlas con 34 cartas náuticas. Durante o proceso de Malaspina en 1795 pretendéranse eliminar os materiais da expedición que, porén, foron preservados na Dirección de Hidrografía do Ministerio de Mariña en Madrid.
O groso daquel traballo permaneceu inédito até 1885, cando o tenente de navío Pedro de Novo y Colson publicou a súa obra Viaje político-científico alrededor del mundo de las corbetas Descubierta y Atrevida al mando de los capitanes de navío D. Alejandro Malaspina y D. José Bustamante y Guerra desde 1789 a 1794 (desgraciadamente, algúns materiais, como certas observacións astronómicas e de historia natural, perdéranse xa para sempre).
Porén, parte das coleccións de historia natural acumuladas durante a Expedición, sobre todo as relacionadas coa Botánica, correron mellor sorte: o herbario de Luís Née foi doado ao Real Jardín Botánico de Madrid, onde se conserva actualmente, e moitas especies foron descritas grazas a estes materiais polo seu director naquela época, Antonio José Cavanilles.
Informacións complementarias
editar- Gaceta de Madrid núm. 99, de 12/Diciembre/1794. Páxinas 1462 a 1465. Son presentados a Su Majestad los Capitanes de la Expedición Ultramarina iniciada o 30 de xullo de 1789 (Publicado polo Boletín Oficial del Estado). Transcrición resumida:
En el Real Sitio de San Lorenzo de El Escorial (Madrid),7.diciembre de 1794. Presentados a SS.MM por el Secretario de Estado y del Despacho Universal de Marina, D. Antonio de Valdés, para el besamanos los Capitanes de navío y comandantes de las Corbetas "Descubierta" y "Atrevida" D. Alexandro Malaspina, D. Joseph de Bustamante, el Comandante de la Goleta "Sutil" D. Dionisio Galeano y el Teniente de Navío D. Ciriaco de Cevallos.
Las Corbetas "Atrevida" y "Descubierta" fueron construidas en el arsenal de la Carraca para este sólo fin y partieron desde el puerto de Cádiz el 30 de Julio de 1789, sin otro objeto que el de coadyuvar con las otras Potencias marítimas a los progresos de las ciencias, y particularmente de la navegación; formaron cartas y derroteros de las costas de América e islas adyacentes, comprendidas entre el Río de la Plata y el Cabo de Hornos hasta la América Septentrional reuniendo bajo un único punto de vista todas las tareas y navegaciones tanto nacionales como extranjeras que les precedieron.
En la costa Noroeste por 59,60 y 61 grados de latitud buscaron sin fruto, y demostraron prácticamente la inexistencia del paso al mar Atlántico, indicado por el antiguo navegante Español Lorenzo Ferrer de Maldonado.
En 1792 las Goletas "Sutil" y "Mexinaca" a las órdenes de los Capitanes de Navío D. Dionisio Galeano y D. Cayetano Valdés, lograron concurrir con la expedición inglesa del Capitán Vancoover a la determinación del inmenso archipiélago conocido bajo las denominaciones del Almirante Fonte y Juan de Fucca.
En el 1792 las Corbetas examinaron las Islas Marianas, Filipinas y Macao en las costas de China. Navegaron sucesivamente unidas al pasar por la Isla de Mindanao y las de Morinta y costearon Nueva Guinea, reconocieron bajo la línea y hacia oriente 500 leguas de mares no trillados, atravesaron entre Nuevas Hébrides, visitaron Nueva Zelanda por Dusky-Bay, la Nueva Holanda por el cuerpo de Jackson y el archipiélago de los Amigos por las Islas Babau, no vistas por ningún navegante extranjero que navegaron por estas regiones.
Tras realizar investigaciones en algunos paralelos del mar Pacífico abordaron el puerto de Callao de Lima en Junio de 1793. Desde ahí visitaron de nuevo La Concepción de Chile, y divididas las Corbetas para multiplicar los trabajos costearon las tierras de Fuego, la costa Patagónica y las Islas Malvinas, tomando por último Rio de la Plata, tras pasar grandes dificultades la corbeta "La Atrevida" del Capitán Bustamante para sortear bancadas de hielos. Desde Montevideo, dado el estado bélico en Europa, hicieron viaje a Cádiz unidos a la Frataga del Rey "Santa Gertrudis" y a los Registros "Levante", "Princesa", "Galga", "Concordia", "Real Cárlos" y "Neptuno" pertenecientes al comercio de Lima y otros buques que correspondían al de Buenos-Aires, y tras noventa días de navegación fondearon en la Península el 21 de Septiembre de 1794.
Ascendía a 8 millones de pesos en frutos y plata el valor del convoy escoltado por las Corbetas, que consagradas desde el seno de una paz profunda a objetos puramente científicas concluyeron la dilatada serie de trabajos cumpliendo los importantes designios de la Marina militar, protegiendo a los vasallos del Rey y sus intereses en las colonias apartadas, resaltándose que estas embarcaciones cumplieron con todas las clases de servicios en la paz y en la guerra, como la nación puede exigir a la Marina Real.
El viaje enriqueció copiosa y extraordinariamente la Botánica, la Litología y la Hidrografía. Las experiencias sobre la gravedad de los cuerpos, repetidos en ambos hemisferios y a diversas latitudes, condujeron a importantes averiguaciones sobre la figura no simétrica de la tierra, asimismo se efectuaron experimentos como fundamento de una nueva medida en Europa, universal, verificable y tan constante como las leyes de que depende. Estudiaron la vida civil y política de los pueblos visitados y la historia de las emigraciones, así como los progresos su civilización desde el estado de ignorancia primitivo.
También se reconocieron nuestros territorios, producciones y tesoros que darán origen a combinaciones capaces de robustecer la Monarquía y todo ello sin que se perdiera ninguna vida humana pues todas las tribus y pueblos visitados bendecían la memoria de quienes les dieron nociones, instrumentos y semillas útiles. Siendo además que las Corbetas tuvieron 3 ó 4 bajas en cada una por los tórridos climas en que permanecieron tanto tiempo, recordándose la memoria del Primer Teniente de Guardias Españolas D.Antonio de Pineda.
El Ecmo. Sr. Ministro de Marina, que promovió y protegió continuamente esta expedición, con amor a las ciencias y a S.M., se le ordenó ocuparse de publicar los trabajos con todo el método y utilidad posible, para presentarse al público de orden de Su Majestad.
- O almirante ruso Adam Johann von Krusenstern foi o primeiro que publicou a relación da viaxe de Malaspina, en San Petersburgo, por achegas, entre 1824 e 1827, na revista do almirantado ruso.[4]
- O diario de Francisco Xavier de Viana, segundo comandante da Atrevida foi publicado en Montevideo en 1849.[5]
- O diario de Bustamante foi publicado en 1868 no diario oficial da Dirección de Hidrografía.[6]
- A primeira publicación parcial (Madrid, Abienzo 1885) da citada expedición realizouna o tenente de navío D. Pedro Novo y Colsón, "Expedición político y científica de ultramar". Cando se publicou a expedición en 1885 polo tenente de navío Pedro Novo deuna a coñecer como "Viaje político-científico alrededor del mundo por las corbetas Descubierta y Atrevida, al mando de los Capitanes de navío Don Alejandro Malaspina y Don José Bustamante y Guerra desde 1789 a 1794".[7]
- A sección deste traballo relacionado coa visita ao forde de Dusky Sound (Nova Zelandia) foi publicada por Robert McNab en Murihiku and the Southern Islands. Invercargill, William South, 1907, pp. 49–56. e en Historical Records of New Zealand, 1908, Vol. I, pp. 417–29.
- O diario de Malaspina foi publicado en Madrid en 1984.[8] A versión definitiva foi finalmente publicada en España polo Museo Naval e o Ministerio de Defensa en nove volumes desde 1987 a 1999.[9]
- Os debuxos e pinturas realizados por membros da expedición foron descritos por Carmen Sotos Serrano en 1982.[10] 4.000 manuscritos relativos á expedición foron catalogados por María Dolores Higueras Rodríguez entre 1989 e 1994.[11]
Unha expedición-homenaxe: Malaspina 2000
editar- Artigo principal: Expedición Malaspina (2010-2011).
Até o século XX a historia non soubo apreciar a verdadeira magnitude daquela empresa, cuxos obxectivos de superar os logros científicos de ingleses e franceses foron plenamente cumpridos. Tan só, recentemente, comezouse a recoñecer o valor da información obtida na expedición de Malaspina, cumio da Ilustración española, pero aínda segue a estar escurecida na historia polas viaxes de Cook, de La Pérouse e de Bougainville que, como sinala Felipe Fernández-Armesto, "seguen a ter o papel predominante no discurso e na imaxinación dos historiadores".
En recoñecemento á contribución de Malaspina, diversas institucións españolas puxeron en marcha unha gran expedición científica de circunnavegación que recibiu o seu nome. A Expedición Malaspina (2010-2011) foi un proxecto de investigación interdisciplinar cuxos principais obxectivos foron estudar o cambio global e a diversidade no océano. Desde de decembro de 2010 até xullo de 2011, máis de 250 científicos a bordo dos buques de investigación oceanográfica Hespérides (A-33) e Sarmiento de Gamboa levaron a cabo a expedición que unificou a investigación científica coa formación de novos investigadores e o fomento das ciencias mariñas e a cultura científica na sociedade.[12]
Notas
editar- ↑ Non confundir con Augusto Assía, Felipe Fernández-Armesto, seu pai.
- ↑ En realidade, era de orixe florentina.
- ↑ Felipe Fernández-Armesto (2006): Los conquistadores del horizonte. Una historia mundial de la exploración. Barcelona: Destino. ISBN 978-84-233-3867-2
- ↑ "Путешествіе въ Южно море, къ Западнимъ берегамъ Америки и островамъ Маріанскимъ и Фнлипинскимъ, совершенное подъ командою Каролевско-Испанского Флота Капитановъ Малеспини и Бустаманте", (Viaxe ao Mar do Sur, á costa oeste de América e ás Marianas e ás illas Filipinas, baixo mando dos capitáns Malaspina e Bustamante da Mariña de guerra real española), Записки, издаваемыя Государственнымъ Адмиралтейскимъ Департментомъ, относящiяся къ Мореплаванію, Наукамъ и Словесности (Zapisky, izdavayemiya Gosudarstvennim Admiralteiskim Departmentom, otnosyashchiyasya k' Moryeplavaniyu, Naukam i Slovesnosti / Noticias do Almirantado acerca de Navegación, Ciencia e Literatura), VI, 1824, pp. 188-276; VII, 1824, pp. 121-223; VIII, 1825, pp. 176-272; IX, 1825, pp. 1-292; XII, 1827, pp. 29-191, 29-191; XIII, 1827, pp. 10-178. Esta narración non comprende a parte final da viaxe. Véxase: Dario Manfredi (2000): "Sulla Prima Edizione del Viaggio di Malaspina, S. Pietroburgo, 1824-1827", in Giovanni Caboto e le Vie dell’Atlantico settentrionale. Genova: Centro italiano per gli Studi storico-geografici, pp. 485-159.
- ↑ Viana, Francisco Xavier de (1849): Diario del viage explorador de las corbetas españolas "Descubierta" y "Atrevida". Montevideo: Cerrito de la Victoria.
- ↑ Bustamante y Guerra, J. "Relación… ", in Anuario de la Dirección de Hidrografía, Madrid, vol. VI, 1868, pp. 240-364.
- ↑ Novo y Colson, Pedro de (ed.) (1885): Viaje politico cientifico alrededor del mundo por las corbetas " Descubierta" y "Atrevida", al mando de los capitanes de navio don Alejandro Malaspina y don José de Bustamante y Guerra, desde 1789 a 1794. Madrid: Museo de América.
- ↑ Palau, Mercedes; Aránzazu Zabala e Blanca Sáiz (eds.) (1984): Viaje politico y cientifico a la América Meridional, a las costas del mar Pacífico y a las Islas Marianas y Filipinas. Madrid: Ediciones El Museo Universal.
- ↑ Museo Naval e Ministerio de Defensa (1987-1999: La Expedición Malaspina, 1789-1794. Tomos 1-9. Barcelona: Lunwerg.
- ↑ Sotos Serrano, Carmen (1982): Los Pintores de la Expedicion de Alejandro Malaspina. Madrid: Real Academia de la Historia.
- ↑ Higueras Rodriguez, Mª Dolores (1989-1894): Catálogo crítico de los documentos de la Expedición Malaspina en el Museo Naval. Tres volumes. Madrid: Museo Naval.
- ↑ Expedición de Circunnavegación Cambio Global y Exploración de la Biodiversidad del Océano Global
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alvariño, Ángeles (2002): España y la primera expedición científica oceánica, 1789-1794: Malaspina y Bustamante con las corbetas Descubierta y Atrevida. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-3473-5
- Pío Aladrén, M. P. e Higueras Rodríguez, M. D. (eds). (2001): La armonía natural: la naturaleza en la expedición marítima de Malaspina y Bustamante (1789-1794). Madrid: Real Jardín Botánico, C.S.I.C. / Lunwerg / Caja Madrid Obra Social.
- Sagredo Baeza, Rafael e Gonzales Leiva, José Ignacio (2004): La Expedición Malaspina en la Frontera Austral del Imperio Español. Santiago de Chile: Ed. Universitaria.