Explorer 28
Explorer 28, tamén coñecido como IMP-C ou IMP-3 (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform C ou 3), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 29 de maio de 1965 mediante un foguete Delta C desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6][7]
Explorer 28 / IMP-C / IMP-3 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 29 de maio de 1965, 12:00 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta C[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo do medio interplanetario.[2][6] |
Decaemento | 4 de xullo de 1968[1] |
NSSDC ID | 1965-042A |
Masa | 128,0 kg[5] |
Características
editarExplorer 28 foi lanzado coa misión de estudar o medio interplanetario no relativo ós campos magnéticos, as partículas enerxéticas, os raios cósmicos e os plasmas. A alimentación eléctrica do satélite era proporcionada por paneis solares e baterías. A telemetría emitíase en refachos de 81,9 segundos de duración, contendo 795 bits de datos. Tras tres secuencias de datos transmitíanse 81,9 segundos de datos analóxicos do magnetómetro de vapor de rubidio.[2][5][6]
IMP-C funcionou sen problemas ata finais de abril de 1967 e logo intermitentemente ata o 12 de maio de 1967 en que se perdeu todo contacto. IMP-C foi inxectado nunha órbita inicial de 264.244 km de apoxeo e 195 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 33,86 graos e un período de 8558,1 minutos. Reentrou na atmosfera o 4 de xullo de 1968.[1][3][6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 28 (IMP-3)" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de marzo de 2013). "IMP-C" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 24 de abril de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 6 August 1965 from the Deputy Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (65-19401): 2. 16 de agosto de 1965. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de marzo de 2014. Consultado o 24 de abril de 2013.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Explorer 28 / IMP 3" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: IMP A, B, C" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "IMP" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2013.
- ↑ "IMP IN ORBIT" (PDF). 10 de xuño de 1965: 905. FLIGHT International. Consultado o 24 de abril de 2013.