FFS
FFS (unha abreviación de Franz Ferdinand e Sparks) foi un supergrupo formado pola banda escocesa de indie rock Franz Ferdinand e a estadounidense de art rock Sparks. A súa formación anunciouse o 9 de marzo de 2015, pero os dous grupos levaban gravando dende polo menos mediados dos anos 2000. O álbum de estrea homónimo do grupo gravouse a finais de 2014 e foi publicado a través de Domino Recording Company no Reino Unido o 8 de xuño e nos Estados Unidos o 9 de xuño de 2015.
FFS | |
---|---|
Período | 2014 - 2015 |
Xénero(s) | indie rock, electropop, art rock, dance-rock |
Selo(s) discográfico(s) | Domino Records |
Antigos membros | Alex Kapranos Nick McCarthy Bob Hardy Paul Thomson Ron Mael Russell Mael |
Artistas relacionados | Franz Ferdinand, Sparks |
Na rede | |
http://www.ffsmusic.com/ | |
Historia
editarPre-formación
editarFranz Ferdinand e Sparks comezaron a traballar orixinalmente xuntos en 2004, pouco despois do lanzamento do álbum de estrea dos primeiros, Franz Ferdinand, cando se descubriu que as dúas bandas eran fans unha da outra. Enviáronse uns aos outros algunhas demos, unha das cales era "Piss Off", o duodécimo tema en FFS, pero as dúas bandas estaban ocupadas con outras actividades e non puideron gravar un álbum por completo xuntos.[1] A gravación demo de "Piss Off" de Sparks foi lanzada na súa colección de grandes éxitos Past Tense: The Best of Sparks en 2019
Formación e FFS
editarEn 2013 anunciouse que as dúas bandas actuarían no Festival de Música e Artes do Val de Coachella dese ano. Mentres buscaba un dentista en San Francisco, Alex Kapranos, o cantante principal de Franz Ferdinand, foi atopado por Ron e Russell Mael dos Sparks. Os irmáns Mael invitaron á banda a ver o seu concerto no festival, e despois as dúas bandas estiveron de acordo en que era hora de gravar un álbum xuntos.[1] O 9 de marzo de 2015 anunciouse que Franz Ferdinand e Sparks formaran un supergrupo co nome FFS.[2]
O 1 de abril anunciouse que a banda lanzaría o seu álbum de estrea homónimo o 8 8 de xuño no Reino Unido e o 9 nos Estados Unidos.[3] FFS gravouse nos RAK Studios de Londres durante 15 días a finais de 2014. O disco foi producido por John Congleton e publicado con críticas positivas e moi boas vendas.
Para promocionar o álbum, FFS apareceu no programa de televisión da BBC Later with Jools Holland o día 21 de maio de 2015 (tempada 46, episodio 4).
Separación
editarFranz Ferdinand e Sparks volveron a traballar nos seu proxectos propios. Sparks editou o álbum Hippopotamus en setembro de 2017, e Franz Ferdinand lanzou Always Ascending en febreiro de 2018. FFS marcou a última participación de Nick McCarthy xunto a membros de Franz Ferdinand, antes de que abandonase a banda por compromisos familiares. Alex Kapranos declarou publicamente en múltiples ocasións que Franz Ferdinand non ten intención de retomar as actividades da banda.[4][5]
Discografía
editarÁlbums
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
FFS | 2015 | Domino Records |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "FFS - FFS (Red 2xLP)". Domino Recording Company (en inglés). Consultado o 2024-04-01.
- ↑ Goble, Corban (2015-03-09). "Franz Ferdinand and Sparks Form Supergroup FFS". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-04-01.
- ↑ Beauchemin, Molly (2015-04-01). "Franz Ferdinand and Sparks Announce Self-Titled Album as FFS". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-04-01.
- ↑ "No, "is it fuck" means there's no fucking chance that band will ever play again.". Twitter. Consultado o 1 de abril de 2024.
- ↑ "I’m glad you like that song. I really enjoyed recording it. No, there will never be another. That LP was powerful because it was unique. To repeat would be to dilute.". Twitter. Consultado o 1 de abril de 2024.