Fabian Gottlieb von Bellingshausen
Fabian Gottlieb Thaddeus von Bellingshausen (en ruso, Фаддей Фаддеевич Беллинсгаузен ou Faddei Faddeievich Bellinsgauzen), nado o 20 de setembro de 1778 en Lahetaguse e morto o 13 de xaneiro de 1852 en Kronstadt), foi un almirante da frota imperial rusa e explorador do Antártico.
Traxectoria
editarVon Bellingshausen naceu nunha familia nobre xermanobáltica na illa de Saaremaa en Estonia, na época unha provincia do Imperio Ruso]. Ós dez anos entra como cadete na Mariña Imperial Rusa, graduouse na Academia Navl de Kronstadt ós 18 anos, é rapidamente promociona ó grao de capitán. Grande admirador das viaxes de Cook, embarcou, para a primeira expedición rusa arredor do mundo, a bordo do Nadezhda comandada por Adam Johann von Krusenstern en 1803 rematando en 1806. Ó longo da súa carreira comandou diversos navíos no mar Báltico e no mar Negro.
Expedición ó Antártico
editarEn 1819 o tsar Alexandre I autorizou unha expedición nos mares polares austrais dirixida por Bellingshausen. O 5 de setembro partiu desde Portsmouth con dous navíos, unha corveta de 600 toneladas, a Vostok, e un navío de sostén de 530 toneladas, o Mirnii (comandado por Mikhail Petrovich Lazarev) con destino a Xeorxia do Sur, aportando en decembro.
O 26 de xaneiro de 1820 converteuse no primeiro explorador en franquear o círculo polar antártico desde James Cook. O 28 de xaneiro a expedición descobre a Antártida, aproximándose a un punto nas coordenadas 69º21'28"S 2º14'50"W. Logo do seu regreso o 4 de agosto de 1821, Bellingshausen continúa a servir o tsar. Combateu na guerra ruso-turca de 1828-1829 e obtivo o grao de almirante. En 1839 foi gobernador de Kronstadt].
Toponimia
editarO seu nome púxose a diversos lugares do Antártico:
- Illa Bellingshausen nas Sadwich do Sur
- Mar de Bellingshausen, na Antártida
- Placa de Bellingshausen, antiga placa tectónica
- Base Bellingshausen, base rusa na Illa Rei Xurxo
- Illas Faddei, illas árticas rusas
- Baía Faddei en Rusia
- Bellinsgauzen, cráter da Lúa
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externas
editar- (en inglés) 70South.com - Información sobre Fabian von Bellingshausen
- (en ruso) Двукратные изыскания в Южном Ледовитом океане и плавание вокруг света... O libro de Bellingshausen cos detalles da súa expedición
- (en ruso) Biografía