Faisán de colar

ave da familia dos faisáns e a única delas con poboación salvaxe en Galiza
(Redirección desde «Faisán común»)
Faisán de colar
Phasianus colchicus

Macho en Polonia

Femia en Inglaterra
Femia en Inglaterra

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Galloanserae
Orde: Galliformes
Superfamilia: Phasianoidea
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Phasianinae
Xénero: Phasianus
Especie: P. colchicus
Nome binomial
Phasianus colchicus
Linnaeus, 1758

O faisán de colar[2] (Phasianus colchicus) é unha ave da familia dos faisáns e a única delas con poboación salvaxe en Galiza. Pertence á familia Phasianidae, da orde dos galiformes. Orixinaria de Oriente, foi introducida polo ser humano en Europa occidental dende moi cedo, tanto como ave de caza como para o seu aproveito decorativo, posto que as plumas dos machos poden ser moi espectaculares. Tamén se produce en granxas.

Existen dúas subespecies altamente espalladas e conviventes:

Características físicas

editar
 
Phasianus colchicus
 
Phasianus colchicus

O faisán adulto mide entre 50 e 90 centímetros de longo, e ten unha cauda moi longa, que pode representar a metade do seu tamaño. Os machos teñen unha plumaxe marrón no corpo, de forma repoluda, pero salferido de plumas brancas, púrpuras ou verdes. A cabeza é verde escura, co peteiro branco, e unhas olleiras vermellas de cor intensa. Na base do pescozo, dependendo da subespecie, pode ter un anel branco.

As femias son moito máis discretas, cunha plumaxe marrón clara, e con pintas negras, similares ás perdices, pero moito maiores ca estas.

Comportamento

editar

Os machos son polígamos e territoriais. Viven machos e femias no campo, entre as árbores, e tamén nos matos, e aliméntanse de gran, follas e pequenos invertebrados, pero gabean ás noites para durmiren nas pólas das árbores. Aniñan no chan, cunhas postas de ao redor de dez ovos entre abril e xuño (no hemisferio norte). O período de incubación é de 23 a 2 días. Os polos permanecen coa femia varias semanas, malia medraren moi axiña: en catro meses xa poden ser considerados adultos.

Poden voar en distancias curtas, e a velocidades que roldan os 100 kms/h, pero prefiren escapar á carreira e desprazarse polo chan.

Orixe e distribución

editar

A especie é orixinaria de Asia, pero existen diversas fontes á hora de datar a súa introdución en Europa Occidental. Parece ser que os primeiros en traelas foron os gregos, e que de aí saltaron, polo seu valor ornamental, a criárense en Roma. Outras fontes apuntan a unha masiva introdución a comezos da Idade Media. En Gran Bretaña introducíronse no século X, extinguíronse e volvéronse reintroducir a principios do século XIX, con moitísimo éxito. En América comezouse a súa introdución a mediados do XIX e principios do XX (México, Chile...).

En Galiza non é unha ave abondosa, pero pode atoparse nas zonas de montaña próximas a Ourense, así como na raia portuguesa e na montaña interior (Chandrexa de Queixa, Vilariño de Conso...). Tamén se teñen producido avistamentos nas zonas costeiras de Sanxenxo e O Grove. Estanse a realizar soltas experimentais de faisán como especie cinexética e sempre dentro de coutos. Na produción agrícola, en España había en 2003 unhas 52.000 cabezas, pero a maior parte correspondían a Cataluña.

Gastronomía

editar

A carne do faisán é menos aprezada cá da perdiz. É seca, e un tanto dura, especialmente nos machos, que son menos queridos na cociña. O faisán de granxa ten máis proteínas e menos graxas ca outras especies avícolas, coma o polo ou o pato.

A carne ten un escaso contido en sodio, polo que se lles recomenda aos hipertensos, e constitúe unha fonte importante de fósforo e vitaminas do grupo B.

Na literatura

editar

A novela Danny the Champion of the World, de Roald Dahl, conta a historia dun furtivo e do seu fillo, que se dedican á caza do faisán.

  1. BirdLife International (2012). "Phasianus colchicus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  NODES
Idea 1
idea 1
Intern 2
iOS 2
mac 7
multimedia 1
os 53
todo 1