Familia Brontë
A familia Brontë ([ˈ|b|r|ɒ|n|t|i], comunmente {[-|t|eɪ]) foi unha familia literaria do século XIX asociado coa localidade de Haworth en West Riding of Yorkshire, Inglaterra. As irmás, Charlotte (1816–1855), Emily (1818–1848) e Anne (1820–1849), son célebres poetas e novelistas. Como moitas escritoras contemporáneas, publicaron inicialmente as súas obras con pseudónimos masculinos: Currer, Ellis e Acton Bell. As súas historias atraeron atención inmediata pola súa paixón e orixinalidade. Jane Eyre, de Charlotte foi a primeira que coñeceu o éxito, mentres que Cumes Torboentos, de Emily, e The Tenant of Wildfell Hall, de Anne, foron aceptadas máis tarde como obras mestras da literatura.
As tres irmás e o seu irmán, Branwell (1817–1848), sentíanse moi próximos, e durante a súa infancia desenvolveron a súa imaxinación, primeiro a través de relatos orais e obras de teatro nun intricado mundo imaxinario, e logo a través da súa escritura colaborativa de historias cada vez máis complexas.
As mortes, primeiro da súa nai, e logo das dúas irmás máis vellas, marcaron a familia profundamente e influíron na súa escritura, como tamén fixo o illamento relativo en que creceron.
A súa casa en Haworth, Yorkshire, converida no Brontë Parsonage Museum, é un lugar de peregrinación para centos de miles de visitantes cada ano.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Familia Brontë |
Bibliografía
editar- Alexander, Christine; Sellars, Jane (1995). The Art of the Brontës. Cambridge University Press. ISBN 9780521438414. Consultado o 10 de febreiro de 2017.
- Barker, Juliet R. V. (1995). The Brontës. Londres: Phoenix House. ISBN 1-85799-069-2.
- Drabble, Margaret, ed. (1985). The Oxford Companion to English Literature (Fifth ed.). ISBN 978-0-19-866130-6.
- du Maurier, Daphne (1987) [1960]. The Infernal World of Branwell Brontë. Londres: Penguin Books. ISBN 0-14-003401-3.
- Gaskell, Elizabeth (1857). The Life of Charlotte Brontë.
- Peters, Margot (agosto de 1977). Unquiet Soul: Biography of Charlotte Brontë. Futura Publications. ISBN 9780860075608.
- Smith Kenyon, Karen (abril de 2002). The Brontë Family: Passionate Literary Geniuses. Lerner Publications. ISBN 0-8225-0071-X.