Faneca de Noruega

Trisopterus esmarkii
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Gadiformes
Familia: Gadidae
Xénero: Trisopterus
Especie: T. esmarkii
Nome binomial
Trisopterus esmarkii
(Nilsson, 1855) [1]
Sinonimia
Referencia [2][3]
  • Boreogadus esmark (Nilsson, 1855)
  • Gadus esmarkii Nilsson, 1855
  • Trisopterus esmarki (Nilsson, 1855)

A faneca de Noruega,[4]Trisopterus esmarkii, descrita en 1855 por Sven Nilsson como Gadus esmarkii, é un peixe osteíctio da orde dos gadiformes e familia dos gádidos, moi común na costa europea do océano Atlántico (é a máis abundantre das especies dos gádidos de pequeno tamaño),[5][6]

Encóntrase no mar de Barents, mar do Norte, Báltico occidental, fronte as costas de Noruega e o suroeste de Suecia, Islandia, as illas Británicas e noutros lugares do océano Atlántico nordeste (chega até o S de Groenlandia polo norte, e até as costas da Bretaña francesa polo sur.[5]

Características

editar

Moi semellante ás outras especies do xénero Trisopterus (as fanecas), das que se distingue sobre todo polos seus grandes ollos, pola coloración, máis clara do lombo, pola gran mandíbula protráctil, pola súa pequena barbela no mento e polo tamaño, menor (aínda que pode alcanzar os 35 cm de lonxitude, a media dos exemplares capturados é de 19 cm, sendo raro ver algún que chegue aos 25).[5]

Bioloxía

editar

Distribuída polas zonas do Atlántico nororiental citadas anteriormente, é un peixe peláxico que nada formando pequenos cardumes, con frecuencia cerca do fondo, a prufundidades de entre os 100 e os 200 m; porén, no Skagerrak e no leste do Kattegat pode encontrarse a profundidades menores de 40 m.[5]

Aliméntase sobre todo de pequenos crustáceos e peixiños. Adquire a madurez sexual aos 1 ou 2 anos de idade. A desova ten lugar no norte do mar do Norte, norte de Escocia, e as illas Órcadas, Shetland e Feroe. Parece que as diferentes poboacións autorreclúense para a reprodución. Alcanza unha lonxitude de 9 a 13 cm no primeiro ano e de 14 a 19 cm no segundo.[5]

Esta faneca ten unha grande importacia biolóxica indirecta, porque serve de alimento ao merlán (Merlangius merlangus), o eglefino (Melanogramnus aeglefinus), a faneca prateada (Pollachius virens) e outras especies de interese pesqueiro.[5]

Pesca e utilización

editar

Péscase activamente, principalmente con artes de arrastre, sobre todo para a súa transformación en fariña de peixe para a elaboración de pesos (especialmente para a acuicultura e alimento das aves domésticas. Como consecuencia das considerábeis capturas accidentais de individuos inmaturos de especies importantes como o eglefino, o bacallau e o merlán nesta pescaría, estableceuse unha zona protexida no mar do Norte, onde se prohibiu a pesca industrial,[5]

Nos últimos anos as capturas da faneca e Noruega diminuíron drasticamenrte, pasando das 877.910 t en 1974 a tan só 39.223 t en 2008.[7]

  1. Nilsson, S. (1855): Skandinavisk fauna. Fjerde Delen: Fiskarna. Första Häftet. Lund. Skand.
  2. Catalogue of Life (en inglés)
  3. Trisopterus esmarkii (Nilsson, 1985) en BioLib.
  4. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 92.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Muus, Bent. J. (1998), p. 129.
  6. Cohen, D. M., T. Inada, T. Iwamoto e N. Scialabba (1990): FAO species catalogue. Vol. 10. Gadiform fishes of the world (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date. FAO: FAO Fish. Synop, volume10, nº 125, 442 pp.
  7. "Trisopterus esmarkii". Fisheries Global Information System. Food and Agriculture Organization of the United Nations. Consultado o 29 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 4