Fascismo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Mellore este artigo: véxase tamén segundo WP:LE Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O fascismo é unha doutrina totalitaria de extrema-dereita desenvolvida por Benito Mussolini na Italia, a partir de 1919, e durante o seu goberno (1922–1943 e 1943–1945). Fascismo deriva de fascio, nome de grupos políticos ou de militancia que xurdiron na Italia entre finais do século XIX e comezos do XX; mais tamén de fasces, que nos tempos do Imperio Romano era un símbolo dos maxistrados: un machado co mango rodeado de varas, simbolizando o poder do Estado e a unidade do pobo. Os fascistas italianos tamén foron coñecidos pola expresión camisas negras, en virtude do uniforme que levaban.
O fascismo susténtase nos seguintes principios:
Nacionalismo exacerbado, exaltación do Estado, rexeitamento ao liberalismo, o comunismo e á democracia liberal e culto ao líder.
Definición
editarA verba fascismo adquiriu o significado de calquera sistema de goberno semellante ao de Mussolini, o cal exalta a nación e moitas veces á raza por riba do individuo, pero non de forma tan explícita coma o nazismo. Emprega a violencia, modernas técnicas de propaganda e censura para suprimir pola forza a oposición política, unha regulamentación económica e social severa, e sustenta o nacionalismo e por veces a xenofobia (nacionalismo étnico), tendo en conta que se favorece principalmente ós nados no propio país, desenvolvéndose desa forma unha certa apatía cara os inmigrantes. De acordo coas doutrinas do libertarianismo David Nolan (Nolan chart), o "fascismo" ocupa un lugar no espectro político como un equivalente capitalista ao comunismo, sendo un sistema que apoia a liberdade "económica" mais ao mesmo tempo restrinxido polos seus controis sociais de tal forma que se volve virtualmente indistinguible do totalitarismo.
Nun artigo da Enciclopedia Italiana de 1932, escrito por Giovanni Gentile e atribuído a Benito Mussolini, o fascismo é descrito como un sistema no cal "o Estado é a autoridade que goberna e acomoda as vontades individuais con leis e valores da vida espiritual, mais tamén é o poder que fai que a súa vontade no estranxeiro prevaleza. ...Para o fascista, todo está dentro do Estado e ... nin individuos ou grupos están fóra del... Para o Fascismo, o Estado é un absoluto, e os individuos ou grupos apenas teñen relevancia."
Mussolini, o día 28 de outubro de 1925, proferiu nun discurso a frase que define concisamente a filosofía do fascismo: "Tutto nello Stato, niente al di fuori dello Stato, nulla contro lo Stato" ("Todo no Estado, nada fóra do Estado, nada contra o Estado").
O Nazismo é polo xeral considerado unha forma de fascismo, mais no Nazismo, en contraste co Fascismo, o obxectivo do Estado é estar ao servizo dun ideal, daquilo que o Estado supostamente debería ser: as súas persoas, razas, e a enxeñaría social destes aspectos da cultura coma fin última da maior prosperidade posible para eles a costa dos demais. Pola súa banda, o fascismo de Mussolini continuou fiel á ideoloxía de que todos estes factores existían para servir ao Estado e que non era necesariamente no interese do Estado servir ou manipular algunhas daquelas características. O único obxectivo do goberno era mostrarse como a maior prioridade da súa cultura, simplemente sendo o Estado en si, canto maior a súa dimensión, mellor, polo que se pode dicir que se tratou dunha Estadolatría (idolatría do estado) do goberno.
O fascismo italiano asume que a natureza do estado é superior á suma dos individuos que o compoñen e que eles existen para o estado, en vez de o estado existir para servilos. Deste modo todos os asuntos dos individuos son asuntos do Estado. No seu modelo corporativista da xestión totalitaria, as funcións do Estado son desempeñadas por entidades individuais que compoñen o Estado, sendo do interese deste inspeccionar esa acción, sen nacionalizar aquelas entidades. A actividade privada é empregada polo Estado, o cal pode decidir suspende-la infraestrutura dalgunha entidade de acordo coa súa utilidade e dirección, ou interese do estado.
A composición social dos movementos fascistas foi historicamente a de pequenos negociantes, burócratas de nivel baixo e as clases medias. O Fascismo tamén atopou grande éxito nas áreas rurais, especialmente entre agricultores, e na cidade entre as clases traballadoras. Un aspecto importante do fascismo é que usa os seus movementos de masa para atacar ás organizacións das clases traballadoras - partidos da esquerda e sindicatos.
Ao contrario do período anterior á segunda guerra mundial, cando moitos grupos se denominaran abertamente fascistas, no período da posguerra, o termo tomou un significado pexorativo, en parte como reacción aos crimes contra a Humanidade levados a cabo polos Nazis.
Hoxe, moi poucos grupos se proclaman fascistas, e o termo é usado para referirse a grupos polos que se ten pouco aprecio. O termo "fascista" ou "Nazi" é frecuentemente atribuído a individuos ou grupos que son vistos como de comportamento autoritario ou que tenta concentrar o poder. Mais particularmente, "Fascista" é por veces empregado por persoas de esquerda para caracterizar algúns grupos ou persoas da extrema dereita ou próximas, ou por persoas de extrema esquerda para describir calquera influencia política ou cultural percibidas coma "non-progresistas", ou simplemente non suficientemente progresistas. Este uso recuou moito nos anos 70 do século XX mais coñeceu un rexurdir recente co movemento do activismo antiglobalización.
O fascismo, en moitos aspectos, é unha ideoloxía de negativismo: antiliberal, anticomunista, antidemocrática, antiigualitaria etc. Como sistema político e económico en Italia, combinaba elementos de corporativismo, totalitarismo, nacionalismo, e anticomunismo.
A orixe e a ideoloxía do fascismo
editarEtimoloxicamente, o uso da verba fascismo na historia política italiana moderna recúa aos anos da década de 1890 na forma dos fasci, que eran grupos políticos radicais que proliferaron nas décadas anteriores á primeira guerra mundial. (ver Fascio para máis información sobre este movemento e a súa evolución).
O texto Doutrina do Fascismo foi escrito por Giovanni Gentile, un filósofo idealista e que serviu como o seu filósofo oficial. Mussolini asinou o artigo e o texto foille atribuído oficialmente. Nel, os franceses Georges Sorel, Charles Péguy, e Hubert Lagardelle foron invocados como as fontes do fascismo. As ideas de Sorel sobre o sindicalismo e a violencia son postas en evidencia neste documento. Tamén cita ao francés Joseph Renan que di ter "intuicións pre-fascistas".
Tanto Sorel como Péguy recibiron influencias de Henri Bergson. Bergson rexeita o cientismo, a evolución mecánica e o materialismo da ideoloxía Marxista. Bergson falou tamén dun élan vital coma un proceso evolucionario. Ambos elementos de Bergson aparecen no fascismo. Mussolini afirma que o fascismo nega a doutrina do socialismo científico e Marxista e a doutrina do materialismo histórico. Hubert Lagardelle, un coñecido escritor sindicalista, foi influído por Pierre Joseph Proudhon, que é a figura inspiradora do anarcosindicalismo.
Hai varias influencias en Mussolini. Sergio Panunzio, un grande teórico do fascismo na década de 1920, tiña un pasado sindicalista mais a súa influencia diminuíu a medida que o movemento se distanciou das súas raíces esquerdistas. O concepto fascista do corporativismo e particularmente as súas teorías da colaboración de clases e relacións económicas e sociais son moi semellantes ás do modelo delineado polo Papa León XIII na súa encíclica de 1892 Rerum Novarum que se debatía coa política tal como ela fora transformada pola Revolución Industrial e outras mudanzas na sociedade que ocorreron no século XIX. O documento criticaba o capitalismo, queixándose da explotación das masas na industria.
Entrementres, Rerum Novarum criticaba severamente o concepto socialista da loita de clases e a súa solución proposta para eliminar a propiedade privada. Propuña que gobernos fortes tomasen por misión protexe-lo seu pobo da explotación, e solicita aos Católicos o aplicaren principios da xustiza social nas súas propias vidas.
Tentando encontrar algúns principios que substituísen á doutrina Marxista de loita de clases, Rerum Novarum propuña a solidariedade social entre as clase altas e baixas e engadía o nacionalismo como forma de preserva-la moralidade tradicional, costumes, e tradicións. Ao facelo, Rerum Novarum propuña unha especie de corporativismo, a organización de sociedades políticas como esferas industriais, de forma semellante ás guildas medievais. Unha democracia onde cada persoa teña dereito a un voto era rexeitada en favor da representación por grupos de intereses. Esta idea pretendía ir contra a "natureza subversiva" da doutrina de Karl Marx.
Os temas e ideas desenvolvidos en Rerum Novarum poden ser tamén encontrados na ideoloxía do fascismo tal como foi desenvolvida por Mussolini.
O fascismo tamén se baseou en Gabriele d'Annunzio e a súa Constitución de Fiume na súa efémera "rexencia" da cidade de Fiume. O Sindicalismo tivo unha influencia no fascismo, en particular porque algúns sindicalistas se teñen cruzado coas ideas de D'Annunzio. Antes da primeira guerra mundial, ao sindicalismo tíñaselle coma unha doutrina militante para a revolución da clase traballadora. Distinguíase do Marxismo porque insistía que o mellor camiño para a clase traballadora era liberarse polo sindicato en vez do partido. En 1908, o Partido Socialista Italiano expulsou aos sindicalistas. O movemento sindicalista dividiuse entre o anarcosindicalismo e outras tendencias máis moderadas.
Algúns moderados comezaron a promover os chamados "sindicatos mistos" de traballadores e patróns. Nesta liña de acción, absorben as ensinanzas dos teóricos católicos e expanden as teorías para que abrangan o grande poder do Estado, desviándose das influencias de D'Annuzio e aproximándose a ideais máis nacionalistas.
Cando se publicou a tradución italiana do libro Au-delà du marxisme, de Henri de Man, Mussolini escribiu que o criticismo de Man destruíra calquera elemento "científico" aínda existente no Marxismo. Mussolini aprecia a idea de que a organización corporativa e as novas relacións entre proletariado e capital ían eliminar o "conflito de intereses económicos" e polo tanto neutralizar o "xerme da loita de clases".
Pensadores socialistas que rexeitaban as ideas convencionais, Robert Michels, Sergio Panunzio, Ottavio Dinale, Agostino Lanzillo, Angelo Oliviero Olivetti, Michele Bianchi, e Edmondo Rossoni promoveron esa tentativa de reconciliar o socialismo co nacionalismo.
O fascismo italiano
editarMussolini fundou o movemento fascista o 23 de marzo de 1919, nunha reunión feita na cidade de Milán. Entre os membros fundadores estaban os líderes revolucionarios sindicalistas Agostino Lanzillo e Michele Bianchi.
En 1921, os fascistas pasaron a desenvolver un programa que esixía a república, a separación da Igrexa do estado, un exército nacional, un imposto progresivo para herdanzas e o desenvolvemento de cooperativas.
O estado fascista de Mussolini foi establecido aproximadamente unha década antes da chegada de Hitler ao poder. O fascismo italiano foi, en moitos aspectos, unha reacción á falla aparente do laissez-faire e ao medo dos movementos de esquerda, a pesar de que as circunstancias na historia intelectual deben ser consideradas, como o abalo do positivismo e o fatalismo xeneralizado da posguerra na Europa.
O fascismo foi en certa forma o resultado dun sentimento xeral de ansiedade e medo dentro da clase media na Italia da posguerra, resultado da converxencia de presións interrelacionadas de orde económica, política e cultural. En canto ao estandarte desta ideoloxía autoritaria e nacionalista, Mussolini foi capaz de explorar os medos perante o capitalismo nunha era de depresión e posguerra, o ascenso dunha esquerda máis militante, e un sentimento de vergoña nacional e de humillación que resultara da "vitoria mutilada" da Italia nos tratados de paz trala primeira guerra mundial. As aspiracións nacionalistas non realizadas (ou frustradas) manchaban a reputación do liberalismo e do constitucionalismo entre moitos sectores da poboación italiana. Ademais, estas institucións democráticas nunca creceran ata atoparse firmemente enraizadas na nova nación-estado.
A medida que esa mesma depresión da posguerra facía crecer a sedución polo marxismo entre o proletariado urbano, aínda máis desprovisto de dereitos cós seus contrapartes no continente, o receo á forza crecente do sindicalismo, o comunismo e o socialismo proliferaban entre a elite e a clase media. Dagún xeito, Benito Mussolini enchía un baleiro político. O Fascismo xurdiu coma unha "terceira vía" — como a última esperanza da Italia para evitar o colapso inminente do "fraco" liberalismo italiano, e a revolución comunista.
Ao mesmo tempo que fallaba en crear un programa coherente, o fascismo evolucionou cara un novo sistema político e económico que combinaba o corporativismo, o totalitarismo, nacionalismo, e anticomunismo nun estado deseñado para unir a tódalas clases nun sistema capitalista, mais un novo sistema capitalista no que o estado tiña o control da organización das industrias vitais. Baixo a bandeira do nacionalismo e o poder estatal, o Fascismo parecía sintetizar o glorioso pasado romano cunha utopía futurista.
A sedución polo movemento, a promesa dun capitalismo máis ordenado despois dunha era de depresión económica na posguerra, non se limitaba a Italia ou mesmo a Europa. Por exemplo, unha década máis tarde, cando a Gran Depresión orixinou un receso na economía brasileira, unha especie de proto-fascismo ía emerxer coma reacción aos problemas socioeconómicos, e a conciencia nacionalista do estatuto periférico da economía do Brasil. O réxime de Getúlio Vargas adoptou unha extensa influencia fascista coa Constitución do Estado-Novo, dirixida por Francisco Campos, eminente xurista afiliado ao Partido Fascista Brasileiro.
Fundado coma unha asociación nacionalista (o Fasci di Combattimento) de veteranos da primeira guerra mundial en Milán o 23 de marzo de 1919, o movemento fascista de Mussolini converteuse nun partido nacional (o Partito Nazionale Fascista) despois de gañar 35 escanos nas eleccións ao parlamento de maio de 1921. Inicialmente combinando elementos ideolóxicos da esquerda e da dereita, aliñábase coas forzas conservadoras pola súa oposición ás ocupacións a fábricas en setembro de 1920.
A pesar dos temas da reforma social e económica no manifesto fascista inicial de xuño de 1919, o movemento foi apoiado por seccións da clase media, receosos do socialismo e do comunismo, namentres que industriais e donos de terra víano coma unha defensa contra a militancia laborista. Baixo a ameaza dunha "Marcha sobre Roma fascista," Mussolini asumiu en Outubro de 1922 o liderado dun goberno de coalición de dereita incluíndo inicialmente membros do partido popular, pro-Igrexa.
A transición cara a unha ditadura asumida foi máis gradual do que na Alemaña unha década máis tarde, apesares de que en xullo de 1923 unha nova lei electoral dificultaba a constitución dunha maioría parlamentaria fascista, e o asasinato do deputado socialista Giacomo Matteotti once meses máis tarde mostrou os límites da oposición política. En 1926 os movementos de oposición foron declarados ilegais, e en 1928 a elección ao parlamento estaba restrinxida a candidatos aprobados polos fascistas.
O feito político máis duradeiro deste réxime foi talvez o Tratado de Laterano de febreiro de 1929 entre o estado italiano e a Santa Sé, polo cal ó Papado foille concedida a soberanía sobre a Cidade do Vaticano e recibiu a garantía do libre exercicio do Catolicismo como a única relixión do estado en toda Italia en troques da súa aceptación da soberanía italiana sobre os anteriores dominios do Papa.
Os sindicatos e asociacións de traballadores foron reorganizados en 1934 en 22 corporacións fascistas combinando traballadores e empresarios por sector económico, cuxos representantes en 1938 substituíron ao parlamento como a "Cámara de Corporacións". O poder continuaba investido no Grande Consello Fascista, o corpo gobernativo do movemento.
Nos anos 30 do século XX, a Italia estábase a recuperar da Gran Depresión, e obtiña o crecemento económico en parte pola substitución de importacións pola produción doméstica (Autarquía). A drenaxe dos pantanos de Pontine ao sur de Roma, empestados de malaria, foi un dos orgullos do réxime. Mais o crecemento foi minado polas sancións internacionais impostas a Italia por mor da invasión de Etiopía en Outubro de 1935 (a crise da Abisinia), e polo forte esforzo financeiro que o goberno fixo para apoiar militarmente aos nacionalistas de Franco na guerra civil española.
O illamento internacional e o seu apoio común en España vai facer resaltar unha crecente colaboración diplomática entre a Italia e a Alemaña Nazi. Isto vese tamén nas políticas domésticas do réxime fascista italiano, as primeiras leis antisemitas dátanse en 1938.
A intervención de Italia (10 de xuño de 1940) na segunda guerra mundial como aliado da Alemaña trouxo o desastre militar e deu coma resultado a perda das colonias no norte e leste africano, tamén a invasión americano-británica de Sicilia en xullo de 1943 e o sur de Italia en setembro de 1943.
Mussolini foi destituído como primeiro ministro polo rei Vitor Manuel III de Italia a 25 de xullo de 1943, e a continuación foi preso. En setembro libérano paracaidistas alemáns é instalado como xefe dunha "República Social Italiana" fantoche en Salo, no norte da Italia, entón ocupado pola Alemaña. A súa asociación co réxime de ocupación alemán restoulle moito do pouco apoio que lle restaba. A súa execución sumaria o 28 de abril de 1945 por guerrilleiros, durante unha fase final da guerra particularmente violenta, foi vista por moitos observadores como o final apropiado para o seu réxime.
Trala guerra, os restos do fascismo italiano reagrupáronse sobre o "Movemento Social Italiano" (MSI) neo-fascista. O MSI formou coalición en 1994 coa antiga "Democracia Cristiá" conservadora para formar a Alleanza Nazionale (AN), que proclama o seu compromiso co constitucionalismo, o goberno parlamentario e pluralismo político.
Fascismo versus socialismo
editarO Fascismo desenvolveu unha oposición ao socialismo e ó comunismo, é curioso que moitos fascistas foran marxistas no pasado. Con relación ó tema, en 1923 Mussolini declarou, na Doutrina do Fascismo:
- "(...) O Fascismo [é] a completa oposición ao ... socialismo marxista, á concepción materialista da historia das civilizacións humanas, que explica a evolución humana como simples conflitos de intereses entre varios grupos sociais e o cambio e desenvolvemento incluíndo os instrumentos e modos de produción...
- O Fascismo, agora e sempre, acredita no sagrado e no heroísmo; quere dicir, en accións non influenciadas por motivos económicos, directos ou indirectos. E se a concepción economicista da historia fose negada, de acordo coa teoría de que os homes son máis que bonecos, levados ao sabor de ondas de cambio, namentres que as forzas controladoras reais están fora de control, conclúese que a existencia dunha loita de clases eterna é tamén negada — o produto natural da concepción economicista da historia. E por riba de todo o Fascismo nega que a loita de clases sexa a forza preponderante na transformación da sociedade.
- ... A máxima de que a sociedade existe só para o benestar e para a liberdade daqueles que a compoñen non parece estar en conformidade cos plans da natureza... Se o liberalismo clásico apoia o individualismo, o Fascismo apoia goberno forte."
- —Benito Mussolini, citación en dominio público extraída de The Internet Modern History Sourcebook Arquivado 06 de xuño de 2005 en Wayback Machine..
Aínda que certos tipos de socialismo poidan asemellarse superficialmente ao fascismo, debe ser destacado que as dúas ideoloxías chocan violentamente en moitos asuntos. O papel do Estado, por exemplo. No Socialismo, considérase que o Estado é simplemente unha "ferramenta do pobo", algunhas veces chamado "mal necesario", que existe para servir aos intereses do pobo e protexe-lo ben común (e algunhas formas de socialismo, como o socialismo libertario, rexeitan completamente o estado). O Fascismo cre no Estado coma un fin en si mesmo, e digno de obediencia por parte do pobo.
O fascismo rexeita as doutrinas centrais do Marxismo, que son a loita de clases e a necesidade de substituír o capitalismo por unha sociedade controlada polos obreiros, na cal os traballadores sexan propietarios dos medios de produción.
Un goberno fascista é xeralmente caracterizado como de "extrema dereita" e un goberno socialista, de "esquerda". Mais teóricos como Hannah Arendt e Friedrich Hayek argumentan que existen diferenzas apenas superficiais entre o Fascismo e formas totalitarias de socialismo (véxase Stalinismo); unha vez que os gobernos autoproclamados "socialistas" non sempre mantiveron o seu ideal de servir ao pobo e respectar os principios democráticos. Moitos socialistas e comunistas rexeitan eses gobernos totalitarios, encarados como unha forma de Fascismo con máscara de socialismo. (Vexa espectro político e modelo político para máis detalles.)
Socialistas e outros críticos (non necesariamente de esquerda) sustentan que non hai sobreposición ideolóxica entre Fascismo e Marxismo; acreditan que ambas as doutrinas son diametralmente opostas. Sendo o Marxismo a base ideolóxica do comunismo, conclúen que as comparacións feitas por Arendt e outros son inválidas.
Mussolini rexeitou completamente o concepto marxista de loita de clases ou a tese marxista de que os obreiros deberían apropiarse dos medios de produción. En 1932 escribiu (na Doutrina do Fascismo, por vía de Giovanni Gentile):
- "Fóra do Estado non pode haber nin individuos nin grupos (partidos políticos, asociacións, sindicatos, clases). Entón o fascismo se opón ao socialismo, que confina o fluxo da historia á loita de clases e ignora a unidade de clases establecida nunha realidade económica e moral do Estado."
A orixe esquerdista do líder fascista italiano Mussolini, coma un antigo líder da ala mais radical do partido socialista italiano, ten sido frecuentemente notada. Ademais da súa viraxe cara a dereita, Mussolini continuou a empregar moito da retórica do socialismo, substituíndo a clase social pola nación como a base da lealdade política.
Tamén é frecuentemente notado que a Italia fascista non nacionalizou industrias ou entidades capitalistas. Máis ben estabeleceu unha estrutura corporativista influenciada polo modelo de relacións de clase avanzado pola Igrexa católica. De feito, existe unha grande cantidade de literatura sobre a influencia do Catolicismo no fascismo e das ligazóns entre o clero e os partidos políticos na Europa antes e durante a segunda guerra mundial.
A pesar de que o fascismo italiano tense autoproclamado coma a antítese ao socialismo, a historia persoal de Mussolini no movemento socialista fai que teña algunha influencia sobre el. Elementos da práctica dos movementos socialistas que retivo:
- A necesidade dun partido de masas;
- A importancia de obter o apoio entre a clase traballadora;
- Técnicas de difusión de ideas coma o uso da propaganda.
O Manifesto Fascista orixinal contiña un determinado número de propostas para reformas que tamén eran comúns entre os movementos socialista e democráticos e eran deseñados para apelar á clase traballadora. Estas promesas foron xeralmente ignoradas unha vez que os fascistas tomaron o poder.
Críticos apuntan que os Marxistas e os sindicalistas foron os primeiros albos e as primeiras vítimas de Mussolini e de Adolf Hitler unha vez que chegaron ó poder. Tamén resaltan o antagonismo que resultou en loitas de rúa entre fascistas e socialistas, incluíndo:
- a Batalla de Cable Street de 1936 en Londres entre Trotskistas e membros do Partido Comunista da Gran Bretaña contra simpatizantes de Mosely
- Loitas de rúa na Alemaña anteriormente á chegada ao poder de Hitler.
Mussolini tamén apresou a Antonio Gramsci dende 1926 até 1934, despois de Gramsci, un líder do Partido Comunista Italiano e unha figura intelectual destacada, por tentar crear unha fronte común entre a esquerda política e os traballadores, co obxectivo de resistir e derrotar ó fascismo. Outros líderes comunistas italianos coma Palmiro Togliatti foron ao exilio e loitaron pola república en España.
Unha manifestación do conflito entre fascismo e socialismo foi a guerra civil española.
Fascismo e outros réximes totalitarios
editarAlgúns historiadores e teóricos ven no fascismo e no réxime comunista da Unión Soviética (máis especificamente o Stalinismo) grandes semellanzas, considerándoos "totalitarismo" (unha denominación de Hannah Arendt). Outros os ven coma incomparables. Arendt e outros teóricos do totalitarismo argumentan que hai semellanzas entre as nacións baixo dominio Fascista e Stalinista. Por exemplo, tanto Hitler coma Stalin cometeron asasinatos masivos de millóns dos seus concidadáns que non se integraran nos seus planes.
De acordo coa doutrina do libertarianismo Nolan chart, o "fascismo" ocupa un lugar no espectro político como o equivalente capitalista do comunismo, sendo un sistema que apoia a "liberdade económica" mais os seus controis sociais fai que se volte totalitario.
En 1947, o economista austríaco Ludwig von Mises publicou un libro chamado "Caos planeado" (Planned Chaos). Nel afirmaba que o fascismo e o Nazismo son ditaduras socialistas e que ambas obedecían aos principios soviéticos de ditadura e opresión violenta dos disidentes. Dixo que a maior herexía de Mussolini á ortodoxia marxista fora o seu forte apoio da entrada italiana na primeira guerra mundial do lado aliado (Mussolini pretendía "libertar" áreas de lingua italiana vivindo baixo control austríaco nos Alpes). Esta visión contradí as declaracións do propio Mussolini (para non mencionar aos seus opoñentes socialistas) e é xeralmente vista co escepticismo polos historiadores.
Críticos de von Mises argumentan que estaba atacando un fantoche; é dicir, que mudou a definición de socialismo, co gallo de acomodar o fascismo e o nazismo a esa definición. O concepto de ditadura do proletariado ao cal Von Mises alude non é o mesmo que o concepto de ditadura empregada polos fascistas. Ditadura do proletariado significa, na definición marxista, unha ditadura dominada polas clases traballadoras, non unha ditadura dominada pola clase capitalista. Este concepto foi manipulado por Stalin ata o punto de significar unha ditadura do Secretario Xeral sobre o partido e as clases traballadoras. Neste punto, Stalin desviouse de Marx, e como tal non é correcto afirmar que conducía unha forma de goberno Marxista.
Por outra banda no relativo ao modelo económico fascista baseado no corporativismo promove unha colaboración entre clases nunha tentativa de unión das mesmas baixo o control do estado, namentres que o modelo marxista promove a eliminación non só das clases, senón tamén do propio estado.
Adicionalmente, os estados fascistas, por un lado, e a Unión Soviética e o bloque soviético por outro, foron estados policiais, feito que non significa que sexa produto do socialismo. A pesar que de tódolos estados de partido único poden ser considerados estados policiais, non hai ningunha relación entre a definición de socialismo e a definición de estado policial, nin tódolos estados policías son socialistas ou fascistas. Moitos outros réximes de partido único, incluíndo réximes capitalistas, foron tamén estados policiais. Algúns exemplos:
- A República da China baixo o réxime Kuomintang de Chiang Kai-shek;
- O Afganistán baixo o réxime talibán;
- O Irán, durante o réxime dos Xá, un estado monárquico policial;
- O Vietnam do Sur, a Corea do Sur, Singapur e outros países do sueste asiático, durante períodos recentes da súa historia.
Por outra banda, existiron moitos gobernos socialistas en sistemas de múltiple partido que non foron estados policiais.
Anticomunismo
editar- Artigo principal: anticomunismo.
Fascismo e Comunismo son sistemas políticos que ascenderon a un primeiro plano despois da primeira guerra mundial. Historiadores do período entre a primeira e a segunda guerra mundial coma E.H. Carr e Eric Hobsbawm afirmaron que o liberalismo estaba baixo presión neste período e que parecía unha filosofía condenada. O éxito da Revolución Rusa de 1917 deu lugar a unha onda revolucionaria por toda Europa. O movemento socialista mundial dividiuse entre as faccións socialdemócrata e Leninista.
A formación da Terceira Internacional levantou serios debates entre os partidos social-demócratas, rematando no separatismo dos que apoiaban á Revolución Rusa para formar partidos comunistas na maioría dos países industrializados (e non industrializados).
Ao remate da primeira guerra mundial, houbo tentativas de revoltas ou ameazas de revoltas por toda Europa, principalmente na Alemaña, onde a Revolta Spartacista, liderada por Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht en xaneiro de 1919, foi facilmente esmagada. Na Baviera, comunistas derrubaron o goberno e estabeleceron o Soviet de Múnic entre 1918 e 1919. Un curto goberno soviético foi establecido na Hungría por Béla Kun en 1919.
A revolución rusa tamén inspirou movementos revolucionarios en Italia, coa de ocupación de fábricas. Moitos historiadores ven o fascismo coma unha resposta a estes sucesos, coma un movemento que ao mesmo tempo tentou apelar ás masas e desvialas do Marxismo. Tamén apelou aos capitalistas coma unha barreira contra o bolxevismo. O fascismo italiano tomou o poder co apoio do rei de Italia despois de que anos de intranquilidade esquerdista levaran a moitos conservadores a crer que unha revolución comunista era inevitable.
En toda Europa, numerosos aristócratas, intelectuais conservadores, capitalistas e industriais ofreceron apoio aos movementos fascistas nos seus países, emulando ao fascismo italiano. Na Alemaña, xurdiron numerosos grupos de dereita nacionalista, particularmente na posguerra os Freikorps, que se empregaron para esmagar aos spartaquistas e a Räterrepublik de Múnic.
Coa Gran Depresión da década de 1930, semellaba que o liberalismo e as formas liberais de capitalismo estaban condenadas, e os movementos fascistas e comunistas non paraban de gañar apoios. Estes movementos opoñíanse ferozmente un ó outro e loitaban acotío, o exemplo mais notable foi a guerra civil española. Esta guerra volveuse unha guerra por representantes (proxy war) entre países fascistas e seus aliados internacionais, que apoiaron a Franco e o movemento comunista mundial aliado aínda que con certas diferenzas aos anarquistas e trotskistas, que apoiaron á Fronte Popular e que recibiron axuda sobre todo da Unión Soviética.
Inicialmente, a Unión Soviética apoiou a alianza con potencias occidentais contra a Alemaña Nazi e frontes populares en varios países contra o fascismo doméstico. Esta política tivo pouco éxito debido á desconfianza mostrada polas potencias occidentais (sobre todo a Gran Bretaña) cara a Unión Soviética. O Acordo de Múnic entre a Alemaña, Francia e Inglaterra contribuíu a que os soviéticos pensaran que as potencias occidentais estaban desexosas de forzalos a loitar contra o Nazismo. A falta de ímpeto por parte dos británicos durante as negociacións diplomáticas cos soviéticos serviu para tornar a situación a peor. Os soviéticos mudaron a súa política e negociaron un pacto de non-agresión coñecido como o Pacto Molotov-Ribbentrop no ano 1939. Vyacheslav Molotov afirma nas súas memorias que os soviéticos crían que isto era preciso para gañares tempo e prepara-la guerra contra a Alemaña.
Stalin non agardaba que os Alemáns atacasen antes de 1942, mais o pacto rematou en 1941 cando a Alemaña Nazi invadiu a Unión Soviética. Fascismo e comunismo voltáronse inimigos a morte. A guerra, para ambos, era vista coma unha guerra de ideoloxías.
Fascismo e cristianismo
editarSempre houbo unha grande polémica entre os movementos fascistas e o cristianismo, particularmente a Igrexa católica.[Cómpre referencia] Como xa se mencionou, a encíclica do Papa León XIII de 1891, Rerum Novarum anticipou moito da doutrina que se tornou coñecida coma fascismo. Corenta anos despois, as tendencias corporativas de Rerum Novarum foron resaltadas pola encíclica do Papa Pío XI o 25 de maio de 1931 Quadragesimo Anno que reafirmou a hostilidade de Rerum Novarum cara a competición desordenada e a loita de clases.
Ao comezo dos anos 20 do século XX, o partido católico en Italia (Partito Popolare) estaba disposto a formar coalición co partido reformador que podería ter estabilizado a política italiana e frustrado o golpe proxectado por Mussolini. A 2 de outubro de 1922, o Papa Pío XI fai circular unha carta ordenando ó clero que non se aliñara co Partito Popolare, senón que ficase neutral, unha acción que vai enfraquecer ó partido e á súa alianza contra Mussolini. O secretario de estado do Vaticano reuniuse con Il Duce ó comezo de 1923 e estivo de acordo en disolver o Partito Popolare, que Mussolini viu coma un obstáculo ao dominio fascista. A cambio, os fascistas déronlles garantías en canto á educación e institucións católicas.
En 1924, despois do asasinato do líder do Partido Socialista por fascistas, o Partito Popolare xuntouse ao partido socialista na esixencia de que o rei despedira a Mussolini coma primeiro ministro, e afirmou o desexo de formar un goberno de coalición. Pío XI respondeu avisando contra os perigos dunha alianza entre católicos e socialistas. O Vaticano ordenou que tódolos cregos deixasen calquera posto que ocuparan no "Partito Populare". Esta posición da Igrexa levou à desintegración do partido nas áreas rurais, onde dependía da condescendencia clerical.
O Vaticano estabeleceu a continuación a Acción Católica coma unha organización non política baixo o control directo dos bispos. O Vaticano prohibiulle de participar na política e deste xeito eliminaba as posibilidades de que se opuxeran ao réxime fascista. Pío XI ordenou a tódolos católicos que se unisen a Acción Católica. Isto provocou que centos de miles de católicos italianos abandonaran o Partito Popolare, a se uniran a Acción Católica. Foi o colapso do partido católico. [1]
Cando Mussolini ordenou o peche da Acción Católica en maio de 1931, Pío XI emitiu unha encíclica, Non abbiamo bisogno. Este documento afirma a oposición da Igrexa católica á disolución e argumenta que aquela orden de Mussolini "desenmascaraba as intencións pagás do Estado fascista". Baixo presión internacional, Mussolini decidiu anular dito peche.
Máis aló das semellanzas doutrinais, hai que sinalar que as relacións entre a Igrexa católica e os movementos fascistas foron moitas e relevantes. Por exemplo, na Eslovaquia, o ditador fascista foi un monseñor católico. Na Croacia, os Ustaše fascistas declarábanse coma um movemento católico. Estes réximes son exemplos de fascismo clerical.
O réxime de Vichy en Francia estivo tamén profundamente influenciado pola ideoloxía católica reaccionaria da Action Française. Por contrapartida, moitos cregos católicos foron perseguidos baixo o réxime Nazi, e moitos clérigos católicos desempeñaron importantes papeis na acollida de xudeus durante o Holocausto.
Práctica do fascismo
editarExemplos de sistemas fascistas inclúen:
- O Nazismo alemán.
- A Italia de Mussolini.
- España baixo o goberno da Falange Española de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista, partido de Francisco Franco.
A práctica do Fascismo tivo diversas medidas políticas e económicas, convidando a comparacións diferentes. Algúns escritores que focalizan as súas análises nas medidas politicamente represivas do fascismo identifican isto coma unha forma de totalitarismo, unha descrición que empregan para non só caracterizar á Italia fascista e á Alemaña nazi, senón tamén países como a Unión Soviética, a República Popular de China ou a Corea do Norte. Débese ter en conta que o termo "totalitarismo" é moi amplo e inclúe moitas ideoloxías diferentes, que son inimigas xuradas unhas das outras.
Algúns analistas, en troques, mostran que certos gobernos fascistas eran máis autoritarios que totalitarios. Hai un acordo case universal en que a Alemaña nazi era totalitaria. Porén, moitos discutirían se os gobernos da España de Francisco Franco e o Portugal de Salazar, sendo fascistas, eran máis autoritarios ou totalitarios.
Escritores que focalizan as súas análises en políticas económicas e no uso do aparato estatal para combater os conflitos entre as clases diferentes fan comparacións até máis amplas, identificando o fascismo coma unha forma de corporativismo. O corporativismo era a cara política da doutrina social católica de finais do século XIX. Algunhas comparacións fanse en relación ao corporativismo non só coma o nazismo, senón tamén con certas partes do New Deal de Roosevelt nos EUA, e o populismo de Juan Domingo Perón na Arxentina.
O fascismo coma un fenómeno internacional
editarFrecuentemente é materia de disputa saber se un determinado goberno poderá ser caracterizado como fascista, autoritario, totalitario, ou simplemente un Estado policial. Réximes que se proclamaron como fascistas ou que son considerados como simpatizantes do fascismo:
- Austria (1933-1938) - Austro-fascismo: Dollfuß disolveu o parlamento e estableceu unha ditadura clerical-fascista que durou até que a Austria foi integrada na Alemaña a través do Anschluss.. a idea de Dollfuß dun "Ständestaat" foi sacada de Mussolini.
- Italia (1922-1943) - O primeiro país fascista, foi gobernado por Benito Mussolini (Il Duce) até que Mussolini foi capturado durante a invasión Aliada. Antes diso Mussolini fora salvado do cárcere domiciliaria por tropas alemás, montando de seguido un estado-fantoche no norte da Italia baixo a protección do exército alemán.
- Alemaña (1933-1945) - Gobernada polo movemento Nazi de Adolf Hitler (der Führer).
- España (1936-1975) - Despois do apresamento e execución en 1936 do seu fundador José Antonio Primo de Rivera durante a guerra civil española, o partido da Falange fascista española foi liderado polo Generalísimo Francisco Franco, que se tornou coñecido como El Caudillo, líder indisputado do lado nacional na guerra civil, e, despois da súa vitoria, xefe de estado español até a súa morte, máis de 35 anos despois.
- Portugal (1932-1974) - Menos restritivo que os réximes fascistas da Italia, Alemaña e España, o Estado Novo de António de Oliveira Salazar era un réxime quasi-fascista, ou mellor aínda, un réxime autoritario de inspiración integralista e fascista.
- Reino Unido (1936) - Arredor de 1936 houbo un forte movemento fascista no Reino Unido, acadando o punto máis alto antes da Batalla de Cable Street.
- Grecia - a ditadura de Joannis Metaxas entre 1936 e 1941 non era particularmente ideolóxica na súa natureza, e pode por iso ser caracterizada máis coma autoritaria que fascista. O mesmo pode ser argumentado sobre a ditadura militar do Coronel George Papadopoulos entre 1967 e 1974, que foi apoiada polos Estados Unidos.
- Brasil (1937-1945) - Moitos historiadores argumentan que o Estado Novo brasileiro baixo o mando de Getúlio Vargas foi unha variante suramericana dos réximes fascistas do continente europeo.
- Bélxica (1939-1945) - O violento movemento Rexista e o partido Vlaamsch-Nationaal Verbond obtiveran algún éxito electoral nos anos 30 do século XX. Moitos dos seus membros colaboraron coa ocupación Nazi durante a segunda guerra mundial. O movemento Verdinaso tamén pode ser considerado fascista. O seu líder, Joris Van Severen, foi morto antes da ocupación Nazi. Algúns dos seus adeptos colaboraron, mais outros resistiron.
- Eslovaquia (1939-1944) - O Partido Popular Fascista foi un movemento nacionalista semi-fascista asociado coa Igrexa católica. Fundado polo pai Andrej Hlinka, o seu sucesor o Monseñor Jozef Tiso tornouse ó quisling dos Nazis nunha Eslovaquia supostamente independente.
- Francia (1940-1944) - O réxime de Vichy, liderado por Philippe Pétain, establecido na secuencia da ocupación da Francia polas tropas alemás durante a segunda guerra mundial, colaborou cos Nazis (era un goberno monicreque), tamén no asasinato de 65.000 xudeus franceses.
- Romanía (1940-1944) - A violenta Garda de ferro tomou o poder cando Ion Antonescu forzou ao rei Carol II de Romanía a abdicar. O réxime fascista acabou trala entrada das tropas soviéticas.
- Croacia (1941 - 1945) - Poglavnik Ante Pavelić, líder do infame movemento Ustaše, chegou ao poder en 1941 como líder fantoche croata baixo o dominio da Alemaña Nazi.
- Noruega (1943-1945) - Vidkun Quisling efectuou un golpe de estado durante a invasión alemá o 9 de abril de 1940. Este primeiro goberno foi substituído por outro goberno fantoche Nazi a partir do 1 de febreiro de 1943. O seu partido nunca tivo o apoio do pobo.
- Hungría (1944-1945) - Ferenc Szálasi liderou o partido extremista Cruz de Frechas. En 1944, co apoio alemán, substituíu ao almirante Miklós Horthy coma xefe de estado despois da tentativa de Horthy de facer a Hungría mudar de bando.
- Arxentina (1946-1955 e 1973-1974) - Juan Perón admiraba a Mussolini e estabeleceu o seu propio réxime pseudofascista. Despois da súa morte, a súa terceira esposa e entón vicepresidente Isabel Perón foi derrocada por unha xunta militar.
- Suráfrica (1948-1994) - Moitos estudosos clasifican o sistema de apartheid posto en funcionamento por Malan e Verwoerd como uma forma de fascismo.
- Rodesia (1965-1978) - O sistema de segregación racial liderado por Ian Smith é, á semellanza do sistema de apartheid en Suráfrica, considerado unha forma fascismo.
Lemas e proverbios fascistas
editar- O xa mencionado Tutto nello Stato, niente al di fuori dello Stato, nulla contro lo Stato, "Todo no Estado, nada fóra do Estado, nada contra o Estado."
- Me ne frego, "Non me importa," o lema fascista italiano.
- Libro e moschetto - fascista perfetto, "Livro e mosquete - fascista perfecto." (na Alemaña, Goebbels empregaría algo semellante - "Cun libro nunha man e a espada na outra", o nazi...
- Viva la Morte, "Viva a morte (sacrificio)."
Fascismo na actualidade
editar- Arxentina - O Partido Nuevo Triunfo, que ten como lema "Una Nación, un Pueblo, un Líder" (unha nación, un pobo, un líder) e ten como símbolo unha bandeira onde unha especie de esvástica fraccionada evoca a súa inspiración nazi, defende ideas antisemitas.
- Brasil - O fascismo está prohibido por orde xurídica, non existindo formalmente ningunha organización declaradamente fascista. Algúns xornalistas indican que o PRONA é un partido de cuño fascista - aínda que nada nas súas propostas oficiais e na postura dos seus integrantes demostre isto.
Notas
editarEn Inglés
- Benito Mussolini Doctrine of Fascism which was published as part of the entry for fascismo in the Enciclopedia Italiana 1932.
- "Labor Charter" (1927-1934) (en inglés).
- Georges Sorel Theory of Violence
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- En inglés
- The United States and Italy, H. Stuart Hughes, Harvard University Press, Cambridge, MA, 1953.
- Liberalism and The Challenge of Fascism, Social Forces in England and France (1815-1870), J. Salwyn Schapiro, McGraw-Hill Book Co. Inc., NY, 1949.
- The Birth of Fascist Ideology, From Cultural Rebellion to Political Revolution, Zeev Sternhell with Mario Sznajder and Maia Asheri, trans. David Maisei, Princeton University Press, Princeton, NJ, 1994.
- Varieties of Fascism: Doctrines of Revolution in the Twentieth Century, Eugen Weber. Original edition 1964, reprinted 1982. (Contains chapters on fascist movements in different countries.)
Outros artigos
editar- Fascio (uso dende a década de 1890 até a primeira guerra mundial)
- O manifesto da loita fascista
- George Seldes, fascismo americano inicial.
- Horst Wessel Lied, unha cantiga alemá que incorpora moito da ideoloxía Fascista.
- Nacionalsocialismo
- Franquismo
- Segunda guerra mundial
- Populismo
- Relixión secular
Ligazóns externas
editar- En inglés
- The Doctrine of Fascism by Benito Mussolini (complete text)
- Fascism Anyone?
- Roger Griffin's dissertations on the intellectual make-up of Fascism
- Fascism and Zionism - From The Hagshama Department - World Zionist Organization
- Fascism Part I - Understanding Fascism and Anti-Semitism
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |