Febre aftosa humana

doenza viral

A febre aftosa humana (tamén coñecida como exantema vírico de mans, pés e boca ou HFMD polas súas siglas en inglés) é unha leve doenza viral, cuxos síntomas principais son dor na boca e presenza de pequenas bochas, úlceras ou aftas. Os dous tipos de virus que a causan son o Coxsackie virus e o Enterovirus. Non debe ser confundida coa outra febre aftosa ou glosopeda, que é unha afección do gando e que probablemente é moito máis coñecida polo público.

Febre aftosa humana
Clasificación e recursos externos
Lesións bucais típicas de enfermidade man-pé-boca nun bebé de 11 meses.
DiseasesDB5622
MedlinePlus000965
eMedicinederm/175
MeSHD006232
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Epidemioloxía

editar

Ataca especialmente aos nenos que empezan a andar, aínda que pode aparecer a calquera idade. Isto ocorre particularmente cando fai calor, normalmente no verán ou a principios do outono.

As mulleres embarazadas deben evitar exporse á febre aftosa, xa que esta pode causar unha infección viral máis grave no neno que aínda non naceu e, con ela, posibles defectos de nacemento. Con todo o risco é pequeno.

Signos e síntomas

editar

Os síntomas da febre aftosa empezan de tres a seis días despois de estar exposto a ela e, inicialmente, son:

  • Febre baixa (de 37,5 a 39 °C).
  • Perda de apetito.
  • Dor na boca.
  • Sentimento de enfermidade non localizada.

Pasados un par de días, empezan a aparecer bochas pequenas pero de aspecto normal. Estas poden variar de tamaño, desde 2 a 4 mm. Ditas bochas están rodeadas dunha área pequena de coloración avermellada.

Aparecen xeralmente:

  • Na boca, formando algunhas ulceracións pouco profundas e dolorosas.
  • Nas palmas das mans e nas plantas dos pés, na maioría dos nenos en idade preescolar e nun dez por cento dos adultos.
  • Con menos frecuencia, nas nádegas, na parte superior dos brazos e das pernas ou nos xenitais.

Tratamento

editar

Non existe tratamento específico para a enfermidade de mans, pés e boca. Síntomas individuais, como a febre ou a dor das bochas (pel) poden ser aliviados co uso de medicamentos, aínda que a maioría das bochas desaparecen sen ulcerarse, romper ou deixar cicatrices. A febre aftosa é unha enfermidade viral que ten que seguir o seu curso; moitos doutores non recetan medicamentos, a menos que a infección sexa severa. É usualmente recomendable que ao neno afectado se lle deixe repousar en casa ata que a infección ceda. Os redutores de febre axudarán a controlar as altas temperaturas. Baños mornos tamén serven para baixar a temperatura. O único medicamento recomendado é o paracetamol.

Só unha pequena minoría dos pacientes require atención de hospital, principalmente produto de complicacións neurolóxicas, tal como a encefalite, a meninxite, os edemas agudos de pulmón ou as hemorraxias pulmonares.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 2