Felix Finkbeiner
Felix Finkbeiner, nado o 8 de outubro de 1997, é un ecoloxista alemán, fundador da iniciativa Plant-for-the-Planet.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Felix Maximilian Finkbeiner 8 de outubro de 1997 (27 anos) Múnic, Alemaña |
Residencia | Pähl (pt) |
Educación | Escola de estudos orientais e africanos - relacións internacionais (–2018) ETH Zürich - Q2492029 (2018–) Munich International School (en) (–2015) Universidade de Londres |
Actividade | |
Campo de traballo | Florestamento (pt) e sustainable business (en) |
Ocupación | conservacionista, escritor de non ficción, blogueiro |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Frithjof Finkbeiner |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Freie Presse (en) Stern (pt) Bayerischer Rundfunk (en) |
Sitio web | plant-for-the-planet.org… |
Traxectoria
editarFillo do empresario e membro do Club de Roma Frithjof Finkbeiner e da enxeñeira téxtil Karolin Finkbeiner, Felix creceu nas cidades bávaras de Pähl e Uffing am Staffelsee. Estudou na Escola Internacional de Múnic desde cuarto curso até a súa gradación en 2015. Despois de vivir tres anos en Londres, graduouse en relacións internacionais pola Escola de Estudos Orientais e Africanos en 2018. Desde setembro do mesmo ano é estudante de doutoramento en ciencias ambientais na Escola Politécnica Federal de Zúrich.[1]
En xaneiro de 2007, cando contaba con tan só nove anos, Finkbeiner deu en clase unha presentación sobre o quecemento global, en cuxo transcurso suxeriu aos seus compañeiros esparexer a iniciativa de que os nenos do mundo plantasen un millón de árbores en cada país. Finkbeiner e os seus compañeiros decidiron poñelo en práctica plantando a primeira árbore o 28 de marzo de 2007, ao que seguiu o lanzamento oficial de Plant-for-the-Planet. Tras tres anos, a iniciativa completou o seu primeiro millón.[2] Felix foi convidado a falar no Parlamento Europeo con 10 anos e na Asemblea Xeral das Nacións Unidas con 13.[3]
Recoñecementos
editar- 2009: Medalla do estado de Baviera por méritos ecoloxistas.[4]
- 2011: Declarado por The Guardian como un dos seus 20 Xigantes Verdes.[5]
- 2011: Declarado pola revista Focus como un dos 100 alemáns máis influentes.[6]
- 2013: Premio Cultural Cidadán do Parlamento de Baviera.[7]
- 2014: Premio Cultural Alemán[8]
- 2015: Europeo do Ano segundo Reader's Digest.[9]
- 2016: Declarado pola Cámara Júnior Internacional como un dos Dez Mozos Máis Destacados do Mundo.[10]
- 2018: Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, concedida polo presidente de Alemaña Frank-Walter Steinmeier.[11]
- 2018: Premio da revista Focus á persoa máis influente dos últimos 25 anos.[12]
Notas
editar- ↑ "Meet the Lab". Crowther Lab. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2018. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ A million trees and counting - German boy activist fights climate change Deutsche Welle, 21 de xuño de 2010.
- ↑ Wipfelstürmer Süddeutsche Zeitung, 9 de marzo de 2018.
- ↑ "Laudatio zur Verleihung der Bayerischen Staatsmedaille für Verdienste um die Umwelt 2009". Bayerisches Staatsministerium für Umwelt und Verbraucherschutz. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ Green giants: the eco power list The Guardian, 16 de xaneiro de 2011.
- ↑ Die Hundert Einflussreichsten Deutschen, Focus, outubro de 2011
- ↑ "Gewinner des Bürgerkulturpreises 2013 stehen fest - Landtag zeichnet neun Projekte aus ganz Bayern aus". Bayerischer Landtag. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ "Deutscher Kulturpreis: Kardinal und 16-jähriger Umweltaktivist geehrt". Bayerisches Staatsministerium für Unterricht und Kultus. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2018. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ 1000 Milliarden Bäume für unsere Zukunft: Das Magazin Reader's Digest zeichnet den 17-jährigen Zukunfts-Aktivisten Felix Finkbeiner als "Europäer des Jahres 2015" aus, 20 de xaneiro de 2015
- ↑ "Announcing the 2016 JCI TOYP Honorees". JCI. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2018. Consultado o 13 de setembro de 2018.
- ↑ Steinmeier verleiht Felix Finkbeiner das Bundesverdienstkreuz Arquivado 22 de abril de 2019 en Wayback Machine. Bayerischer Rundfunk, 22 de maio de 2018.
- ↑ Das Ranking der Entscheider, Focus, decembro de 2018