Este artigo trata sobre a oxidación do ferro, para as doenzas das plantas provocadas por fungos do xénero "Puccinia", véxase artigo ferruxe (botánica).

A ferruxe é o resultado da oxidación do ferro. Este metal en contacto co osíxeno presente na auga e no ar oxídase e desta reacción xorde a ferruxe que deteriora pouco a pouco o material orixinal.

Vagóns dun tren abandonado sendo deteriorados pola ferruxe
Alicate enferruxado.

Para evitar que as máquinas, ferramentas e demais obxectos feitos de ferro se decompoñan por causa da oxidación cómpre evitar que entren en contacto co osíxeno, o que se pode conseguir cubrindo a superficie de ferro con pintura, aceite ou outras substancias lubrificantes, ou tamén por medio da mestura con metais de sacrificio.

Reacción de oxidación e redución

editar

Na formación da ferruxe ocorre a oxidación do ferro e redución do osíxeno. A suma das dúas ecuacións leva á ecuación xeral da formación da ferruxe:

Fe(s) → Fe2+ + 2e- (oxidación do ferro)
O2 + 2H2O + 4e- → 4OH- (redución do osíxeno)
2Fe + O2 + 2H2O → 2Fe(OH)2 (ecuación xeral da formación da ferruxe)

Xeralmente o Fe(OH)2 (hidróxido de ferro II) é oxidado a Fe(OH)3 (hidróxido de ferro III), que é moitas veces representado por Fe2O3 . 3H2O. A presenza de ións en contacto co ferro facilita a súa oxidación, por iso en rexións litorais (o ar contén maior concentración de sales) a ferruxe aparece con maior frecuencia.

Metal de sacrificio

editar

É algún metal con menor potencial de redución que o ferro. Xeralmente é usado o zinc, que ten maior tendencia a perder electróns que o ferro (o zinc oxidarase no lugar do ferro).

Véxase tamén

editar
  NODES
todo 1