Festival de Eurovisión 2012
O LVII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse os días 22, 24 e 26 de maio de 2012 na cidade de Bakú, Acerbaixán tras a vitoria deste país na edición de 2011.[5]
Festival de Eurovisión 2012 | |
---|---|
Datas | |
Semi-final 1 | 22 de maio |
Semi-final 2 | 24 de maio |
Final | 26 de maio |
Anfitrión | |
Lugar | Baku Crystal Hall Baku, Acerbaixán |
Presentador(es) | Leyla Aliyeva, Nargiz Birk-Petersen e Eldar Gasimov.[1][2] |
Supervisor executivo | Jon Ola Sand |
Televisión anfitrioa | İctimai TV |
Participantes | |
Participantes | 42 |
Países que retornan | Montenegro |
Países que se retiran | Armenia[3] Polonia[4] |
Mapa
| |
Votacións | |
Canción gañadora | "Euphoria", Loreen |
Festival de Eurovisión | |
◄2011 2013► |
A gañadora desta edición foi Loreen, representante de Suecia, que obtivo 372 puntos polo seu tema Euphoria, conseguindo o segundo lugar histórico en canto a cantidade de puntos. O podio completárono Rusia, con 259 puntos, e o terceiro lugar foi para Serbia con 214 puntos. O país anfitrión, Acerbaixán, chegou ata a 4ª posición con 150 puntos, e Albania logrou a 5° posición con 146 puntos, o seu mellor resultado histórico. Cabe destacar que 3 dos Big Five colocáronse no Top 10: Alemaña, Italia e España, conseguindo as posicións 8ª, 9ª e 10ª respectivamente.
Festival
editarSemifinais
editarA primeira semifinal realizouse o 22 de maio de 2012 e a segunda o 24 de maio de 2012. 36 países tiveron que pasar polas semifinais, polo que en cada unha delas participaron 18 países, clasificándose 10 en cada unha delas.[6] O 25 de xaneiro de 2012, por sorteo, determinouse en que final participaría cada país. A orde de actuación de cada semifinal decidiuse igualmente por sorteo o 20 de marzo dese ano.[7]
Semifinal 1
editarA primeira semifinal do Festival de Eurovisión 2012, celebrouse o martes 22 de maio. Dez países, dun total de dezaoito que participaban nela, pasaron á final do sábado.[8] Un total de 21 países tiveron dereito a voto nesta semifinal, incluíndo a Acerbaixán, España e Italia, que como membros do Big Five xa estaban clasificados á final.
Nº | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
01 | Montenegro | Rambo Amadeus | Euro neuro | 15 | 20 |
02 | Islandia | Gréta Salóme & Jónsi | Never forget | 8 | 75 |
03 | Grecia | Eleftheria Eleftheriou | Aphrodisiac | 4 | 116 |
04 | Letonia | Anmary | Beautiful song | 16 | 17 |
05 | Albania | Rona Nishliu | Suus | 2 | 146 |
06 | Romanía | Mandinga | Zaleilah | 3 | 120 |
07 | Suíza | Sinplus | Unbreakable | 11 | 45 |
08 | Bélxica | Iris | Would you? | 17 | 16 |
09 | Finlandia | Pernilla Karlsson | När jag blundar | 12 | 41 |
10 | Israel | Izabo | Time | 13 | 33 |
11 | San Marino | Valentina Monetta | The social network song (oh oh-uh-oh oh) | 14 | 31 |
12 | Chipre | Ivi Adamou | La La Love | 7 | 91 |
13 | Dinamarca | Soluna Samay | Should've known better | 9 | 63 |
14 | Rusia | Buránovskiye Bábushki | Party for everybody | 1 | 152 |
15 | Hungría | Compact Disco | Sound of our hearts | 10 | 52 |
16 | Austria | Trackshittaz | Woki mit deim Popo | 18 | 8 |
17 | Moldova | Pasha Parfeny | Lăutar | 5 | 100 |
18 | Irlanda | Jedward | Waterline | 6 | 92 |
Semifinal 2
editarA segunda semifinal tivo lugar o xoves 24 de maio. Participaron dezaoito países dos cales dez pasaron á final. Un total de 21 países tiveron dereito a voto, incluíndo a Alemaña, Francia e o Reino Unido, que xa estaban clasificados na final.
Nº | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Pts. |
---|---|---|---|---|---|
01 | Serbia | Željko Joksimović | Nije ljubav stvar | 2 | 159 |
02 | República de Macedonia | Kaliopi | Crno i belo | 9 | 53 |
03 | Países Baixos | Joan Franka | You and me | 15 | 35 |
04 | Malta | Kurt Calleja | This is the night | 7 | 70 |
05 | Belarús | Litesound | We are the heroes | 16 | 35 |
06 | Portugal | Filipa Sousa | Vida minha | 13 | 39 |
07 | Ucraína | Gaitana | Be my guest | 8 | 64 |
08 | Bulgaria | Sofi Marinova | Love unlimited | 11 | 45 |
09 | Eslovenia | Eva Boto | Verjamem | 17 | 31 |
10 | Croacia | Nina Badrić | Nebo | 12 | 42 |
11 | Suecia | Loreen | Euphoria | 1 | 181 |
12 | Xeorxia | Anri Jokhadze | I'm a joker | 14 | 36 |
13 | Turquía | Can Bonomo | Love me back | 5 | 80 |
14 | Estonia | Ott Lepland | Kuula | 4 | 100 |
15 | Eslovaquia | Max Jason Mai | Don't close your eyes | 18 | 22 |
16 | Noruega | Tooji | Stay | 10 | 45 |
17 | Bosnia e Hercegovina | Maya Sar | Korake ti znam | 6 | 77 |
18 | Lituania | Donny Montell | Love is blind | 3 | 104 |
Final
editarA final do Festival celebrouse o sábado 26 de maio no Baku Crystal Hall de Bakú, Acerbaixán ás 21:00 horas CET. O dúo ganador anterior de Eldar Gasimov/Nigar Jamal abriu o festival interpretando "Running Scared". Tras isto, deuse paso á presentación dos 26 finalistas, récord desde a instauración das semifinais, compostos polos 6 clasificados directos (Acerbaixán, e o Big Five),[6] 10 clasificados da primeira semifinal e 10 clasificados da segunda semifinal.[6]
Trala actuación dos 26 finalistas, comezaron os 15 minutos das votacións, como resultado do cambio que a UER realizou respecto ao tempo de votación, sendo agora imposible votar durante as actuacións. Durante o tempo de votación e reconto dos votos, no recinto anfitrión procedeuse á actuación do cantante local Emin Agalarov.
Desde o inicio das votacións, Suecia, Rusia, Serbia e Albania comezaron a recibir a maior cantidade de votos, levándoos rapidamente ás primeiras posicións. Trala votación, e con moita anticipación, Suecia converteuse na gañadora da edición con 372 puntos. Destacou a posición de tres países do Big Five no top 10, Alemaña, Italia e España, acadando os postos 8º, 9º e 10º respectivamente.
Nº | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Pts. |
---|---|---|---|---|---|
01 | Reino Unido | Engelbert Humperdinck | Love Will Set You Free | 25 | 12 |
02 | Hungría | Compact Disco | Sound Of Our Hearts | 24 | 19 |
03 | Albania | Rona Nishliu | Suus | 5 | 146 |
04 | Lituania | Donny Montell | Love Is Blind | 14 | 70 |
05 | Bosnia e Hercegovina | Maya Sar | Korake Ti Znam | 18 | 55 |
06 | Rusia | Buránovskiye Bábushki | Party For Everybody | 2 | 259 |
07 | Islandia | Gréta Salóme & Jónsi | Never Forget | 20 | 46 |
08 | Chipre | Ivi Adamou | La La Love | 16 | 65 |
09 | Francia | Anggun | Echo (You and I) | 22 | 21 |
10 | Italia | Nina Zilli | L'amore è Femmina (Out Of Love) | 9 | 101 |
11 | Estonia | Ott Lepland | Kuula | 6 | 120 |
12 | Noruega | Tooji | Stay | 26 | 7 |
13 | Acerbaixán | Sabina Babayeva | When The Music Dies | 4 | 150 |
14 | Romanía | Mandinga | Zaleilah | 12 | 71 |
15 | Dinamarca | Soluna Samay | Should've Known Better | 23 | 21 |
16 | Grecia | Eleftheria Eleftheriou | Aphrodisiac | 17 | 64 |
17 | Suecia | Loreen | Euphoria | 1 | 372 |
18 | Turquía | Can Bonomo | Love Me Back | 7 | 112 |
19 | España | Pastora Soler | Quédate conmigo | 10 | 97 |
20 | Alemaña | Roman Lob | Standing Still | 8 | 110 |
21 | Malta | Kurt Calleja | This Is The Night | 21 | 41 |
22 | República de Macedonia | Kaliopi | Crno i Belo | 13 | 71 |
23 | Irlanda | Jedward | Waterline | 19 | 46 |
24 | Serbia | Željko Joksimović | Nije Ljubav Stvar | 3 | 214 |
25 | Ucraína | Gaitana | Be My Guest | 15 | 65 |
26 | Moldova | Pasha Parfeny | Lăutar | 11 | 81 |
Fonte: Festival de Eurovisión 2012 (www.eurovision-spain.com)Arquivado 16 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.
Votacións
editarMáximas puntuacións
editarTrala votación os países que recibiron 12 puntos na final foron:
N. | A | De |
---|---|---|
18 | Suecia | Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Eslovaquia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Hungría, Irlanda, Islandia, Israel, Letonia, Noruega, Países Baixos, Reino Unido, Rusia. |
4 | Albania | Italia, Macedonia do Norte, San Marino, Suíza |
4 | Acerbaixán | Lituania, Malta, Turquía, Ucraína |
4 | Serbia | Bulgaria, Croacia, Eslovenia, Montenegro |
2 | Chipre | Grecia, Suecia |
2 | Grecia | Albania, Chipre |
2 | Macedonia do Norte | Bosnia e Hercegovina, Serbia |
1 | España | Portugal |
1 | Moldova | Romanía |
1 | Lituania | Xeorxia |
1 | Rusia | Belarús |
1 | Romanía | Moldova |
1 | Turquía | Acerbaixán |
Notas
editar- ↑ "Eldar, Nargiz, Leyla to host Eurovision 2012" (en inglés). UER. 16 de abril de 2012.
- ↑ "Eurovision 2012 hosts announced:Leyla, Nargiz & Eldar" (en inglés). Oikotimes.com. 16 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2012. Consultado o 12 de febreiro de 2016.
- ↑ Jarmo Siim (7 de marzo de 2012). "Armenia withdraws from Eurovision 2012" (en inglés). Eurovision.tv.
- ↑ Dennis Van Eersel. "Poland: TVP withdraws from Eurovision 2012" (en inglés). ESCDaily.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2022. Consultado o 10 de abril de 2022.
- ↑ http://www.eurovision.tv/page/news?id=35383&_t=the_organisers_of_the_eurovision_song_contest_whats_up The organisers of the Eurovision Song Contest: what's up?
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Eurovisión 2012 contará con la participación de 43 países" (en español). Eurovision-Spain.com. 17 de xaneiro de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Results of the 2012 Running Order Draw!" (en inglés). eurovision.tv. 20 de marzo de 2012.
- ↑ "First Semi-Final concludes, we have ten finalists!" (en inglés). Eurovision.tv. 122-05-2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarPredecesor: Düsseldorf 2011 |
Festival de Eurovisión 2012 |
Sucesor: Malmö 2013 |