Fetichismo
O fetichismo, no plano relixioso, é unha crenza que atribúe a certos obxectos (tales como amuletos) poderes máxicos ou sobrenaturais que protexen as persoas das forzas naturais adversas. No plano sexual é unha parafilia que consiste na focalización do interese sexual nalgunha parte do corpo ou nun obxecto inanimado.[1]
Fetichismo sexual
editarO fetichismo sexual caracterízase por situar o interese erótico en obxectos pouco ou nada axeitados para a realización de actos sexuais xenitais. Trátase de obxectos inanimados que están en visible relación coa persoa sexual máis que co acto sexual. Esta condición de obxecto substitutivo levou a Sigmund Freud a enunciar a hipótese de que todo obxecto conscientemente sexual é xa o resultado dunha substitución. Freud clasifica o fetichismo entre as desviacións relativas ao fin sexual, máis concretamente entre as que supoñen unha fixación como fin sexual de aquilo que, segundo a xenitalidade, só é preliminar.[2]
O fetichismo sexual considérase unha práctica inofensiva, agás no caso de que provoque malestar clinicamente significativo ou problemas á persoa que o padece ou a terceiros. Nese caso pode chegar a considerarse un trastorno patolóxico.
Notas
editar- ↑ SARASON, B. (2006). Psicopatología: psicología anormal: el problema de la conducta inadaptada. Pearson Educación. ISBN 970-26-0841-4. (en castelán)
- ↑ GÓMEZ PIN, V. (1981). El psicoanálisis: justificación de Freud. Editorial Montesinos. ISBN 84-85859-16-2. (en castelán)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fetichismo |