FIAT (acrónimo de Fabbrica Italiana Automobili Torino), é unha empresa italiana adicada á fabricación de automóbiles, pertencente ó grupo industrial Fiat S.p.A . Fundouse en 1899, por un feixe de industriais torineses liderados por Giovanni Agnelli.[1] Desde 2021 é unha filial de Stellantis.

Fiat S.p.A.
Simply more

Editar o valor en Wikidata
TipoSociedade Anónima
Fundación1899
MatrizGrupo Fiat
LocalizaciónTorino, Italia Italia
FundadorGiovanni Agneli
Persoas claveOlivier François (Director)
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbil
Número de empregados15.307 (31 de decembro de 2011)
Na rede
https://www.fiat.com/
Facebook: Fiat Twitter: fiat Youtube: UC_nBvBIV0K6P5C3tA27Hwrg Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Na primeira factoría localizouse en Corso Dante sobre 10.000 m2 na que traballaron 50 obreiros[1], fabricou o seu primeiro automóbil en 1899, chamándose o modelo Fiat 3½ HP. Na primeira década do século XX a empresa espalla as súas actividades comezando a fabricar camións, tranvías, motores mariños etc. En 1908 saíu o modelo Fiat 1 Fiabre, feito para ser taxi, e exportado a cidades como Londres, París ou Nova York. Os Fiat da década de 1910 gañaron moitas carreiras polo mundo enteiro, dende España ós Estados Unidos ou a Arxentina. O Fiat 300 HP Record, feito en 1911, tiña 250 cabalos de potencia, e foi construído para bate-lo récord de velocidade daquel entón, chegando ós 290 km/h.

Na primeira guerra mundial Fiat fabricou o seu modelo Fiat 501 para o exército italiano, e unha vez rematada a guerra, sacou unha nova versión deste modelo para uso civil, da que se venderon mais de 40.000 unidades. Trala visita de Giovanni Agnelli ás fábricas de Ford en América, o fundador de Fiat decidiu construír unha nova factoría na que se traballase do mesmo xeito que nas factorías de Henry Ford.

En 1931 Fiat comprou a empresa española Hispano-Suiza, e na súa factoría de Guadalaxara comezou a producirse o Fiat 514. As instalacións foron desfeitas na guerra civil e nunca mais foron reconstruídas.

En 1932 saíu ó mercado o modelo Fiat 508 Balilla que vai vender 110.000 unidades, pero eses números foron superados polo novo modelo Fiat 500 Topolino que saíu en 1936, e que nas seguintes 2 décadas vendeu mais de 500.000 unidades.

Co comezo da segunda guerra mundial o proceso produtivo de Fiat cambiou totalmente, pasando a fabricarse tan só vehículos de transporte para o exército, nunhas instalacións que recibían moitos bombardeos.

Tralo remate da guerra morre o fundador da empresa, unha empresa que estaba parada e desfeita polas bombas. O Plan Marshall axudou a reconstruír as factorías, e comezou a fabricarse de novo o Topolino. Uns anos despois, en 1955, naceu o Fiat 600, un modelo histórico que acadou o seu obxectivo de motorizar en masa ós italianos.

Fiat acadou o recoñecemento Coche do Ano en Europa 9 veces (1967, 1970, 1972, 1984, 1989, 1995, 1996, 2004 e 2008), cos modelos 124, 128, 127, Uno, Tipo, Punto, Bravo, Panda e 500, sendo o fabricante que máis veces recolleu ese premio.

En 1966, foi a primeira marca automobilística en construír unha factoría na antiga URSS, na localidade de Togliattigrad[2], nas beiras do Volga, no oblast de Samara: tras un acordo comercial, creouse AutoVaz (Volzhski Avtomobilny Zavod: Fábrica de Automóbiles Volga).

Outras actividades

editar

Aviación e motocicletas

editar

Fiat, como Fiat Aviazione, foi un importante construtor aeronáutico, centrado principalmente na aviación militar. Despois da primeira guerra mundial, Fiat consolidou a varios pequenos fabricantes de avións italianos, como Pomilio e Ansaldo. As aeronaves máis famosas de Fiat foron os cazas biplanos dos anos 30 Fiat CR.32 e Fiat CR.42. Outros deseños notables foron os cazas CR.20, G.50 e G.55, o hidroavión Fiat RS.14 e o bombardeiro Fiat BR.20. Nos anos 50 a compañía deseñou o avión de ataque a terra lixeiro G.91. En 1969 Fiat Aviazione fusionouse con Aerfer para formar Aeritalia.

En 1959 Piaggio pasou ás mans da familia Agnelli. En 1964 as divisións aeronáutica e de motocicletas separáronse para converterse en compañías independentes. A aeronáutica chamouse IAM Rinaldo Piaggio. Na actualidade a compañía aeronáutica Piaggio Aero está controlada pola familia de Piero Ferrari, que tamén posúe o 10% do construtor de coches Ferrari.

A división de motociclestas, Vespa, prosperou ata 1992, cando Giovanni Alberto Agnelli converteuse en CEO (aínda que tiña un cancro e morreu en 1997). En 1999 Morgan Grenfell Private Equity mercaría Piaggio.

Galería

editar

Modelos históricos

editar

Modelos actuais

editar
  1. 1,0 1,1 Las sociedades multinacionales. Col. EMA (Enclopedia del Mundo Actual), nº 4. Barcelona: Noguer. 1977. pp. 110–111. ISBN 84-279-1305-2. 
  2. Agliastro, Giuseppe. "'Togliattigrad' mon amour". ansa.it. Consultado o 11-09-2017. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 1
multimedia 1
os 49
todo 1