Estrutura cristalográfica dun fragmento de fibrina humana.[1]
Identificadores
Símbolo FGA
Entrez 2243
HUGO 3661
OMIM

134820

RefSeq NM_000508
UniProt P02671
Outros datos
Locus Cr. 4 q28
Identificadores
Símbolo FGB
Entrez 2244
HUGO 3662
OMIM

134830

RefSeq NM_005141
UniProt P02675
Outros datos
Locus Cr. 4 q28
Identificadores
Símbolo FGG
Entrez 2266
HUGO 3694
OMIM

134850

RefSeq NM_021870
UniProt P02679
Outros datos
Locus Cr. 4 q28
estrutura cristalina do fibrinóxeno nativo de polo con dous ligandos diferentes
Fibrinóxeno alfa/familia da cadea beta
Identificadores
Símbolo Fib_alpha
Outros datos
Fibrinóxeno alfa dominio C
Identificadores
Símbolo Fibrinogen_aC
Outros datos
estrutura cristalina de fibrinóxeno nativo de polo con dous ligandos diferentes
Cadeas beta e gamma do fibrinóxeno, dominio globular C-terminal
Identificadores
Símbolo Fibrinogen_C
Outros datos

O fibrinóxeno (ou factor I de coagulación) é unha glicoproteína soluble do plasma, sintetizada no fígado, que se converte en fibrina pola acción da trombina durante a coagulación do sangue.

Esta transformación ten lugar na cascada de coagulación que activa a protrombina (un cimóxeno) en trombina (unha serina protease), que é responsable de converter o fibrinóxeno en fibrina. A fibrina establece despois enlaces cruzados co factor XIII para formar o coágulo. O FXIIIa estabiliza a fibrina ademais pola incorporación dos inhibidores da fibrinólise alfa-2-antiplasmina e TAFI (inhibidor da fibrinólise activable pola trombina), e unindo diversas proteínas de adhesión de varias células.[2] Tanto a activación do factor XIII pola trombina coma o activador do plasminóxeno (t-PA) son catalizadas pola fibrina.[2] A fibrina únese especificamente aos factores de coagulación activados factor Xa e á trombina e atrápaos na rede de fibras, funcionando así como un inhibidor temporal destes encimas, que permanecen activos e poden liberarse durante a fibrinólise.[3] Investigacións recentes mostraron que a fibrina pode intervir na resposta inflamatoria e no desenvolvemento da artrite reumatoide.[4]

Fisioloxía

editar

O fibrinóxeno é a principal proteína da coagulación do sangue nos vertebrados. É unha glicoproteína de 340 kDa sintetizada no fígado polos hepatocitos. A súa concentración no plasma sanguíneo é de 1,5-4,0 g/L (normalmente medido usando o método de Clauss) ou arredor de 7 µM. Na súa forma natural, o fibrinóxeno pode formar pontes entre as plaquetas, uníndose ás súas proteínas da superficie da membrana GpIIb/IIIa; porén a súa principal función é a de ser precursor da fibrina.

O fibrinóxeno é un hexámero que contén dous conxuntos de tres cadeas distintas (α, β, e γ), unidas unhas a outras por pontes disulfuro. As seccións N-terminais destas tres cadeas conteñen as cisteínas que participan nos enlaces entre as cadeas. As rexións C-terminais das cadeas α, β e γ conteñen un dominio de aproximadamente 225 aminoácidos, que pode funcionar como unha unidade de recoñecemento molecular. No fibrinóxeno igual que na anxiopoetina, este dominio está implicado en interaccións proteína-proteína. Nas lectinas, como nas ficolinas de mamíferos e na taquilectina 5A de invertebrados, o dominio C-terminal do fibrinóxeno únese a carbohidratos. Nas cadeas α e β do fibrinóxeno hai unha pequena secuencia peptídica (chamada fibrinopéptido). Estes pequenos péptidos son os que impiden que o fibrinóxeno forme espontaneamente polímeros consigo mesmo.[5]

A conversión do fibrinóxeno a fibrina ten lugar en varias fases. Primeiro, a trombina corta o extremo N-terminal das cadeas alfa e beta do fibrinóxeno formando os fibrinopéptidos A e B respectivamente.[6] Os monómeros de fibrina resultantes polimerízanse extremo con extremo para producir protofibrilas, que á súa vez se asocian lateralmente para formar fibras de fibrina.[7] No paso final, as fibras de fibrina asócianse par formar o xel de fibrina.[8]

Deficiencia de fibrinóxeno

editar

A deficiencia conxénita (afibrinoxenemia) ou os trastornos na función do fibrinóxeno son pouco comúns.[9]

Pode orixinar hemorraxias ou complicacións tromboembólicas, ou non producir complicacións patolóxicas. Comunmente a deficiencia adquirida pode detectarse en probas de laboratorio no plasma ou no sangue completo por medio dunha trombelastometría.[10] A deficiencia adquirida pode observarse en pacientes que sufriron traumatismos con hemodilución e perda de sangue, durante algunhas fases da coagulación intravascular diseminada, e tamén na sepse. En pacientes con deficiencia de fibrinóxeno, a detención das hemorraxias é posible por infusión de plasma conxelado fresco, crioprecipitado (unha fracción do plasma rica en fibrinóxeno) ou de concentrados de fibrinóxeno. Hai crecentes evidencias de que a corrección da deficiencia de fibrinóxeno ou dos trastornos de polimerización do fibrinóxeno é moi importante en pacientes con hemorraxias.[11]

Uso para o diagnóstico

editar

Os niveis de fibrinóxeno poden medirse no sangue venoso. Os niveis normais son de 1,5-3 g/L, dependendo do método usado. En circunstancias normais, o fibrinóxeno mídese en mostras de plasma citratado no laboratorio; porén, é tamén posible a análise de mostras de sangue completo para o seu uso en trombelastometría (a función das plaquetas é inhibida con citocalasina D).[10] Os niveis elevados están asociados, entre outras cousas a enfermidades cardiovasculares (>3,43 g/L). Poden estar elevados en calquera forma de inflamación; por exemplo, é especialmente evidente no tecido xinxival humano en casos de periodontite en fase inicial.[12] Os niveis de fibrinóxeno increméntanse no embarazo a unha media de 4,5 g/L, comparados coa media de 3 g/L das persoas que non están preñadas.[13]

Utilízase en veterinaria como un marcador de inflamación. Nos cabalos un nivel por riba do rango normal de 1,0-4,0 g/L suxire algún grao de resposta inflamatoria sistémica.

Niveis baixos de fibrinóxeno poden indicar unha activación sistémica do sistema de coagulación, cun consumo de factores de coagulación máis rápido que a súa síntese. Esta condición con excesivo consumo de factores de coagulación coñécese como coagulación intravascular diseminada (CID ou "DIC"), a cal pode ser difícil de diagnosticar, pero un forte indicio son os niveis de fibrinóxeno baixos, e tempos de coagulación prolongados (tempo de protrombina ou tempo de tromboplastina parcial), no contexto de enfermidades agudas críticas como sepse ou traumas. Ademais do nivel de fibrinóxeno baixo, os trastornos na polimerización da fibrina, que poden ser inducidos por varios factores, poden tamén causar problemas graves de hemorraxias.[10] Os trastornos na polimerización da fibrina poden detectarse por métodos viscoelásticos como a trombelastometría.[10]

  1. PDB 1FZC; Everse SJ, Spraggon G, Veerapandian L, Riley M, Doolittle RF (1998). "Crystal structure of fragment double-D from human fibrin with two different bound ligands". Biochemistry 37 (24): 8637–42. PMID 9628725. doi:10.1021/bi9804129. 
  2. 2,0 2,1 Muszbek L, Bagoly Z, Bereczky Z, Katona E (2008). "The involvement of blood coagulation factor XIII in fibrinolysis and thrombosis". Cardiovascular & Hematological Agents in Medicinal Chemistry 6 (3): 190–205. PMID 18673233. doi:10.2174/187152508784871990. 
  3. Kaiser B (2003). "DX-9065a, a direct inhibitor of factor Xa". Cardiovascular Drug Reviews 21 (2): 91–104. PMID 12847561. doi:10.1111/j.1527-3466.2003.tb00108.x. 
  4. Gilliam BE; Reed, Melinda R; Chauhan, Anil K; Dehlendorf, Amanda B; Moore, Terry L (2011). "Evidence of Fibrinogen as a _target of Citrullination in IgM Rheumatoid Factor-Positive Polyarticular Juvenile Idiopathic Arthritis". Pediatric Rheumatology 9 (8): xx–xx. ISSN 1546-0096. PMC 3071779. PMID 21439056. doi:10.1186/1546-0096-9-8. 
  5. PDOC00445 Arquivado 09 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. Fibrinogen C-terminal domain in PROSITE
  6. Blombäck B, Hessel B, Hogg D, Therkildsen L (1978). "A two-step fibrinogen--fibrin transition in blood coagulation". Nature 275 (5680): 501–5. PMID 692730. doi:10.1038/275501a0. 
  7. Hermans J, McDonagh J (1982). "Fibrin: structure and interactions". Semin. Thromb. Hemost. 8 (1): 11–24. PMID 7036348. doi:10.1055/s-2007-1005039. 
  8. Lorand L, Credo RB (1977). "hrombin and fibrin stabilization". En Mann KG, Lundblad RL, Fenton J. Chemistry and Biology of Thrombin. Ann Arbor, Mich: Ann Arbor Science Publishers. pp. 311–323. ISBN 0-250-40160-6. 
  9. Acharya SS, Dimichele DM (2008). "Rare inherited disorders of fibrinogen". Haemophilia : the Official Journal of the World Federation of Hemophilia 14 (6): 1151–8. PMID 19141154. doi:10.1111/j.1365-2516.2008.01831.x. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Lang T, Johanning K, Metzler H, Piepenbrock S, Solomon C, Rahe-Meyer N, Tanaka KA (2009). "The effects of fibrinogen levels on thromboelastometric variables in the presence of thrombocytopenia". Anesthesia and Analgesia 108 (3): 751–8. PMID 19224779. doi:10.1213/ane.0b013e3181966675. 
  11. Fries D, Innerhofer P, Schobersberger W (2009). "Time for changing coagulation management in trauma-related massive bleeding". Current Opinion in Anaesthesiology 22 (2): 267–74. PMID 19390253. doi:10.1097/ACO.0b013e32832678d9. 
  12. Page RC, Schroeder HE (1976). "Pathogenesis of inflammatory periodontal disease. A summary of current work". Lab. Invest. 34 (3): 235–49. PMID 765622. 
  13. Page 5 Arquivado 12 de xuño de 2016 en Wayback Machine. in: Title: Medical and Surgical Diagnostic Disorders in Pregnancy. Author: Salvi. Publisher: Jaypee Brothers Publishers, 2003. ISBN 818061090X, 9788180610905

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 4