Floris III de Holanda
Floris III de Holanda, nado en 1141 e finado en Antioquía o 1 de agosto de 1190, foi conde de Holanda desde 1157 ata 1190.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1141 valor descoñecido |
Morte | 1 de agosto de 1190 (48/49 anos) Antioquía do Orontes, Turquía |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | House of Holland (en) |
Cónxuxe | Ada de Huntingdon (1162 (Gregoriano)–) |
Fillos | Agnes van Hollant, Florence of Holland, Ada of Holland, Dirk VII, Count of Holland, Margareta van Hollant, Guilherme I, Conde da Holanda, Boudewijn |
Pais | Teodorico VI, Conde da Holanda e Sophia of Rheineck |
Irmáns | Otto, Count of Bentheim Baldwin II van Holland Dirk I |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Traxectoria
editarFloris era fillo de Dirk VI de Holanda e Sofía de Luxemburgo, condesa de Bentheim. Casou o 28 de setembro de 1162 con Ada de Huntingdon, filla de Henrique de Escocia e irmá do rei Guillerme I de Escocia. Como vasalo do emperador Frederico I acompañouno en dúas expedicións a Italia, en 1158 e en 1176-1178. En agradecemento o emperador integrouno na nobreza imperial e deulle os dereitos de peaxe sobre Geervliet, que os condes de Holanda xa viñan realizando, ilegalmente, desde o século XI.
O conde Filipe de Flandres ambicionaba Zelandia e a guerra estoupou entre Flandres e Holanda, os flamengos capturaron a Floris en Bruxas e aceptou a preminencia flamenga en Zelandia en troques da súa liberación en 11167. Durante o seu reinado tamén tivo que facer fronte a unha revolta dos frisóns occidentais. En 1170 un asolagamento devastou o norte, axudando a formar o Zuiderzee.
En 1189 Floris acompañou a Frederick Barbaroxa na Terceira Cruzada. Morreu en 1190 en Antioquía por unha peste e alí foi soterrado.