Folosa de Basora

Folosa de Basora disecada.
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Acrocephalidae
Xénero: Acrocephalus
Especie: A. griseldis
Nome binomial
Acrocephalus griseldis
(Hartlaub, 1891)

A folosa de Basora[2], ou fulepa de Basora,[3] (Acrocephalus griseldis) é unha é unha ave da familia dos sílvidos (Sylviidae) e do xénero Acrocephalus. Actualmente está en perigo de extinción.

Descrición

editar

É moi semellante á folosa grande, da que a diferencian o tamaño, algo menor, a parte inferior do corpo branca e o bico, que é máis estreito, máis longo e máis afiado.

Distribución e hábitat

editar

Cría no leste de Iraq e, segundo se soubo recentemente[4] en Israel, en áreas húmidas con abundancia de papiros e canavais. Pasan o inverno no leste de África. Viven entre a vexetación acuática ou ó redor de zonas de auga, corrente ou estancada, en xeral entre o canaval mesto. Durante a viaxe migratoria descansan entre o mato.

O seu canto semella o da folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus), pero é máis profundo.

O ano 2007 foi detectada a súa presenza como ave reprodutora no norte de Israel[5].

  1. BirdLife International (2012). "Acrocephalus griseldis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. A Chave (2024). Os nomes galegos das aves (5 ed.). A Chave. 
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 
  4. Avistamento en Basora Arquivado 14 de maio de 2010 en Wayback Machine., en birdlife.org (en inglés).
  5. Avistamento (en inglés).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 2
todo 1