Francesco Cossiga

Francesco Cossiga, nado en Sassari o 26 de xullo de 1928 e finado o 17 de agosto de 2010, foi un político sardo, que chegou a ser presidente da República italiana entre 1985 e 1992.

Modelo:BiografíaFrancesco Cossiga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xullo de 1928 Editar o valor en Wikidata
Sassari, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte17 de agosto de 2010 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Senador de Italia
29 de abril de 2008 – 17 de agosto de 2010
Lexislatura: 16th Legislature of Italy (en) Traducir
Senador vitalicio
28 de abril de 1992 – 17 de agosto de 2010 (finado no cargo)
Presidente de Italia
3 de xullo de 1985 – 28 de abril de 1992
← Sandro PertiniOscar Luigi Scalfaro →
Substitute President of Italy (en) Traducir
25 de xuño de 1985 – 3 de xullo de 1985
Presidente do Consello de Ministros de Italia
4 de abril de 1980 – 18 de outubro de 1980
← Francesco CossigaArnaldo Forlani →
Membro do gabinete: Cossiga II Cabinet (en) Traducir
Italian Minister of Foreign Affairs (en) Traducir
24 de novembro de 1979 – 20 de decembro de 1979
Membro do gabinete: Cossiga I Cabinet (en) Traducir
Presidente do Consello de Ministros de Italia
4 de agosto de 1979 – 4 de abril de 1980
← Giulio AndreottiFrancesco Cossiga →
Membro do gabinete: Cossiga I Cabinet (en) Traducir
Deputado da República Italiana
14 de xuño de 1979 – 11 de xullo de 1983
Lexislatura: 8th Legislature of Italy (en) Traducir
Ministro do Interior de Itália (pt) Traducir
13 de marzo de 1978 – 11 de maio de 1978
← Francesco CossigaGiulio Andreotti →
Membro do gabinete: Andreotti IV Cabinet (en) Traducir
Ministro do Interior de Itália (pt) Traducir
30 de xullo de 1976 – 13 de marzo de 1978
← Francesco CossigaFrancesco Cossiga →
Membro do gabinete: Andreotti III Cabinet (en) Traducir
Deputado da República Italiana
1 de xullo de 1976 – 19 de xuño de 1979
Lexislatura: 7th Legislature of Italy (en) Traducir
Ministro do Interior de Itália (pt) Traducir
12 de febreiro de 1976 – 30 de xullo de 1976
← Luigi GuiFrancesco Cossiga →
Membro do gabinete: Moro V Cabinet (en) Traducir
Q55200191 Traducir
23 de novembro de 1974 – 11 de febreiro de 1976
Membro do gabinete: Moro IV Cabinet (en) Traducir
Deputado da República Italiana
19 de maio de 1972 – 4 de xullo de 1976
Lexislatura: 6th Legislature of Italy (en) Traducir
Deputado da República Italiana
28 de maio de 1968 – 24 de maio de 1972
Lexislatura: 5th Legislature of Italy (en) Traducir
Deputado da República Italiana
8 de maio de 1963 – 4 de xuño de 1968
Lexislatura: 4th Legislature of Italy (en) Traducir
Deputado da República Italiana
3 de xuño de 1958 – 15 de maio de 1963
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónLiceo classico Domenico Alberto Azuni (en) Traducir
University of Sassari (en) Traducir
Universidade Católica do Sagrado Corazón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e dereito Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Roma
Sassari (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xurista, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversity of Sassari (en) Traducir (1951–1974) , nomeação ministerial (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoDemocracia Cristã (pt) Traducir (1945–) Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada Editar o valor en Wikidata
Rango militarCapitão de Fragata (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGiuseppa Sigurani (1960–1998), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosAnna Maria Cossiga, Giuseppe Cossiga Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX896008 Find a Grave: 57506742 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Mocidade

editar

Francesco Cossiga naceu nunha familia burguesa de Sassari en 1928. Estudante precoz, licenciouse en Dereito con só dezanove anos. Aos dezasete afiliouse á sección sassaresa da Democracia Cristiá e na Federación Universitaria Católica Italiana (FUCI), onde ocupou cargos de relevancia. Nos anos cincuenta, ao tempo que conseguía a súa cátedra de dereito constitucional, iniciou a súa carreira política dando un golpe de leme no control da Democracia Cristiá de Sardeña, no que se coñeceu co nome de giovani turchi (mozos turcos). En 1958 é elixido deputado e en 1966 pasou a desempeñar o cargo de subsecretario de estado de Defensa no terceiro goberno do democristián Aldo Moro. Dende novembro de 1974 a febreiro de 1976 foi ministro de Administracións públicas no cuarto goberno de Moro e o 12 de febreiro dese ano accede ao cargo de ministro de Interior.

No goberno

editar

Entre as súas actuacións como ministro de Interior figurou o envío de tropas blindadas para calmar os disturbios entre estudantes e forzas da orde en Boloña (1977), reformou os servizos secretos e creou corpos especiais para a policía e para os carabinieri. En marzo de 1978 as Brigade Rosse secuestran o presidente do goberno Aldo Moro, e Cossiga dirixe o gabinete de crise inicial. Tamén continúa no posto de ministro do interior baixo o cuarto e o quinto goberno de Giulio Anddreotti. Porén, cando aparece o cadáver de Moro na rúa Michelangelo Caetani de Roma, Cossiga dimite de todos os seus cargos.

O 4 de agosto de 1979 é nomeado presidente do goberno, cargo no que permanece 14 meses, ata outubro de 1980, cando se ve obrigado a dimitir tras filtrarse que axudara ao fillo dun amigo, perseguido por terrorismo, a escapar da policía. Despois dun tempo afastado da política, en 1983 é elixido senador, e seguidamente presidente do Senado.

Presidente da República

editar
 

En 1985 convértese no oitavo presidente da República Italiana, ao suceder a Sandro Pertini. Por primeira vez na historia chegaba ao cargo un presidente elixido na primeira volta polo parlamento (752 votos de 977 posibles): Cossiga recibiu os apoios da lóxica Democracia Cristiá, pero tamén do PSI, PCI, PRI, PLI, PSDI e Sinistra indipendente.

Se ben o seu primeiro mandato (1985-1989) foi discreto como correspondía ás funcións garantistas do cargo de presidente da República, no segundo período, entre 1989 e 1992, tivo un maior grao de intervención na vida política. Durante este segundo período, Cossiga viuse implicado en varias polémicas. A máis importante foi o seu envolvemento na trama Gladio, a rama italiana da rede de espionaxe Stay Behind Net, promovida pola CIA nos países da OTAN durante a guerra fría. Gladio, que tivo ao seu mando a Cossiga cando foi subsecretario de Defensa, espiou entre outras cousas as accións do Partido Comunista Italiano.

Dimitiu a dous meses de que rematase o seu mandato, en abril de 1992, e foi substituído temporalmente polo daquela presidente do Senado, Giovanni Spadolini.

Senador vitalicio

editar

O feito de ser presidente da República garántelle o paso ao posto de senador con carácter vitalicio. Nese momento, e durante a fonda crise que afecta a Democracia Cristiá, Cossiga impulsa en 1998 a creación dunha nova formación, a UDR coa intención de constituír unha alternativa de centro que agrupase as dispersas forzas dos democristiáns. A UDR consegue as adhesións dos Cristiáns Demócratas Unidos de Rocco Buttiglione e de Clemente Mastella, e tamén dunha escisión do Centro Cristián Democrático.

Cando Rifondazione comunista fai caer o primeiro goberno de Romano Prodi, Cossiga e a súa formación foron determinantes para que se puidese formar o primeiro goberno D'Alema. En 2000 a UDR disólvese e pasa a integrarse na UDEUR de Clemente Mastella, e Cossiga pasa a ocupar unha posición marxinal na escena política italiana. En 2002 anunciou a súa dimisión como senador vitalicio, se ben non chegou a presentala, anuncio que repetiu en 2005 sen tampouco levalo a termo. Colaborador de xornais, a súa máxima intervención política foi o apoio ao segundo goberno Prodi en 2006 e ao goberno Berlusconi en 2008, así como a presentación en 2006 dunha iniciativa lexislativa para a reforma das institucións políticas sardas e o recoñecemento dunha nación sarda.

Vida persoal

editar

Casado –obtivo a anulación polo Tribunal da Rota logo de 33 anos de matrimonio—, sufriu diversos períodos depresivos ao longo da súa carreira política[1]. O 9 de agosto de 2010 ingrésano cunha crise respiratoria, e morre o 17 de agosto ao sumárselle á insufficiencia respiratoria un episodio cardíaco[2]. Os funerais celebráronse en primeiro lugar na Basilica di San Carlo al Corso en Roma e despois na Igrexa de San Xosé, en Sassari, onde ademais foi soterrado, no camposanto monumental da cidade, non lonxe da campa doutro político democristián sardo, Antonio Segni.

Era radioafeccionado, e mantivo esta afección tamén cando vivía nas residencias oficiais do presidente do goberno e de presidente da República.

  • I diritti umani e la loro protezione. La convenzione europea, con Carlo Russo, Giuseppe Sperduti, Marc-Andre Eissen, Fausto Pocar, Roma, Società Italiana per la Organizzazione Internazionale, 1986.
  • Note sulla libertà di espatrio e di emigrazione. Sassari, 1953-Napoli, 1990. Nápoles: Università degli studi di Napoli Federico II, 1990.
  • Externator. Discorsi per una repubblica che non c'è. Milán: A. Mondadori, 1992.
  • Parola di Cossiga. Così il presidente ha parlato. Milán: Polypress, 1992.
  • Parole inutili (forse). Roma: Colombo, 1992.
  • Il torto e il diritto. Quasi un'autobiografia personale. Milán: A. Mondadori, 1993.
  • Pensieri in libertà. Ma secondo un criterio. Sei interviste. Roma: Colombo, 2000.
  • La passione e la politica. Milán: Rizzoli, 2000.
  • Francesco Cossiga (a cura di), Sir Thomas More, santo e martire. Patrono dei governanti e dei politici. Raccolta documentale, Roma: Colombo, 2001.
  • Discorso sulla giustizia. Macerata: Liberilibri, 2003.
  • La guerra versus l'Irak. Luci e ombre per un cattolico liberale. Lettera ad un giovane amico cattolico. Roma: Colombo, 2003.
  • Pensieri di un cristiano democratico per gli amici de Il circolo, ovvero Il discorso che non ho potuto pronunziare. Roma: Colombo, 2003.
  • Per carità di patria. Dodici anni di storia e politica italiana, 1992-2003. Milán: Mondadori, 2003.
  • Italiani sono sempre gli altri. Controstoria d'Italia da Cavour a Berlusconi. Milán: Mondadori, 2007.
  • L'uomo che non c'è, entrevista de Claudio Sabelli Fioretti. Reggio Emilia: Aliberti, 2007.
  • Mi chiamo Cassandra. Arguzie, giudizi e vaticini di un profeta incompreso. Soveria Mannelli: Rubbettino, 2008.
  • Novissime picconate, entrevista de Claudio Sabelli Fioretti. Reggio Emilia: Aliberti, 2009.
  • La versione di K. Sessant'anni di controstoria, con Marco Demarco, Roma: Rai-ERI; Milán: Rizzoli, 2009.


Predecesor:
Giulio Andreotti
 Presidente do goberno 
1979 - 1980
Sucesor:
Arnaldo Fornlani
Predecesor:
Vittorino Colombo
 presidente do Senado 
12 de xullo de 1983 - 24 de xuño de 1985
Sucesor:
Amintore Fanfani
Predecesor:
Sandro Pertini
 presidente da República 
3 de xullo de 1985 - 25 de abril de 1992
Sucesor:
Oscar Luigi Scalfaro
  NODES
admin 1
INTERN 1
Note 1
todo 2