Francofonía
A francofonía designa un conxunto de estados e gobernos que comparten o francés como lingua de referencia.
Descrición
editarEste termo é máis vago do que parece. De feito, téñense que distinguir os países onde o francés é lingua oficial (única ou non), aqueles onde o francés é a lingua materna dunha gran parte da poboación, aqueles onde é lingua de cultura, aqueles onde é utilizado por certas clases sociais da poboación etc. Por veces estas categorías mistúranse. En certos países por exemplo, aínda que sendo lingua oficial, o francés non é a lingua materna da poboación, nin aquela correntemente utilizada. O criterio lingüístico non corresponde sempre ao criterio da nacionalidade. Por exemplo, non todos os escritores en idioma francés son de nacionalidade francesa. Iso é a cuestión da francofonía. A francofonía (cun f minúsculo) fai referencia aos países que falan francés, pero a Francofonía (cun F maiúsculo) fai referencia aos países conformantes da Organización Internacional da Francofonía (Organisation internationale de la francophonie). Tense que falar tamén do espazo francófono que consiste no espazo onde se fala o francés. Estímase ao principio do século XXI o número de locutores reais do francés en aproximadamente 200 millóns, en xeral dos países membros da Organización internacional da francofonía.
Organización Internacional da Francofonía (OIF)
editarA Organización Internacional da Francofonía (OIF) é unha institución fundada no feito de compartir unha lingua e valores comúns. Conta ata hoxe 56 estados membros de pleno dereito e 14 observadores. O secretario xeral, a señora Michaëlle Jean[1], está encargada da posta en marcha da política internacional así como da animación e da coordinación da política de cooperación. Apóiase nun operador principal, catro operadores directos e unha asemblea consultiva.
Notas
editar- ↑ "Michaëlle Jean à la tête de la Francophonie". La Presse.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Francophonie |
- Sitio oficial da Organización internacional da francofonía Arquivado 24 de xullo de 2010 en Wayback Machine.