Franjo Tuđman , nado o 14 de maio de 1922 e finado o 10 de decembro de 1999 foi un historiador, escritor e político croata. Foi o primeiro presidente de Croacia tras a independencia do país desde 1990 até 1999, ano da súa morte. O presidente serbio Slobodan Milošević e Franjo Tudjman de Croacia foron os principais artífices da ruptura de Iugoslavia.[1]

Modelo:BiografíaFranjo Tuđman

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de maio de 1922 Editar o valor en Wikidata
Veliko Trgovišće (Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos) Editar o valor en Wikidata
Morte10 de decembro de 1999 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Zagreb, Croacia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMirogoj, Division RKT, site 1A, #1 45°50′09″N 15°59′05″L / 45.835768, 15.984779 Editar o valor en Wikidata
Deputado no Parlamento da Croácia (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónMilitary Academy Belgrade (en) Traducir
University of Zadar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, profesor universitario, Comisario político, historiador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCroatian Institute of History (en) Traducir
Faculty of Political Sciences in Zagreb (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnião Democrata Croata (pt) Traducir
Liga de Comunistas de Iugoslavia
Liga dos Comunistas da Croácia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rama militarForças Armadas da Croácia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarmajor-general (pt) Traducir
Q119051883 Traducir Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnkica Tuđman Editar o valor en Wikidata
FillosMiroslav Tuđman Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webtudjman.hr Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 7942 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Na República Federal Socialista de Iugoslavia

editar

Con 19 anos ingresou na guerrilla antifascista de Josip Broz Tito; despois da guerra foi o xeneral máis novo do Exército Popular de Iugoslavia con só 23 anos.

Defendeu posicións ultranacionalistas croatas tras a morte de Tito (1980).

Década de 1990

editar

Nos anos 90 dirixiu un partido chamado Hrvatska Demokratska Zajednica - HDZ (Unión Democrática Croata) - que á súa vez foi a punta do movemento independentista de Croacia a finais do século XX. O HDZ conseguiu reunir á maioría do pobo croata de Croacia e Bosnia e Hercegovina, nas primeiras eleccións após a caída do comunismo na República Federal Socialista de Iugoslavia. O seu obxectivo cristaliza o 30 de maio de 1990 mediante un referendo nacional para a independencia de Croacia.

Antes de reaparecer na escena política da antiga Iugoslavia como líder do HDZ, foi un disidente político polas súas ideas nacionalistas.

 
Tumba de Tudjman, outubro de 2005

Coas súas posicións separatistas chegou á presidencia de Croacia e levou á independencia a ese país. Detivo o Exército Iugoslavo (JNA) en Croacia, aínda que era superior en armas, coa combinación de armisticio e defensa do territorio do país. Despois de que as forzas internacionais da UNPROFOR interviñesen finalmente entre o autoproclamado estado serbio en Croacia e as forzas croatas, Franjo Tudjman decidiu organizar e armar o Exército Croata (HV), preparándose para as operacións Tempestade de Bljesak e Oluja de 1995, coas que recuperou a integridade territorial do país.

En 1996 pediu facer "un monumento de reconciación como o Valle de los Caídos" para o caudillo nacionalcatólico croata Ante Pavelić enterrado en Madrid.[2]

Crimes de guerra

editar

Foi investigado por crimes de lesa humanidade polo Tribunal Penal Internacional para a antiga Iugoslavia acusado de limpeza étnica contra a poboación serbia de Krajina.

Segundo o historiador belga Michel Collon, Tudjman era "un racista que estendeu activamente o odio étnico e predicou a fragmentación de Iugoslavia". [3] Os seus detractores, como o seu sucesor do presidente croata Stjepan Mesić, acusárono de non comprender a situación en Bosnia e Hercegovina e a situación nacional dos musulmáns bosníacos. Parece que Tudjman contou a este grupo como parte integrante do pobo croata, considerándoos "croatas da relixión islámica", como ocorreu durante o goberno de Bosnia polos ustashas durante a segunda guerra mundial. Estes e outros erros de cálculo pola súa banda provocaron unha guerra entre os croatas bosníacos dirixidos desde Zagreb (os croatas de Bosnia e Hercegovina) e os bosníacos durante a guerra de Bosnia. Os bosníacos musulmáns non querían que ningunha parte de Bosnia e Hercegovina fose separada e anexionada a Croacia. Outros acúsano de ter negociado directamente con Slobodan Milošević, a través do Acordo de Karadjordjevo, a división de Bosnia e Hercegovina entre Croacia e Serbia, en base a algúns documentos visuais. [4]

Morreu de cancro en 1999.

Polas súas contribucións á independencia de Croacia foi chamado "pai de Croacia".[5] Coa súa morte producíronse posicións máis moderadas, beneficiosas para a integración étnica e celebradas polo resto dos estados balcánicos.[6]

  1. Encyclopédie Universalis 2008, artigo Franjo Tudjman
  2. "Tudjman invoca a Franco para lustrar la memoria del jefe nazi croata Pavelic". El País (en castelán). 1996-04-23. ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-07-16. 
  3. nodo50 «Las mentiras de la guerra de Yugoslavia Arquivado 29 de decembro de 2010 en Wayback Machine.» Consultado em 5 de agosto de 2010
  4. El Mundo. El triunfo del Estado-nación.
  5. "BBC News | EUROPE | Franjo Tudjman: Father of Croatia". news.bbc.co.uk. Consultado o 2022-07-16. 
  6. Mundo, Instituto del Tercer (2001). Guía del Mundo 2001-2002 (en castelán). Iepala. ISBN 978-84-89743-16-8. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1
News 2
orte 5
Story 1