Franklin Pierce Adams
Franklin Pierce Adams, nado en Chicago en 1881 e finado en Nova York en 1960, foi un xornalista e escritor norteamericano. Always in Good Humour e The Conning Tower foron os títulos das súas columnas diarias na prensa neoiorquina, asinadas como FPA.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1881 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 23 de marzo de 1960 (78 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Míchigan |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Library of the World's Best Literature Collier's New Encyclopedia |
Traxectoria
editarComezou a traballar no Chicago Journal en 1903, pero xa en 1904 pasou ao New York Evening Mail , onde traballou ata 1913, cando pasou ao New York Tribune.
Durante a primeira guerra mundial traballou no xornal do exército norteamericano Stars and Stripes en Washington DC e en Francia como capitán do servizo de intelixencia, despois da guerra volveu a Nova York.
En 1921 estivo no New York World, en 1931 no New York Herald Tribune , en 1937 no New York Post ata 1941.
En 1938 participa no programa de radio Information, Please
Obras
editar- Tobogganing on Parnasus, tradución de poemas de Horacio e outros autores clásicos, 1910
- By and Large, 1914
- Something Else Again, 1920
- So Much Velvet, 1924
- Cristopher Columbus and Other Patriotic Verses, 1935
- The Melancholy Lute: Selected Songs of Thirty Years , 1936.