Frantz Fanon, nado en Fort-de-France o 20 de xullo de 1925 e finado en Bethesda (Maryland) o 6 de decembro de 1961, foi un psiquiatra e autor francés da illa de Martinica. Teórico da descolonización, centrou a súa análise nas consecuencias psicolóxicas da colonización sobre o colonizado, os seus traballos inspiraron os movementos de liberación dos últimos corenta anos.

Modelo:BiografíaFrantz Fanon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1925 Editar o valor en Wikidata
Fort-de-France, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte6 de decembro de 1961 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Bethesda, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteleucemia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAïn Kerma (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity of Lyon (en) Traducir
Universidade Jean Moulin — Lyon 3 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e Psiquiatría Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, ensaísta, sociólogo, psiquiatra, filósofo, político Editar o valor en Wikidata
MovementoDecolonialidade (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
ConflitoGuerra de Alxeria
segunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeJosie Fanon Editar o valor en Wikidata
FillosMireille Fanon Mendès-France Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopedia of Political Theory (2010 ed.) (en) Traducir, (sec:Fanon, Frantz (1925-1961), p.493-495)
Dictionary of African Biography,
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1148635 Allmovie: p221758
BNE: XX899301 Musicbrainz: 10caa906-b020-4475-af26-cb05b7bd2954 Discogs: 1065374 WikiTree: Fanon-1 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Aos 18 anos deixou Martinica para unirse na Dominica ás Forzas Francesas Libres, participou na guerra en Europa, estivo na batalla de Alsacia. En 1945 volveu a Martinica por breve tempo, regresou a Francia para estudar medicina e psiquiatría. En 1951 realizou a súa residencia en psiquiatría con Francesc Tosquelles, exiliado catalán fundador da psicoterapia institucional. En 1953 estableceuse en Alxeria como xefe de servizo no Hospital Psiquiátrico de Blida-Joinville, introduciu métodos modernos de socioterapia ou psicoterapia institucional que adaptou á cultura dos doentes musulmáns.

En Francia escribiu o seu primeiro libro, Peau noire, masques blancs publicado en 1952, libro no que afirma que ser colonizado é máis que ser subxugado fisicamente, tamén o é culturalmente, perder unha lingua e asumir outra, xa que "Falar (unha lingua)... significa sobre todo asumir unha cultura, (implica) absorber o contido dunha civilización".

En 1954 ingresou na Fronte de Liberación Nacional. En decembro de 1956 dimitiu do seu posto, expulsado de Alxeria en xaneiro de 1957 marchou a Tunisia onde colaborou co órgano central de prensa do FLN, El Moudjahid.

A súa obra fundamental foi Les damnés de la terre (1961) cun limiar de Jean-Paul Sartre, o libro concíbeo como un manifesto pola loita anticolonial e a emancipación do terceiro mundo, mesmo pola vía violenta.

Morreu de leucemia nos Estados Unidos.

  NODES
todo 3