Frederica de Hannover

Frederica de Hannover, nada en Blankenburg, Alemaña o 18 de abril de 1917 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1981, foi a raíña consorte de Grecia desde 1947, logo de casar con Paulo I en 1938. Era princesa de Hannover e duquesa de Brunswick e Luneburgo. Foi a nai de Sofía de Grecia, raíña emérita de España.

Modelo:BiografíaFrederica de Hannover

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Friederike von Hannover Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de abril de 1917 Editar o valor en Wikidata
Blankenburg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte6 de febreiro de 1981 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecardioplegia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Real de Tatoi Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa Ortodoxa Grega e luteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónNorth Foreland Lodge (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónraíña Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrincesa
Raíña
Queen consort of Greece (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Hannover Editar o valor en Wikidata
CónxuxePaulo I de Grecia (1938–1964) Editar o valor en Wikidata
FillosSofía de Grecia, Constantino II de Grecia, Irene de Grecia Editar o valor en Wikidata
PaisErnesto Augusto de Brunswick Editar o valor en Wikidata  e Vitoria Luísa de Prusia Editar o valor en Wikidata
IrmánsCristiano Óscar de Hanôver
Prince Welf Heinrich of Hanover
Ernest Augustus IV, Príncipe de Hanôver
Prince George William of Hanover Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
12 de febreiro de 1981Funeral and burial of Frederica of Hanover (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of Women Worldwide Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Hanover-198 Find a Grave: 8142931 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Frederica naceu o 18 de abril de 1917 en Blankenburg, Harz, Alemaña. Filla de Ernesto Augusto III, Duque de Brunswick e da princesa Vitoria Luísa de Prusia, a única filla do emperador Guillerme II de Alemaña e Augusta Vitoria de Schleswig-Holstein.

Polo seu avó materno, Frederica era bisneta do emperador alemán Frederico III e de Vitoria de Saxonia Coburgo Gota. Como descendente do rei Xurxo III do Reino Unido, ela, no momento do seu nacemento, ocupaba o trixésimo cuarto posto na liña de sucesión ao trono británico.

 
Os reis Paulo e Frederica de Grecia.
 
Estandarte persoal da Raíña Frederica

Casou co príncipe Paulo o 9 de xaneiro de 1938 en Atenas. Durante parte do seu matrimonio, residiron en Psychiko, un barrio residencial de Atenas. Dez meses logo da súa voda, o 2 de novembro de 1938, naceu o primeiro dos seus fillos; Sofía, futura Raíña de España. O 2 de xuño de 1940, naceu o seu fillo Constantino. Durante a segunda guerra mundial tiveron que emigrar a Creta e logo a Suráfrica, onde naceu a súa terceira filla, Irene, o 11 de maio de 1941. Posteriormente trasladáronse a Londres.

O 1 de setembro de 1946, Grecia decidiu mediante plebiscito restaurar ao rei Xurxo II no trono. Deste xeito Paulo e Frederica convertíanse en príncipes herdeiros. Un ano máis tarde, o 1 de abril de 1947, o rei Xurxo II morría, e Frederica e o seu marido ascendían ao trono.

Tras a guerra civil (1946-1949) os reis, en calidade representativa, loitaron por reconstruír un país empobrecido tras unha gran inestabilidade política. Naqueles anos, a raíña Frederica impulsou en todo o país a creación dunha rede de 53 orfanatos, para acoller a orfos e a nenos de familias empobrecidas e desestructuradas pola guerra civil, procedentes na súa maioría da rexión de Macedonia.

A principios dos anos 60, parte da opinión pública próxima á oposición empezou a reprochar á familia real os gastos suntuosos que a coroa orixinaba ao Estado, nun país cuxa recuperación económica aínda dependía en boa medida da axuda estranxeira. O rei morreu o 6 de marzo de 1964 e Frederica converteuse en raíña nai do seu fillo Constantino II. Durante o reinado do seu fillo, Frederica foi criticada en numerosas ocasións por inducir en exceso ao novo rei. En 1967, tras o golpe dos coroneis, Frederica fuxiu de Grecia xunto á familia real despois de que fracasase o contragolpe intentado por Constantino. Frederica instalouse en Roma e, posteriormente, a familia real trasladouse a Londres.

Logo da caída da ditadura e a restauración da democracia en 1974, o goberno provisional liderado por Konstandínos Karamanlís organizou un referendo a fin de que o pobo grego pronunciásese sobre a permanencia da monarquía. Constantino prometeu entón que se volvese reinar, mantería á súa nai afastada do país e da vida política. Os partidarios da república gañaron con ampla maioría (70%), e a familia real decidiu permanecer no exilio. Frederica, coa súa filla Irene, foise a vivir a Madrás, na India. Pasou longas tempadas en España, país onde reinaba desde 1975 a súa filla Sofía, sen chegar a vivir definitivamente en Madrid.

Frederica morreu o 6 de febreiro de 1981 en Madrid. Faleceu dun infarto masivo logo dunha operación por unhas acumulacións de colesterina nas pálpebras. Foi enterrada en Tatoi, en Grecia.[1]

Predecesor:
Sofía de Prusia
Raíña consorte de Grecia
19471964
Sucesor:
Ana María de Dinamarca
  NODES
todo 3