Fredric March
Ernest Frederick McIntyre Bickel, nado en Racine (Wisconsin) o 31 de agosto de 1897 e finado nos Ánxeles o 14 de abril de 1975, foi un actor de cinema e teatro estadounidense.
Traxectoria
editarInicialmente traballou na banca, pero logo dunha apendicectomía de urxencia decidiu avaliar a súa vida e comezou a facer de extra en 1920, utilizando unha abreviación do apelido de súa nai (Marcher). A finais da década conseguiu un contrato con Paramount Pictures.
Tras unha candidatura en 1930, gañou o seu primeiro oscar ao mellor actor en 1932 por Dr. Jekyll and Mr. Hyde, compartido con Wallace Beery. Durante toda a década seguiu facendo actuacións en filmes considerados hoxe clásicos, como Anna Karenina, con Greta Garbo, ou Naceu unha estrela.
En 1937 volve a Broadway tras dez anos de ausencia, con grande éxito, que o levará a gañar dous Tonys na súa carreira teatral.
En 1946 gaña o seu segundo oscar, por Os mellores anos da nosa vida, drama sobre a volta á vida civil dos combatentes na segunda guerra mundial, dirixido por William Wyler.
Tamén traballou na televisión e fixo gravacións faladas de libros.
Retirouse en 1973 por motivos de saúde, morrendo de cancro catro anos despois.
Filmografía
editarAno | Filme |
---|---|
1929 | The Dummy |
The Wild Party | |
The Studio Murder Mystery | |
Paris Bound | |
Jealousy | |
Footlights and Fools | |
The Marriage Playground | |
1930 | Sarah and Son |
Paramount on Parade | |
Ladies Love Brutes | |
True to the Navy | |
Manslaughter | |
Laughter | |
The Royal Family of Broadway | |
1931 | Honor Among Lovers |
Night Angel | |
My Sin | |
Dr. Jekyll and Mr. Hyde | |
1932 | Strangers in Love |
Merrily We Go to Hell | |
Smilin' Through | |
The Sign of the Cross | |
1933 | Tonight Is Ours |
The Eagle and the Hawk | |
Design for Living | |
1934 | All of Me |
Death Takes a Holiday | |
Good Dame | |
The Affairs of Cellini | |
The Barretts of Wimpole Street | |
We Live Again | |
1935 | Les Misérables |
Anna Karenina | |
The Dark Angel | |
1936 | Camiño da gloria |
Mary of Scotland | |
Anthony Adverse | |
1937 | Naceu unha estrela |
Nothing Sacred | |
1938 | The Buccaneer |
There Goes My Heart | |
Trade Winds | |
1940 | Susan and God |
Victory | |
1941 | So Ends Our Night |
One Foot in Heaven | |
Bedtime Story | |
1942 | I Married a Witch |
1944 | The Adventures of Mark Twain |
Tomorrow, the World! | |
1946 | Os mellores anos da nosa vida |
1948 | Another Part of the Forest |
An Act of Murder | |
1949 | Christopher Columbus |
1951 | It's a Big Country |
Death of a Salesman | |
1953 | Man on a Tightrope |
The Bridges at Toko-Ri | |
1954 | Executive Suite |
Os mellores anos da nosa vida | |
Shower of Stars | |
1955 | The Desperate Hours |
1956 | Alexander the Great |
The Man in the Gray Flannel Suit | |
Producers' Showcase | |
1959 | Middle of the Night |
1960 | Inherit the Wind |
1961 | The Young Doctors |
1962 | The Condemned of Altona |
1964 | Seven Days in May |
1967 | Hombre |
1970 | …tick…tick…tick… |
1973 | The Iceman Cometh |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fredric March |
Ligazóns externas
editar- Fredric March na IMDb (en inglés).