Fulham F.C.
O Fulham Football Club é un club de fútbol do distrito de Hammersmith e Fulham da cidade de Londres, en Inglaterra. Foi fundado en 1879, sendo o equipo profesional máis antigo de Londres. Xoga na Premier League desde a tempada 2001/02.
Fulham | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Fulham Football Club | |||
Alcume(s) | Whites, Cottagers | |||
Fundación | 1879 | |||
Estadio | Craven Cottage, Londres, Inglaterra | |||
Inauguración | 1896 | |||
Capacidade | 22.230 | |||
Presidente | Mohamed Al-Fayed | |||
Adestrador | Martin Jol | |||
Liga | The Championship | |||
2013–14 | 19º (Premier League) | |||
Vestimenta | Kappa | |||
Patrocinador | FxPro | |||
Na rede | ||||
http://www.fulhamfc.com/ | ||||
| ||||
Historia
editarO Fulham foi fundado en 1879 co nome de Fulham St Andrew's Church Sunday School FC. Todos os primeiros xogadores foron cristiáns. En 1888 cambiouse o nome polo actual.
O equipo estivo moito tempo na Primeira División do fútbol inglés dese tempo preto dos anos 1960, pero nunca conseguiron ningún trofeo de importancia. Chegaron á final da FA Cup en 1975, pero foron derrotados polo West Ham United. O único trofeo de importancia da historia do equipo é gañar unha clasificiación para a Copa da UEFA por saír campión da Copa Intertoto da UEFA, ao gañarlle na final ao Bologna FC por 3-0.
O 29 de abril de 2010, o Fulham derrotou 2-1 ao Hamburgo SV e clasificouse para a final da primeira edición da UEFA Europa League. Nela enfrontaríase ao Atlético de Madrid o 12 de maio de 2010. O encontro foille esquivo, perdendo por 2-1 na prórroga. Os goles foron marcados por Diego Forlán para o conxunto español e Simon Davies para o equipo inglés.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro, medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta roxinegra, pantalón branco, medias negras.
- Terceiro uniforme: Camiseta, pantalón e medias verde e amarelo.
Xogadores
editar- Categoría principal: Xogadores do Fulham FC.
Estadio
editar- Artigo principal: Craven Cottage.
O club xoga de local no estadio Craven Cottage desde 1896. O estadio atópase á marxe do río Támese en Fulham. Durante as tempadas 2002/03 e 2003/04 o equipo xogou de local en Loftus Road, o estadio do Queens Park Rangers, mentres o Craven Cottage estaba sendo remodelado para cumprir coas esixencias da Premier League.
Palmarés
editarTorneos nacionais
editar- Football League Second Division/Football League First Division (2): 1948-49, 2000-01.
- Football League Second Division (1): 1998-99.
- Football League Third Division South (1): 1931-32.
Torneos internacionais
editar- Copa Intertoto da UEFA (1): 2002.
- Subcampión da UEFA Europa League (1): 2009/10.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en inglés)