Güyük Khan. Nado en 1206 e finado en 1248, fillo e sucesor de Ögödei e neto de Xenxis Khan.

Modelo:BiografíaGüyük
Nome orixinal(mn) ᠭᠦᠶᠦᠭ ᠬᠠᠭᠠᠨ
(mn) Гүюг хаан Editar o valor en Wikidata
Nome de templo定宗 Editar o valor en Wikidata
Nome póstumo簡平皇帝 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(mn) ᠭᠦᠶ᠋ᠦᠭ Editar o valor en Wikidata
19 de marzo de 1206 Editar o valor en Wikidata
Camague Mongol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de abril de 1248 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Imperio Mongol Editar o valor en Wikidata
Khan do Imperio mongol Imperio Mongol
24 de agosto de 1246 – 1248
← Töregene Khatun (pt) Traducir, ÖgödeiMongke, Ogul Caimis (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónTengrismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaChingissid (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeWuwuerheimishi
Ogul Caimis
Naimanzhen Editar o valor en Wikidata
FillosKhoja
 () Ogul Caimis
Naqu
 () Ogul Caimis
Khokhoo
 ()
Babahaer
 ()
Yelimishi
 () Editar o valor en Wikidata
PaisÖgödei Editar o valor en Wikidata  e Töregene Khatun Editar o valor en Wikidata
IrmánsSürkhakhan
Godan Khan
Khadan
Mieli
Khochu
Khorachar
Khashi Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
History of Yuan (en) Traducir
New History of Yuan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Ögedei-1
Kuyuk.

Traxectoria

editar

En 1233 conquistou o reino de Dongxia limítrofe con Corea. Participou na grande invasión do Leste e Centroeuropa dirixida polo xeneral Subotai onde se enemistou con Batu Khan, fillo de Jochi, o primoxénito de Xenxis Khan. Trala rexencia da súa nai, Törgene Khatun, durante cinco anos e contra os desexos do seu pai, e unha vez neutralizada a manobra militar do irmán máis novo de Xenxis Khan, Temuge, foi elixido e entronizado por un multitudinario kurultai o 24 de agosto de 1246. Asistiron príncipes europeos, armenios, xeorxianos, representantes dos selxúcidas, e do propio Califa de Bagdad; pero faltou seu curmán Batu, que estaba consolidando un enorme poder territorial con grande autonomía nas estepas rusas coa súa Horda de Ouro. Nese kurultai estivo tamén o franciscano Xoán de Plano Carpini como embaixador do papa Inocencio IV. Este embaixador solicitoulle que detivese os ataques contra Europa e os reinos cristiáns.

Aumentou os impostos, executou a altos oficiais do anterior goberno que lle resultaron sospeitosos, expresou aos embaixadores europeos as súas pretensións de dominio mundial, autorizou operacións de saqueo en Corea e puña e quitaba reis en reinos como o de Xeorxia, que acabou dividindo, e no Sultanato de Rum. Rodeouse para os labores de goberno de cristiáns nestorianos. Organizou un gran censo nos seus dominios e fixo do reino armenio de Cilicia o seu vasalo.

Resolto a recompoñer a unidade do imperio do seu pai co fin de dominar Europa e preparar un grande ataque mortal ao Imperio Abasida, chamou ao seu encontro a Batu. Este foi advertido de que podía caer nunha trampa, polo que se achegou a Asia central co seu grande exército. Güyük fixo o propio e marchou ao seu encontro. Cando o gran choque parecía inevitable, Güyük morreu en circunstancias pouco claras, parece ser que dunha chea.

Batu conseguiu impoñer ao seu candidato Mongke, fillo de Tolui.

  NODES
iOS 2
os 31
todo 1