Galardóns de ciencia ficción

artigo de listas da Wikimedia
  Ciencia ficción 
Artigos
Categorías

No mundo da ficción científica hai diversos galardóns.

Premios literarios

editar

Os dous premios máis importantes do xénero son os Hugo e os Nebula.

Os premios Hugo, chamados así en memoria do pioneiro da ciencia ficción Hugo Gernsback, son concedidos en diversas categorías pola Sociedade mundial de ciencia ficción (WSFS) durante a celebración anual da World Science Fiction Convention (Worldcon). Durante a mesma entrégase ademais o premio John W. Campbell, en memoria de John W. Campbell, ao mellor autor novel do ano.

Os premios Nebula son concedidos anualmente tamén en varias categorías pola Asociación de escritores de ciencia ficción e fantasía dos Estados Unidos (SFWA). Esta asociación ademais concede os cotizados premios Gran Mestre aos máis importantes escritores do xénero polo labor de toda unha vida.

Algúns premios teñen nomes doutros insignes autores e editores do ramo, como o John W. Campbell Memorial (non confundir co do mesmo nome ao mellor autor novel), o Premio Arthur C. Clarke (na honra de Arthur C. Clarke), o Premio Sturgeon (na honra de Theodore Sturgeon), o Premio Philip K. Dick Memorial (na honra de Philip K. Dick) ou o Premio Isaac Asimov (na honra de Isaav Asimov) entre outros.

Tamén as publicacións especializadas outorgan algúns premios de relevancia como é o caso da revista estadounidense Locus Magazine, que anualmente outorga os premios Locus.

En Europa, a Sociedade Europea de Ciencia Ficción (ESFS) creouse en 1972 e reúne a diversos profesionais do sector. Inicialmente programaba unha convención bianual que a partir de 1982 se converteu en anual, durante a cal se outorgan os Premios europeos de ciencia ficción nos que se nomea ao mellor: autor, tradutor, promotor, publicación periódica ou revista, editorial e artista.

Outros países tamén teñen os seus premios nacionais, como os premios Ignotus en España, os premios Seiun no Xapón, os BSFA británicos ou os Ditmar australianos.

Premios de cinema

editar

Nos Estados Unidos, berce do xénero, os Premios Saturn que son outorgados pola Academia de cine de ciencia ficción, fantasía e horror son, probablemente, os premios máis importantes do xénero. No Canadá entréganse os premios do Fantasia Film Festival.

En Europa, os premios adoitan estar relacionados con festivais concretos, nos que se exhiben as diferentes películas: o Festival de Cinema Fantástico de Sitges xunto ao Festival Internacional de Cine Fantástico de Bruxelas ou o Fantasporto son algunhas das citas máis importantes europeas do xénero.

Premios de ciencia ficción por orde alfabética

editar
  1. Cain, Sian (17 July 2019). "Tade Thompson's 'gritty' alien invasion tale wins Arthur C Clarke award". The Guardian. Consultado o 23 April 2020. 
  2. Liptak, Andrew (20 February 2019). "Here are the 2019 Nebula Award nominations". The Verge (en inglés). Consultado o 23 April 2020. 

Véxase tamén

editar
  NODES
Intern 2
iOS 23
multimedia 1
os 70
todo 1