Galiformes
Galiformes Galliformes | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Meleagris ocellata. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias e Subfamilias | |||||||||||||||||
|
Os galiformes[1] (Galliformes), comunmente chamados galináceas,[2] constitúen unha orde de aves neognatas que conta con 283 especies.[3]
Inclúe as galiñas, pitas do monte, perdices, paspallases, faisáns, pavos, pavóns e as galiñas de Guinea, entre outras.
Características
editarSon principalmente aves terrestres, de tamaño variable e corpo de constitución masivo, con peteiros grosos adaptados principalmente para comeren sementes e raíces de plantas (os xuvenís tamén comen insectos), e con patas fortes. Son malas voadoras, limitándose o seu voo a planeos curtos e de escasa elevación. Habitan na maior parte dos continentes, fóra das rexións máis áridas e dos xeos perpetuos.
A maioría das especies permanecen na mesma área durante todo o ano, pero as máis pequenas, como o paspallás común, migran.
Moitas especies mostran dimorfismo sexual significativo en tamaño ou en aparencia.
Taxonomía
editarDescrición
editarA ode foi descrita en 1820 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck.[4]
Etimoloxía
editarO nome científico Galliformes está formado coa adición á raíz Gall-, do nome do seu xénero tipo, Gallus, a desinencia do latín científico -iformes 'en forma de', propia dos nomes das ordes de aves (e de peixes).
Familias e subfamilias
editarSegundo as clasificacións de Clements,[3] e a de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional (versión 8.2, 2019),[5] a orde dos galiformes clasifícase como segue:
- Familia megapodíidos (Megapodiidae) - 22 especies
- Familia crácidos (Cracidae) - 55 especies
- Subfamilia cracinos (Cracinae)
- Subfamilia penelopinos (Penelopinae)
- Familia fasiánidos (Phasianidae)
- Subfamilia meleagridinos (Meleagridinae) - 2 especies
- Subfamilia fasianinos (Phasianinae) - 52 especies
- Subfamilia perdicinos (Perdicinae) - 113 especies
- Subfamilia tetraoninos (Tetraoninae) - 19 especies
- Familia odontofóridos (Odontophoridae) - 34 especies
- Subfamilia odontoforinos (Odontophorinae) - 32 especies
- Subfamilia ptilopaquinos (Ptilopachinae) - 2 especies
Filoxenia
editarRelacións filoxenéticas baseadas en Hackett et al. (2008).[6]
Galliformes |
| ||||||||||||||||||||||||
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galiformes.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galináceas.
- ↑ 3,0 3,1 Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
- ↑ Order Galliformes Temminck 1820 Arquivado 19 de novembro de 2018 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- ↑ IOC World Bird List. Version 8.2
- ↑ Hackett Shannon J.; et al. (25 de xuño de 2010). "A Phylogenomic Study of Birds Reveals Their Evolutionary History". Science 320. Consultado o 31 de marzo de 2009.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Galiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Galiformes |
Bibliografía
editar- del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En: Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
- Mindell, David P. & Brown, Joseph W. (2005): The Tree of Life Web Project - Neornithes Arquivado 12 de setembro de 2013 en Wayback Machine.. Versión do 14 de decembro de 2005. Consultada o 21 de xaneiro de 2018.
- Mindell, David P.; Brown, Joseph W. & Harshman, John (2005): The Tree of Life Web Project - Neoaves Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine.. Versión do 14 de decembro de 2005. Consultada o 21 de xaneiro de 2018.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Gallliformes na ADW (en inglés).
- Gallliformes na EOL (en inglés).
- The World Pheasant Association – The ultimate authority on Galliformes (en inglés).
- Galiformes – Conservación e avicultura Arquivado 22 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en inglés).