Game of Thrones

serie de televisión americana de fantasía medieval

Game of Thrones é unha serie de televisión estadounidense de fantasía medieval creada para a canle HBO por David Benioff e D. B. Weiss. Está baseada na obra do autor George R. R. Martin A Song of Ice and Fire, unha serie de novelas de fantasía, a primeira das cales se chama A Game of Thrones. A serie rodouse en Paint Hall Studios de Belfast, e en diversas localizacións en Irlanda do Norte, Malta, Croacia, Islandia, España,[5] os Estados Unidos e Marrocos.[6] A primeira tempada foi estreada nos Estados Unidos o 17 de abril de 2011, e rematou o 19 de maio de 2019 coa oitava tempada, que se estreou o 14 de abril de 2019.[7][8]

Game of Thrones
FormatoFantasía
Drama
Creado porSerie:
David Benioff
D. B. Weiss
Novelas:
George R. R. Martin
Desenvolvido por
  • Mark Huffam
  • Joanna Burn
  • Frank Doelger
  • Chris Newman
  • Greg Spence
  • Lisa McAtackney
  • Bryan Cogman
  • Duncan Muggoch
IntérpretesVer lista de personaxes de Game of Thrones
Tema de aperturaRamin Djawadi
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas8
Episodios73 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Localización(s)Irlanda do Norte
Malta
Croacia
Islandia
España
Marrocos
Escocia
Estados Unidos
Canadá[1][2][3][4]
Duración50-82 minutos
DistribuidorWarner Bros. Television Distribution
Emisión orixinal
Canle de orixeHBO
Formato de imaxe1080i (HDTV)
Primeiro episodio17 de abril de 2011
Derradeiro episodio19 de maio de 2019
Na rede
https://www.hbo.com/game-of-thrones
IMDB: tt0944947 Filmaffinity: 874956 Allocine: 7157 Rottentomatoes: tv/game_of_thrones Allmovie: v532825 Metacritic: tv/game-of-thrones TV.com: shows/game-of-thrones
Facebook: GameOfThrones Twitter: GameOfThrones Instagram: gameofthrones Youtube: UCQzdMyuz0Lf4zo4uGcEujFw BNE: XX5427535 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A serie, ambientada nos continentes ficticios de Westeros e Essos ten varias liñas argumentais e un grande elenco, mais segue tres historias arco principais. A primeira é sobre o Trono de Ferro dos Sete Reinos, e conta a rede de alianzas e conflitos entre as dinastías nobres que loitan por reclamar o trono ou por manter a súa independencia. A segunda historia céntrase na derradeira descendente da dinastía real derrocada, que foi exiliada e desexa regresar ó trono. A terceira historia arco trata sobre Night's Watch, unha irmandade que defende os reinos dos salvaxes e das criaturas que habitan no norte.

Game of Thrones conseguiu un gran número de espectadores a través da HBO, e gañou tamén unha importante base de fans internacionais. Recibiu ademais moitos eloxios da crítica, particularmente polas actuacións, personaxes complexos, historia, ambientación e produción, malia que o seu frecuente uso de espidos e violencia (incluíndo violencia sexual) atraeu o criticismo. A serie gañou varios galardóns e nomeamentos, incluíndo 47 Premios Primetime Emmy, incluíndo Primetime Emmy á mellor serie dramática en 2015, 2016 e 2018, cinco nomeamentos ó Globo de Ouro á mellor serie-Drama (2012 e 2015–2018), tres nomeamentos ó Hugo á mellor representación dramática (2012–2014) e un ó Premio Peabody. Entre os membros do elenco, Peter Dinklage gañou tres Primetime Emmy ó mellor actor secundario - Serie dramática (2011, 2015 e 2018) e un Globo de Ouro ó mellor actor secundario de serie, miniserie ou telefilme (2012) polo seu papel de Tyrion Lannister. Lena Headey, Emilia Clarke, Kit Harington, Maisie Williams, Diana Rigg e Max von Sydow tamén recibiron nomeamentos ós Emmy polas súas interpretacións.

Sinopse

editar
Artigo principal: A Song of Ice and Fire.

Ambientación

editar

Game of Thrones segue de preto as tres tramas principais da serie de A Song of Ice and Fire.[9] Ambientada nos Sete Reinos de Westeros, a serie narra as violentas loitas dinásticas entre as familias nobres dos reinos polo control do Trono de Ferro; ademais existen as ameazas adicionais da rexión do norte máis aló do muro de xeo, e Essos, a terra alén do mar angosto.[2]

"The Sopranos na Terra Media" é como definiu David Benioff cunha brincadeira a Game of Thrones, refiríndose a súa trama de intriga nun ton escuro combinado cun escenario de fantasía.[10] Nun estudo de 2012, a serie foi clasificada no segundo posto nunha lista de 40 series americanas recentes segundo as mortes por episodio, cunha media de 14.[11][12]

Inspiracións e derivacións

editar

As novelas e a súa adaptación teñen localizacións, personaxes e argumentos baseados en grande medida na historia de Europa.[13] Unha das principais inspiracións no argumento das novelas foi a Guerra das dúas rosas inglesa[14] (1455–85) entre as casas de Lancaster e York, que se corresponden coas casas Lannister e Stark. A meirande parte de Westeros, cos seus castelos e torneos de cabalaría, lembran á Europa occidental da Alta Idade Media. A personaxe de Cersei, por exemplo, lembra a Isabel de Francia (1292-1358), a "Loba de Francia".[13] Ela e a súa familia, tal como foron descritos por Maurice Druon nas súas novelas históricas The Accursed Kings, inspiraron fondamente a Martin.[15] A serie combina outros elementos como a Muralla de Hadrián (que é o Gran Muro de Martin), a caída do Imperio romano e a lenda da Atlántida (a antiga Valyria), o "lume grego" ("lume valyrio"), as sagas islandesas da era viquinga (os homes das "Illas do Ferro") e as hordas mongois (os Dothraki), así como elementos da Guerra dos Cen Anos (1337–1453) e do Renacemento italiano (c. 1400–1500).[13] A gran popularidade da historia responde en parte á habilidade de Martin de mesturar eses elementos dispares nun conxunto harmonioso que semella crible, como unha historia alternativa á real.[13]

Episodios

editar
Tempada Episodios Emisión orixinal
Inicio Final
  1 10 17 de abril de 2011 19 de xuño de 2011
  2[16] 10[17] 1 de abril de 2012[18] 3 de xuño de 2012
  3[19] 10[20] 31 de marzo de 2013[21] 9 de xuño de 2013
  4[22] 10[22] 6 de abril de 2014 15 de xuño de 2014
  5 10 12 de abril de 2015 14 de xuño de 2015
  6 10 24 de abril de 2016 26 de xuño de 2016
  7 7 16 de xullo de 2017[23] 27 de agosto de 2017
  8 6 14 de abril de 2019 19 de maio de 2019

Personaxes

editar
 
Peter Dinklage (Tyrion Lannister) lidera o elenco principal dende a segunda tempada.

Ó igual que as novelas que adapta, Game of Thrones conta cun extenso elenco, que se considera o meirande da televisión.[24] Durante a produción da terceira tempada, foron acreditados 257 nomes.[25] O seguinte resumo recolle a lista de personaxes de Game of Thrones que foron interpretados por actores acreditados como principais.[26]

Lord Eddard "Ned" Stark (Sean Bean) é o xefe da casa Stark, cuxos membros están envoltos na maioría das liñas argumentais da serie. El e a súa muller Catelyn Tully (Michelle Fairley) teñen cinco fillos: o maior, Robb (Richard Madden), a melindrosa Sansa (Sophie Turner), a marimacho Arya (Maisie Williams), o aventureiro Bran (Isaac Hempstead Wright) e o máis cativo, Rickon (Art Parkinson). O refén e pupilo de Ned, Theon Greyjoy (Alfie Allen) vivía e servía ós Stark antes de atoparse co sádico Ramsay Snow (Iwan Rheon). A muller de Robb é a curadora Talisa Maegyr (Oona Chaplin), e Arya fixo amizade co aprendiz de ferreiro Gendry (Joe Dempsie). O fillo bastardo de Ned, Jon Snow (Kit Harington) e o seu amigo Samwell Tarly (John Bradley) serven na Garda da Noite baixo o mando do Lord Comandante Jeor Mormont (James Cosmo). A rubia Ygritte (Rose Leslie), unha dos salvaxes liderados por Tormund Giantsbane (Kristofer Hivju), é a namorada de Jon Snow, e Sam coida dunha das mulleres salvaxes de Craster, Gilly (Hannah Murray). Catelyn é servida pola alta guerreira Brienne de Tarth (Gwendoline Christie).

O vello amigo de Ned, o Rei Robert Baratheon (Mark Addy) está casado coa Raíña Cersei Lannister (Lena Headey), que ten ó seu irmán xemelgo, o "Matarreis" Ser Jaime Lannister (Nikolaj Coster-Waldau) como amante. Ela detesta ó seu irmán máis novo, o espelido anano Tyrion Lannister (Peter Dinklage), que conta coa súa amante Shae (Sibel Kekilli) e o mercenario Bronn (Jerome Flynn). O pai de Cersei é o rico Lord Tywin Lannister (Charles Dance), e o seu fillo máis vello, o cruel Joffrey (Jack Gleeson), é protexido polo seu guerreiro gardián Sandor "o Can" Clegane (Rory McCann).

Os conselleiros reais inclúen ó arteiro Mestre da Moeda, Lord Petyr "Maimiño" Baelish (Aidan Gillen) e ó eunuco espía Lord Varys (Conleth Hill). O irmán de Robert, Stannis Baratheon (Stephen Dillane) é aconsellado pola sacerdotisa estranxeira Melisandre (Carice van Houten) e o antigo contrabandista Ser Davos Seaworth (Liam Cunningham). A rica casa Tyrell está representada na corte pola ambiciosa Margaery Tyrell (Natalie Dormer).

Alén do Mar Angosto, os irmáns Viserys (Harry Lloyd) e Daenerys Targaryen (Emilia Clarke) – os nenos exiliados da dinastía derrotada por Robert Baratheon – intentan recuperar o seu trono lexítimo. Daenerys casou con Khal Drogo (Jason Momoa), o líder dos nómades Dothraki, e é vixiada polo cabaleiro exiliado Ser Jorah Mormont (Iain Glen).

Produción

editar

Concepción e desenvolvemento

editar
 
D. B. Weiss e David Benioff son os creadores da serie, escritores da maioría dos episodios e directores dalgúns deles.
 
George R. R. Martin, autor de A Song of Ice and Fire, é produtor executivo da serie e escribe un episodio por tempada.

Segundo David Benioff e D. B. Weiss, a idea de adaptar as novelas de George R. R. Martin xurdiu en 2006, despois de que Benioff comezase a ler a primeira novela, A Game of Thrones. Chamou a Weiss para compartir o seu entusiasmo, e Weiss acabou o libro, de aproximadamente mil follas, en "quizais 36 horas".[27] Presentaron con éxito o proxecto á HBO, e convenceron a Martin no transcurso dunha reunión de cinco horas nun restaurante de Santa Monica Boulevard. Benioff declarou que conseguiu o apoio de Martin pola resposta que recibiron á pregunta: "Quen é a nai de Jon Snow"

A serie comezou o desenvolvemento en xaneiro de 2007.[28] HBO, despois de mercar os dereitos televisivos das novelas, contratou a Benioff e Weiss para escribir e producir a serie, que realizarían unha tempada por novela.[28] Inicialmente, Benioff e Weiss escribirían tódolos episodios agás un por tempada, que Martin, que tamén se uniu ó proxecto como produtor executivo, sería o encargado de escribir.[28][29] Jane Espenson e Bryan Cogman foron engadidos posteriormente para escribir cadanseu episodio na primeira tempada.[2]

O primeiro e segundo bosquexo do guión piloto, escritos por Benioff e Weiss, foron presentados en agosto de 2007[30] e en xuño de 2008,[31] respectivamente. Mentres que a HBO atopou ós dous bosquexos de seu gusto,[31][32] o piloto non foi encargado ata novembro de 2008,[33] xa que a folga de guionistas nos Estados Unidos (2007-2008) atrasou o proceso.[32]

O orzamento de Game of Thrones foi comparado co de Rome.[34] O episodio piloto custou entre 5 e 10 millóns de dólares,[35] e o total da primeira tempada cifrouse entre 50 e 60 millóns de dólares.[36] Na segunda tempada, a serie tivo un 15% de incremento de orzamento para poder gravar a "Guerra dos Cinco Reis", a guerra civil central na tempada.[37]

Adaptación

editar

David Benioff e D. B. Weiss pretenden adaptar a aínda incompleta saga de novelas A Song of Ice and Fire, se a HBO o permite. A súa proposta é facer 8 tempadas cunhas 80 horas de gravación en total.[38]

En 2013, o produtor Frank Doelger declarou que "probablemente chegarán a sete tempadas".[39] Benioff e Weiss dixeron que non querían material de recheo de Game of Thrones de xeito que agardarán a George R. R. Martin (a quen lle levou seis anos escribir unha entrega de A Song of Ice and Fire) para que remate as dúas últimas novelas. Coñecedores das liñas xerais de Martin e a intención do final de A Song of Ice and Fire, e conscientes de que estender Game of Thrones a dez tempadas acabaría co impulso do momento, consideran a posibilidade (mais non preferible) de que a serie remate antes de que a derradeira novela sexa publicada.[40]

O 8 de abril de 2014, seis tempadas foron contratadas e cinco foron rodadas, adaptando as novelas cunha proporción de 0,8 minutos por páxina.[41]

Tempada Confirmación Gravación Estrea Novela adaptada
Tempada 1 2 de marzo de 2010[42] Segunda metade de 2010 17 de abril de 2011 A Game of Thrones
Tempada 2 19 de abril de 2011 Segunda metade de 2011 1 de abril de 2012 A Clash of Kings
Tempada 3 10 de abril de 2012 Segunda metade de 2012 31 de marzo de 2013[43] Primeira metade de A Storm of Swords[44]
Tempada 4 2 de abril de 2013[45] Segunda metade de 2013 6 de abril de 2014[46] Segunda metade de A Storm of Swords, e algúns elementos de

A Feast for Crows e A Dance with Dragons[47]

Tempada 5 8 de abril de 2014[48] Segunda metade de 2014 12 de abril de 2015[49] A Feast for Crows e A Dance with Dragons[50]
Tempada 6 8 de abril de 2014[48] 24 de abril de 2016 26 de xuño de 2016 Principalmente contido orixinal.[51]
Tempada 7 21 de abril de 2016[23] agosto de 2016 – febreiro de 2017 16 de xullo de 2017 Principalmente contido orixinal con contidos de The Winds of Winter

e A Dream of Spring

Tempada 8 30 de xullo de 2016 outubro de 2017 – xullo de 2018 14 de abril de 2019 Principalmente contido orixinal con contidos de The Winds of Winter

e A Dream of Spring[52][8][53][54][55]

As tempadas 1 e 2 foron adaptadas a partir das dúas primeiras novelas. Para as tempadas seguintes, os creadores acordaron que Game of Thrones é unha adaptación de A Song of Ice and Fire como conxunto, máis que das novelas indiviualmente.[56] Isto deulles a liberdade de mover eventos adiante e atrás no tempo axeitándoas do mellor xeito posible os requirimentos da adaptación.[57]

As catro primeiras tempadas teñen cada unha dez episodios. A maioría dos episodios das dúas primeiras tempadas tiñan unha duración de 52 minutos, mentres que os da terceira estaban entre os 56 e os 57 minutos de duración.[58]

Secuencia de apertura

editar

A secuencia de apertura da serie foi creada polo estudio de produción Elastic for HBO. O director creativo Angus Wall e os seus colaboradores recibiron o Premio Primetime Emmy ó mellor deseño de títulos de crédito polo seu traballo na secuencia.[59] Representa un mapa en tres dimensións do do mundo ficticio da serie, proxectado no interior dunha esfera, que está iluminado por un pequeno sol contido dentro dunha esfera armilar.[60] A medida que a cámara se achega á superficie do mapa, vai amosando as localizacións nas que terá lugar o argumento do episodio, e ó tempo, mecanismos de reloxo erguen os edificios e outras estruturas do mapa. Mentres que a secuencia é acompañada polo tema principal, amósanse os nomes dos actores principais e dos creadores da serie. A secuencia remata logo dun minuto e medio cunhas cartelas que indican os escritores e o director do episodio.

Rodaxe

editar
 
A cidade de Dubrovnik é o escenario de King's Landing dende a segunda tempada.
 
O peirao de Ballintoy foi a localización de Lordsport nas Illas do Ferro.
 
A "Fiestra azul" de Malta foi o lugar onde se celebrou a voda Dothraki na primeira tempada.

A fotografía da primeira tempada comezou o 26 de xullode 2010.[2] A localización principal realizaouse nos Paint Hall Studios de Belfast, Irlanda do Norte.[61] As escenas de exterior en Irlanda do Norte foron rodadas en Sandy Brae, nas Montañas de Mourne (standing in for Vaes Dothrak), Castle Ward (Winterfell), Saintfield Estates (o bosque sagrado de Winterfell), Fraga de Tollymore (escenas de exterior), Carncastle (o lugar da execución), Magheramorne (Castle Black) e Castelo de Shane (terreos do torneo).[1] O castelo de Doune en Stirling, Escocia, foi usado no episodio piloto orixinal para as escenas de Winterfell.[62] Os produtores consideraron nun comezo gravar a serie toda en Escocia, pero ó cabo escolleron Irlanda do Norte debido á dispoñibilidade do espazo do estudio.[63]

As escenas da primeira tempada que representaban o sur foron tomadas en Malta, malia que a localización no episodio piloto fíxose en Marrocos.[2] A cidade de Mdina foi usada para as escenas de King's Landing, e a rodaxe tamén se fixe en Forte Manoel (que represetou o Septo de Baelor), na Fiestra azul da illa de Gozo (a voda dothraki), e no Palacio de San Antón, Forte Ricasoli, Forte St Angelo e no mosteiro de St. Dominic (para as escenas da Fortaleza Vermella).[1]

Na segunda tempada, as escenas do sur mudaron de Malta a Croacia, onde a cidade de Dubrovnik e os seus arredores cumpriron coas esixencias dunha cidade amurallada a carón do mar. A muralla de Dubrovnik e o Forte Lovrijenac foron usados para King's Landing e a Fortaleza Vermella. A illa de Lokrum, o Mosteiro de St. Dominic e a illa de Trogir, o Palacio do Reitor e o porto de Dubac a poucos quilómetros ó leste serviron de localizacións de Qarth. As escenas ó norte do Muro de Xeo, foron tomadas en Islandia en novembro de 2011, no glaciar Svínafellsjökull e preto de Smyrlabjörg e Vík en Höfðabrekkuheiði.

Para a terceira tempada, a produción volveu a Dubrovnik, en Croacia. As murallas, o Forte Lovrijenac e os seus arredores foron usados para King's Landing e a Fortaleza Vermella. Unha nova localización, o Arboretum de Trsteno, é o xardín que usan os Tyrell en King's Landing. A terceira tempada regresa a Marrocos (previamente usado no episodio piloto), incluíndo a cidade de Essaouira,[64] para filmar as escenas de Daenerys en Essos. A produción empregou tres unidades de rodaxe simultáneas ("Dragón", "Lobo" e "Corvo"), seis equipos directivos, 257 actores e 703 membros de persoal.[25] Unha das escenas contou cun oso vivo, Little Bart, e foi rodada nos Ánxeles.[3]

A cuarta tempada regresou a Dubrovnik e incluíu novas localizacións en Croacia, como o Palacio de Diocleciano en Split, a Fortaleza de Klis no norte de Split, a canteira de Perun ó leste de Split, a montaña de Mosor e Baška Voda no sur.[65] A rodaxe tomou 136 días, rematando o 21 de novembro de 2013.[66]

  1. 1,0 1,1 1,2 Roberts, Josh (1 de abril de 2012). "Where HBO's hit 'Game of Thrones' was filmed". USA Today. Consultado o 8 de marzo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Martin, George R. R. (16 de xullo de 2010). "From HBO". Not a Blog. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 14 de marzo de 2013. 
  3. 3,0 3,1 Schwartz, Terri (28 de xaneiro de 2013). "'Game of Thrones' casts a bear and shoots in Los Angeles for major Season 3 scene". Zap2it. Tribune Media Services, Inc. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 8 de marzo de 2013. 
  4. Jeremy, Nolais (14 de maio de 2015). MetroNews.ca, ed. "Game of Thrones casts Calgary wolf with Jon Snow". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2015. 
  5. CatalunyaDiari.cat. "Descobreix els 7 llocs famosos de Girona a 'Joc de Trons'". CatalunyaDiari.cat (en catalán). Consultado o 2019-02-11. 
  6. IMDB Game Of Thrones Filming Locations
  7. Hibberd, James (2 de xuño de 2017). Entertainment Weekly, ed. "Game of Thrones: HBO clarifies prequels, final seasons plan". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2017. Consultado o 2 de xuño de 2017. 
  8. 8,0 8,1 Patten, Dominic (13 de xaneiro de 2019). Deadline Hollywood, ed. "'Game Of Thrones' Final Season Debut Date Revealed By HBO With New Tease". Consultado o 14 de xaneiro de 2019. 
  9. Martin, George R. R. (18 de xaneiro de 2007). "HBO options Ice & Fire". GeorgeRRMartin.com. Consultado o 31 de marzo de 2013. 
  10. Kachka, Boris (18 de maio de 2008). "Dungeon Master: David Benioff". New York. Consultado o 13 de marzo de 2013. 
  11. O'Connell, Michael (22 de maio de 2012). "'Game of Thrones' Topped by 'Spartacus: Vengeance' as TV's Deadliest Series". The Hollywood Reporter. Consultado o 23 de maio de 2012. 
  12. "2011 Fall TV Body Count Study Results: Summary, Background & Methodology". Funeralwise. 21 de maio de 2012. Consultado o 23 de maio de 2012. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Holland, Tom (24 de marzo de 2013). "'Game of Thrones is more brutally realistic than most historical novels'". The Guardian (Londres). Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  14. Orr, David (12 de agosto de 2011). "Dragons Ascendant: George R. R. Martin and the Rise of Fantasy". New York Times. Consultado o 24 de marzo de 2013. Martin's books are essentially the War of the Roses with magic 
  15. Milne, Ben (4 de abril de 2014). "Game of Thrones: The cult French novel that inspired George RR Martin". BBC News Magazine. Consultado o 6 de abril de 2014. 
  16. Seidman, Robert (19 de abril de 2011). "Updated: HBO Renews Game of Thrones For Second Season; Premiere Grossed 4.2 Million on HBO Sunday Night" (en inglés). TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2012. Consultado o 2 de maio de 2011. 
  17. Hibberd, James (19 de abril de 2011). "HBO answers your Game of Thrones renewal burning questions". Entertainment Weekly (en inglés). Time Inc. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2011. Consultado o 2 de maio de 2011. 
  18. Lagoa, Miriam (13 de xaneiro de 2012). "Juego de tronos pone fecha a su regreso". El País. Grupo PRISA. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2012. Consultado o 21 de xaneiro de 2012. 
  19. Hibberd, James (10 de abril de 2012). "Game of Thrones renewed for third season". Entertainment Weekly (en inglés). Time Inc. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2012. Consultado o 11 de abril de 2012. 
  20. Martin, George R. R. (11 de abril de 2012). "Season Three" (en inglés). Not a blog. Consultado o 11 de abril de 2012. 
  21. Collura, Scott (13 de xullo de 2012). "Comic-Con: Game of Thrones New Characters and Cast Revealed" (en inglés). IGN. Consultado o 14 de xullo de 2012. 
  22. 22,0 22,1 "'Game of Thrones' renewed for season 4". Entertainment Weekly (en inglés). 2 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o 2 de abril de 2013. 
  23. 23,0 23,1 Andreeva, Nellie (21 de abril de 2016). Deadline, ed. "‘Game Of Thrones’ Picked Up For Season 7, ‘Veep’ & ‘Silicon Valley’ Also Renewed By HBO". Consultado o 21 de abril de 2016. 
  24. Hibberd, James (29 de maio de 2012). "'Game of Thrones' scoop: Season 3 character list revealed -- EXCLUSIVE". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2015. Consultado o 5 de marzo de 2013. 
  25. 25,0 25,1 "Season 3: By the Numbers". Making Game of Thrones. 2 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2013. Consultado o 3 de novembro de 2012. 
  26. "More Details on the Return of Game of Thrones". HBO (via ComingSoon.net). Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 13 de marzo de 2013. 
  27. Mitchell, Elvis (8 de maio de 2013). "UpClose: Game of Thrones with David Benioff and D.B. Weiss (FULL LENGTH)". KCRW. Consultado o 15 de maio de 2013.  At about 2:50.
  28. 28,0 28,1 28,2 Fleming, Michael (16 de xaneiro de 2007). "HBO turns Fire into fantasy series". Variety. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2012. Consultado o 2 de marzo de 2010. 
  29. Benioff, David; D. Weiss (19 de novembro de 2008). "Hello from Benioff and Weiss". A Song of Ice and Fire. Westeros. 
  30. Hudson, Laura (14 de agosto de 2007). "Talking with George R. R. Martin Part 2". Publishers Weekly. Consultado o 13 de marzo de 2013. 
  31. 31,0 31,1 Martin, George R. R. (13 de xuño de 2008). "Ice & Fire on HBO". Not a Blog. 
  32. 32,0 32,1 Kirschling, Gregory (27 de novembro de 2007). "By George!". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2011. Consultado o 13 de marzo de 2013. 
  33. Hibberd, Jame (11 de novembro de 2008). "HBO orders fantasy pilot Thrones". The Hollywood Reporter. Consultado o 5 de xuño de 2012. 
  34. Rice, Lynette (1 de xaneiro de 2010). "A Network Gets Its Bite Back". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2011. Consultado o 13 de marzo de 2013. 
  35. Hibberd, James (14 de xaneiro de 2010). "HBO: 'Game of Thrones' dailies 'look fantastic'". The Hollywood Reporter. Consultado o 24 de xullo de 2010. 
  36. Goldberg, Lesley (14 de abril de 2011). "'Game of Thrones' by The Numbers". The Hollywood Reporter. Consultado o 14 de abril de 2011. 
  37. "This Week's Cover: 'Game of Thrones,' the battle to make season 2 epic". Entertainment Weekly. 14 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2012. 
  38. Mechanic, Michael (marzo de 2013). ""Game of Thrones" Creators on Shark, Sexposition, and Season 3". Mother Jones. Consultado o 8 de marzo de 2013. 
  39. Jones, Paul (13 de maio de 2013). "Game of Thrones producer: We'll probably get through to seven series". Radio Times. Consultado o 17 de maio de 2013. 
  40. Anders, Charlie Jane (15 de marzo de 2013). "What happens when Game of Thrones runs out of books to adapt?". io9. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2015. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  41. Scott, Patrick (6 de abril de 2014). "Game of Thrones: how does the TV series compare to the books?". The Guardian. Consultado o 6 de abril de 2014. 
  42. Ryan, Maureen (2 de marzo de 2010). "HBO picks up 'Game of Thrones'; first picture, cast list". Chicago Tribune. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 15 de maio de 2012. 
  43. Prudom, Laura (13 de xullo de 2012). "'Game of Thrones" Season 3 Premiere Date, Casting News and More Highlights from Comic-Con Panel". The Huffington Post. Consultado o 13 de xullo de 2012. 
  44. Hibberd, James (30 de marzo de 2012). "'Game of Thrones' showrunners on season 2, splitting Book 3 and their hope for a 70-hour epic". Entertainment Weekly: 3. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2014. Consultado o 10 de abril de 2012. 
  45. Hibberd, James (2 de abril de 2013). "'Game of Thrones' renewed for season 4". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o 2 de abril de 2013. 
  46. Hibberd, James (9 de xaneiro de 2014). "'Game of Thrones' season 4 premiere date revealed". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2014. Consultado o 9 de xaneiro de 2014. 
  47. Vineyard, Jennifer (11 de xuño de 2013). "What Will Happen in Season 4 of Game of Thrones?". Vulture. Consultado o 7 de febreiro de 2014. 
  48. 48,0 48,1 Goldman, Eric (8 de abril de 2014). "Game of Thrones Renewed for Season 5 and Season 6". IGN. Consultado o 8 de abril de 2014. 
  49. Hibberd, James (8 de xaneiro de 2015). "'Game of Thrones' season 5 premiere date revealed". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2015. Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  50. Hibberd, James (18 de xuño de 2014). "'Game of Thrones' showrunners talk season 5: 'There will be Dorne'". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2015. Consultado o 18 de xuño de 2014. 
  51. Noble, Matt (18 de agosto de 2015). GoldDerby, ed. "'Game of Thrones' director Jeremy Podeswa dishes Jon Snow death, teases season six (Exclusive Video)". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2016. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  52. Hibberd, James (30 de xullo de 2016). Entertainment Weekly, ed. "Game of Thrones: HBO confirms season 8 will be last". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2017. 
  53. Shepherd, Jack (23 de outubor de 2017). The Independent, ed. "Game of Thrones season 8 filming looks to be underway as cast members spotted in Belfast". Consultado o 24 de outubro de 2017. 
  54. Roots, Kimberly (13 de novembro de 2018). TVLine, ed. "'Game of Thrones' Season 8 to Premiere in April 2019". Consultado o 13 de novembro de 2018. 
  55. The Futon Critic (ed.). "Shows A-Z - game of thrones on hbo". Consultado o 15 de xaneiro de 2019. 
  56. Collins, Sean T. (20 de marzo de 2013). "Q&A: 'Game of Thrones' Insider Bryan Cogman on the Biggest Season Yet". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2016. Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  57. Hibberd, James (30 de marzo de 2012). "'Game of Thrones' showrunners on season 2, splitting Book 3 and their hope for a 70-hour epic". Entertainment Weekly: 2. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2015. Consultado o 10 de abril de 2012. 
  58. "HBO releases Game of Thrones Season 4 finale episode title and extended runtime". WinterIsComing.net. 26 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2016. Consultado o 17 de maio de 2014. 
  59. Fernandez, Sofia M. (10 de setembro de 2011). "Emmys 2011: 'Game of Thrones' Title Sequence Gives Series Its First Emmy". The Hollywood Reporter. Consultado o 1 de xuño de 2013. 
  60. Perkins, Will (11 de maio de 2011). "Game of Thrones (2011)". Art of the Title. Consultado o 1 de xuño de 2013. 
  61. "HBO to film TV pilot in Belfast, Northern Ireland". Northern Ireland Executive. 21 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2013. 
  62. "Medieval keep becomes film set". BBC News. October 23, 2009. Consultado o 11 de abril de 2012. 
  63. Miller, Phil (17 de xuño de 2013). "Beaten in Game of Thrones: why Scotland lost £160m chance to host TV series". Herald Scotland. Consultado o 17 de xuño de 2013. 
  64. "More Glimpses of Season 3". Westeros.org. 17 de outubro de 2012. Consultado o 13 de marzo de 2013. 
  65. "New set photos from Klis and Dubrovnik". WinterIsComing.net. 18 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013. Consultado o 19 de setembro de 2013. 
  66. "That's a wrap! Season 4 filming is complete". WinterIsComing.net. 21 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 26 de novembro de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
dada 3
dada 3
Done 1
eth 2
News 5
orte 21