Gardamariña é o nome dado aos alumnos ou aspirantes a oficiais en moitas Mariñas de Guerra.

 
Cabaleiro gardamariña e aspirante de cuarto e segundo ano, respectivamente.

O grao de gardamariña existe en España desde 1717. Os cabaleiros e damas gardamariñas son os alumnos aspirantes a ser oficiais da Armada Española. Constitúen o grao máis baixo do corpo de oficiais. Denominase así aos alumnos de terceiro e cuarto curso da Escola Naval Militar. Poden ser do Corpo Xeneral da Armada, do de Infantaría de Mariña ou do de Intendencia da Armada.

Proceden dos Cabaleiros ou Damas Aspirantes, que é como denominase aos alumnos da Escola Naval Militar durante os dous primeiros cursos do plan de estudos. Para o ingreso como aspirante debe superarse a selectividade e aprobar unha oposición, pasar un recoñecemento médico e superar unhas probas físicas.

Durante o período de gardamariña, adóitase efectuar o cruceiro de instrución, ó longo de varios meses, a bordo do buque escola Juan Sebastian Elcano; cuxo primeiro precedente foi a viaxe de circunnavegación emprendido en 1892 pola corveta Nautilus baixo o control do Capitán de Fragata Fernando Villaamil.

Unha vez superados os cursos de gardamariña, son ascendidos a alférez de fragata (os de corpo xeral) ou alférez, que é o quinto curso da carreira de Oficial da Armada. Ao superar este curso reciben despachos como alféreces de navío ou tenentes, e son destinados a unidades da Armada.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1