O gato de mar (Umbrina cirrosa) é unha especie de peixe perciforme da familia Sciaenidae.

Distribución e hábitat

editar

Atópase no mar Mediterráneo, polo mar Negro e o océano Atlántico desde o golfo de Biscaia por Macaronesia até Senegal. Penetra no mar Vermello atravesando a canle de Suez.

Trátase dun peixe de fondos lamacentos, especialmente de area, de profundidades pequenas a moi pequenas, próximas ás praias. Penetra habitualmente nas bocas dos ríos e nos lagos.

Descrición

editar

Esta especie ten o ventre plano e o dorso arqueado. A aleta dorsal é dobre: unha máis alta e triangular, outra segunda máis longa. A aleta anal é curta e de forma triangular, a ventral e a pectoral están bastante desenvoltas e a aleta caudal termina truncada. A cabeza é masiva, a boca moi pequena, cun labio superior sobresaínte e unhas características barbas curtas debaixo da barbela.

Pode alcanzar, excepcionalmente, un peso de 12 kg e 1 m de lonxitude.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Tortonese e. Osteichthyes, Calderini, 1975
  • Costa f. Atlante dei pesci dei mari italiani Mursia 1991 ISBN 88-425-1003-3
  • Louisy p, e Trainito. (a cura di) Guida all'identificazione dei pesci marini d'Europa e del Mediterraneo. Milán, Il Castello, 2006. ISBN 88-8039-472-X

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1